Domitila Gutiérrez Alba

guerrilleira antifranquista galega

Domitila Gutiérrez Alba, nada en Vilarello (Cervantes) en 1926, foi unha guerrilleira antifascista galega.

Infotaula de personaDomitila Gutiérrez Alba
Biografía
Nacemento1925 Editar o valor em Wikidata (98/99 anos)
Vilarello, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
Familia
NaiConsuelo Alba Digón Editar o valor em Wikidata
IrmánsAbelardo Gutiérrez Alba, Jovino Gutiérrez Alba, Baldomero Gutiérrez Alba e Florinda Gutiérrez Alba Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 o seu pai Juan Gutiérrez Santín foi sacado da casa por falanxistas o 20 de agosto e asasinado. Domitila incorporouse á partida do seu irmán Abelardo, xunto cos outros irmáns Baldomero e Jovino. Foi detida en novembro de 1939 coa súa nai Consuelo Alba Digón e a súa irmá Florinda Gutiérrez Alba e ingresou no Campo de concentración de Figueres. En 1945 foi procesada cos seus irmáns Abelardo e Jovino e a súa nai Consuelo no sumario 180/1945 polo delito de agresión a forza pública, facéndose requisitoria para que se presentara.[1] En decembro de 1947 apareceu na prensa unha requisitoria demandando a súa presentación no Xulgado Militar eventual nº 1 de Lugo pola causa 215/46.[2] Estivo tres anos agochada, despois refuxiouse oito meses no convento de Cristo Rei de Viveiro con outra identidade, simulando que ía estudar para escapar da represión.[3]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas