Dorotea Bárcena

Adoración Sánchez Bárcena, nada en Oviedo o 9 de xullo de 1944 e finada en Santiago de Compostela o 22 de novembro de 2016,[1][2][3] foi unha actriz, dramaturga e directora de teatro galega.

Infotaula de personaDorotea Bárcena

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de xullo de 1944 Editar o valor em Wikidata
Oviedo, España Editar o valor em Wikidata
Morte22 de novembro de 2016 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , director teatral Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0126579 BNE: XX1536792 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Diplomada en Maxisterio, abandonou moi pronto as funcións docentes no Colexio dos Pais Xesuítas de Vigo para dedicarse de cheo ao teatro,[3] participando en 1970 na creación, con Xulio Lago, do grupo Esperpento Teatro Xove,[1] un dos grupos máis activos do incipiente teatro independente galego. Neste grupo dirixiu os espectáculos As bicicletas (1972, sobre un texto de Antonio Martínez Ballesteros), Historias do Zoo (1973, sobre un texto de Edward Albee) e A Orxía (1973, sobre un texto de Enrique Buenaventura), e participa como actriz noutras propostas como Os opositores , O vendedor de peixe ou O home que se converteu en can, a partir de textos de Antonio Martínez Ballesteros, Miguel Cobaleda e Oswaldo Dragún, con dirección de Xulio Lago.

Participa ao mesmo tempo na dirección e coordinación das Xornadas de Teatro que Esperpento Teatro Xove organiza en Vigo e que supón a presentación na cidade de compañías como Els Joglars, Els Comediants, Ditirambo, José Luis Gómez, Aquelarre, Esperpento (de Sevilla), TEI de Madrid, Gangarilla, Caterva, A-71, Plutja, La Picota, Teatro de la Ribera, Cizalla, Teatro del Mar, Teatro del Mediodía ou PTV.

En 1985 participa como actriz no primeiro espectáculo de Teatro do Atlántico, Xoana, creado a partir dun texto de Manuel Lourenzo con dirección do propio Xulio Lago. Colabora na dramaturxia e como axudante de dirección do primeiro espectáculo do Centro Dramático Galego, Woyzeck, dirixido por Xulio Lago a partir do texto homónimo de Georg Büchner, estreado en 1984, e en 1985 dirixe Follas Novas, unha dramaturxia propia a partir do poemario homónimo de Rosalía de Castro.

Coa compañía Medusa representa a obra Mulliéribus, da que tamén era a autora, en 1987 coa dirección de Fernanda Lapa.[4]

Tamén en 1987 funda a compañía Teatro da Lúa, na que desenvolveu traballos como dramaturga, actriz e directora de escena como en Sigrid era só unha moneca rota en 1989, Cabaret Alén en 1991, ou De picas, cruces e carabelas. Farsa de conquista i encomedas tamén en 1991.[5][5][6][7]

Durante 1988 é directora do Centro Dramático Galego.[3] Posteriormente realiza traballos co Centro Dramático Nacional, participando no espectáculo Martes de carnaval a partir da coñecida obra de Ramón María del Valle-Inclán e dirixido por Mario Gas en 1995;[1] con A Factoría Teatro en A casa de América (1998, sobre un texto de Edward Thomas con dirección de Cristina Domínguez) e co CDG en Xelmírez ou a groria de Compostela (1999, sobre un texto de Daniel Cortezón, con dirección de Roberto Vidal Bolaño).[8]

Os seus traballos están marcados pola inmediatez da posta en escena, pero tamén pola necesidade de crear historias desde a perspectiva da muller e de contalas utilizando outro punto de vista.[5]

Hai que destacar ademais as súas múltiples colaboracións e traballos en cine e televisión e os diversos premios recibidos ao longo da súa xa dilatada traxectoria profesional.

Obra

Teatro

Como actriz

  • A casa da América (como "Nai", coa Factoría Teatro; obra de Edward Thomas, dirección de Cristina Domínguez Dapena).[9]
  • Agasallo de sombras (como "Rosalía", co Centro Dramático Galego, obra e dirección de Roberto Vidal Bolaño).[10]
  • Xoana (con Teatro do Atlántico; obra de Manuel Lourenzo, dirección de Xulio Lago).[11][12]
  • De Picas, Cruces e Carabelas. Farsa de Conquista e Encomendas (con Teatro da Lúa, obra e dirección de Roberto Salgueiro).[13]
  • Ultimamente non durmo nada (con Teatro da Lúa, obra de Alber Ponte, dirección de Gina Piccirilli).[14]
  • Un cranio furado (como "Mary Rafferty", con Excéntricas Producións Teatrais; obra de Martin McDonagh, dirección de Quico Cadaval).[15]

Como autora

  • O Agnus Dei dunha nai (como "Nai", con Teatro Da Mari Gaila, coautora con Xulio Lago)[16]
  • Mulliéribus (como "Raíña", coa Compañía Medusa con dirección de Fernanda Lapa)[4]
  • Sigrid era só unha moneca rota (con Teatro da Lúa)
  • Cabaret Alén (con Teatro da Lúa; tamén como directora)
  • A irmandade do Graal (con Teatro da Lúa; tamén como directora)
  • Celestina (Fantasía para xoguetes) (con Teatro da Lúa; tamén como directora)
  • Entre bastidores (con Teatro da Lúa; tamén como directora)
  • As Troianas (con Teatro da Lúa)
  • Últimamente non durmo nada (con Teatro da Lúa)
  • Con flores a María (con Teatro da Lúa; tamén como directora)
  • Medea (para a Olimpiada Cultural de Barcelona 92)
  • Martes de Carnaval (co Centro Dramático Nacional)
  • Casa de América (coa Factoría Teatro)
  • Kvetch: O rosmón (obra de Steven Berkoff, coa compañía Teatro do Morcego)
  • As mulleres do porvir (con Teatro da Lúa con dirección de Xan Cejudo).[17]

Como directora

  • A longa agonía das centolas (con Teatro da Lúa, obra de Ovidio L. Blanco).[18]
  • As bicicletas[19]
  • A orxía[19]
  • Historia del zoo[20]
  • Follas Novas (co Centro Dramático Galego, obra de Rosalía de Castro).[21]

Cine e televisión

Premios e mencións

  • Premio AGAPI á Mellor Interpretación Feminina por El baile de las ánimas.
  • Premio da Crítica de Galicia no apartado de Iniciativas Culturais.
  • Finalista como mellor autor teatral en galego dos Premios MAX das Artes escénicas pola obra As mulleres do provir (2004).
  • Premio de Honra Marisa Soto 2006.[19]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas