Domingo Tarasconi

futbolista arxentino

Domingo Alberto Tarasconi, nado o 20 de decembro de 1903 e finado o 3 de xullo de 1991 en Buenos Aires foi un futbolista arxentino que xogaba na demarcación de dianteiro centro.

Tarasconi
Información persoal
NomeDomingo Alberto Tarasconi
Nacemento20 de decembro de 1903
Lugar de nacementoBuenos Aires
Falecemento3 de xullo de 1991
Lugar de falecementoBuenos Aires
PosiciónDianteiro
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1920-1921CA Atlanta
1922-1932CA Boca Juniors236(193)
1933Newell's Old Boys
1934San Martín de Tucumán
1935-1936Argentinos Juniors
Selección nacional
1922-1929Selección de fútbol da Arxentina24(18)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Comezou a xogar en Atlanta co que debutou en 1921. Ao ano seguinte fichou por Boca Juniors co que disputou 236 encontros e anotou 193 goles en dez anos. No club xeneize gañou catro campionatos de afeccionados (1923, 1924, 1926 e 1930), un campionato profesional (1931), 5 Copas da Arxentina e 1 Campionato de Honra (1925). Foi o máximo anotador da liga arxentina nos campionatos de 1922 (11 goles), 1923 (40 goles), 1924 (16 goles) e 1927 (32 goles).

Participou na xira que Boca realizou por Europa en 1925 e na que anotou seis tantos.

Deixou Boca no ano 1932, xogando posteriormente en Newell's Old Boys, Club General San Martín e Argentinos Juniors.

No ano 1934, xogando no Club General San Martín na liga de afeccionados, volveu ser o máximo goleador do campionato con 16 goles.

Tarasconi é o cuarto máximo goleador de Boca Juniors con 193 goles, por detrás de Martín Palermo (222), Roberto Cherro (220) e Francisco Varallo (194).

Coa selección de fútbol

Debutou coa Selección de fútbol da Arxentina en 1922, coa que se declarou medalla de prata nos Xogos Olímpicos de 1928 dos que tamén foi o máximo goleador con 11 goles en catro encontros. Tamén foi Campión da Copa América en tres ocasións, 1925, 1927 e 1929.

As súas cifras anotadoras nos Xogos Olímpicos de 1928, unha media de 2,75 goles por encontro, constitúen o récord en competición oficial internacional.

Véxase tamén

Ligazóns externas