División de Honra Feminina de Rugby


A División de Honra Feminina, chamada dende a edición 2016/17 División de Honra Iberdrola por razóns de patrocinio, é a primeira división da liga nacional de equipos femininos de rugby que se disputa en España. Creada en 2010 pola Federación Española de Rugby, tomou o relevo da Copa da Raíña e do máis antigo Campionato de España como máxima competición nacional, coa diferenza fundamental de que aqueles eran torneos de eliminatorias que se disputaban cando remataba a tempada de ligas rexionais, e a actual competición ten un formato de liga que ocupa toda a tempada e un sistema de ascensos e descensos coa categoría inferior.

Modelo:Competición deportivaDivisión de Honra Feminina de Rugby
Tipocampionato Editar o valor em Wikidata
Deporterugby a 15 Editar o valor em Wikidata
OrganizadorFederación Española de Rugby Editar o valor em Wikidata
PatrocinadorIberdrola Editar o valor em Wikidata
Número de participantes8 Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor em Wikidata
Vixencia2010 – Editar o valor em Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor em Wikidata
Datos estatísticos
Máis títulosClub Esportiu INEF Barcelona (11) Editar o valor em Wikidata

Na División de Honra enfróntanse os oito mellores equipos de España, que disputan unha liga regular de catorce xornadas a dobre volta entre os meses de outubro e abril. Trala liga regular os catro primeiros clasificados disputan as eliminatorias polo título de campión e o derradeiro descende de categoría. Antes da tempada 2017/18 a liga tiña un formato reducido de sete xornadas con semifinais e final.

Equipos 2022-23

Na tempada 2022-23 participan os seguintes oito equipos:

Palmarés

O palmarés da competicións está liderado polo INEF Barcelona, cun total de catro títulos de Divisións de Honra. O vixente campión de liga é o equipo sevillano do Universitario RC.

EdiciónCampiónSubampión
2010-11 INEF Barcelona CRAT Coruña
2011-12 INEF Barcelona CRAT Coruña
2012-13 INEF Barcelona Olímpico RC
2013-14 Olímpico RC INEF Barcelona
2014-15 CRAT Coruña Getxo RT
2015-16 INEF Barcelona CR Majadahonda
2016-17 Olímpico RC CRAT Coruña
2017-18 Olímpico RC CR Majadahonda
2018-19 CRAT Coruña INEF Barcelona
2019-20 Universitario RC CR Majadahonda
2020-21 CR Cisneros CR Majadahonda
2021-22 Universitario RC CR Majadahonda
Táboa histórica da División de Honra
EquipoAnosTítulos23222120191817161514131211
Olímpico13ª3 366611433256
CRAT13ª2 655332611322
Majadahonda13ª- 112123277543
INEF1047455152111
Cisneros10ª1 423248847
Sanse10-8747763668
GEiEG7-8744764
Getxo6-845255
Universitario2 2415
Hortaleza4-8678
Eibar- 53
El Salvador- 8
Sant Cugat- 7
Bizkarians2-63
Les Abelles1-8
Gotics1-8
Gaztedi1-7
  • A táboa amosa a posición dos equipos na liga regular. En amarelo o equipo campión.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Outros artigos