Diurno (Renfe)

Diurno foi o nome comercial que recibiu o servizo de pasaxeiros diúrno da Unidade de Negocio de Grandes Liñas e, posteriormente, de AVE - Longa Distancia realizados por RENFE e Renfe Operadora respectivamente. Substituíu gradualmente aos antigos trens Rápidos e estivo operativo entre 1990 e 2012.

Diúrno 280, Galicia-País Vasco, saíndo de Vitoria con destino Irún, servizo actualmente cuberto por un tren Arco.
Diúrno 280, Galicia-País Vasco, en Rentería, servizo actualmente cuberto por un tren Arco.

Historia

Este modelo é o clásico concepto de tren, en canto a que é unha locomotora que arrastra un conxunto de coches de viaxeiros. Actualmente só quedan un servizo en funcionamento, que cobren a relación entre o País Vasco e Salamanca. Son arrastrados por máquinas da serie 269 ou da 333. Os coches en si, son da serie 9000; estes vehículos foron adquiridos por Renfe entre 1980 e 1985, e foron unha auténtica revolución, pois teñen unha excelente calidade e estabilidade na marcha, e son aptos para circular a 160 km/h, grazas aos bogies tipo GC (Gran Confort) ou Fiat. Estes servizos están actualmente en declive, debido ao escaso coidado ao que sometéronse estes vehículos nos últimos anos, a ausencia de mantemento, e á prioridade da alta velocidade fronte a calquera outro sistema de transporte por ferrocarril.

Inicialmente, estes trens ofrecían 1ª e 2ª clase, cafetería ou restaurante, e incluso gardería; ademais algúns dos servizos contaban con servizo de paquetería, e incluso levaban un vagón de correos; outros incorporaban tamén plataformas portaautomóbiles Autoexpreso, se ben estes últimos servizos repartíanse tamén cos trens nocturnos.

A día de hoxe foron despezados, alleados, abandonados en estacións ou transformados na serie 2000 (Arco).

O 17 de xuño de 2012, co cambio de horarios, a única relación que perduraba con este tipo de trens, o Diurno Iberia entre Salamanca e Euskadi, foi suprimida[1][2] malia as protestas dos cidadáns bilbaínos e salmantinos,[3] e substituída por un transbordo en Valladolid polo que desaparece o produto Diurno.

Servizos

TrenPercorridoFuncionamentoActualidade
Diurno IberiaBilbao/Irún - Salamanca/Madrid - Cáceresata 2012Alvia/Intercity/Trenhotel
Diurno Río AragónMadrid-Chamartín - Zaragoza - Jaca (antigamente Canfranc)1980-2003TRD entre Zaragoza-Delicias e Jaca
Diurno CovadongaBarcelona - Zaragoza - León - Xixónata 2008Actualmente suprimido. Conexión substituída por Alvia Barcelona-Vigo con correspondencia concertada en León con Alvia Madrid-Xixón
Diurno Sierra de GredosBarcelona-Sants - Salamanca / Cáceres / Plasencia1988 - 2000Actualmente suprimido. Conexión substituída por Alvia Barcelona-Bilbao con correspondencia en Zaragoza con Talgo Zaragoza-Salamanca
Diurno IberiaIrún / Bilbao - Vilar Formoso / Cáceres / MadridAgora só circula País Vasco-Salamanca
Diurno Camiño de SantiagoVigo / A Coruña - Bilbao / Irúnata maio de 2008Arco Camiño de Santiago
Diurno Torre del OroBarcelona - Valencia - Alcázar de San Juan - Cádizata 2004AVE Barcelona-Sevilla
Diurno García LorcaBarcelona - Valencia - Alcázar de San Juan - Málaga / GranadaArco García Lorca
Diurno Pullman CerdanyaBarcelona - Latour-de-Carolata 1992Media distancia

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas