Distrito de Portalegre

O distrito de Portalegre é un distrito portugués pertencente na súa maior parte á provincia tradicional do Alto Alentexo, completándose con algúns concellos pertencentes ao Ribatexo. Limita ao norte co distrito de Castelo Branco, ao leste con España, ao sur co distrito de Évora e ao oeste co distrito de Santarém. Abrangue unha área de 6065 km², que o converte no 6º maior distrito portugués. Conta cunha poboación residente de 119.543 habitantes (2006), sendo a súa capital a cidade de Portalegre.

Modelo:Xeografía políticaDistrito de Portalegre

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 39°17′28″N 7°25′55″O / 39.2911, -7.43197°25′55″O / 39.2911, -7.4319
EstadoPortugal Editar o valor em Wikidata
CapitalPortalegre Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación22.359 (2018) Editar o valor em Wikidata (3,69 hab./km²)
Xeografía
Superficie6.065 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
ISO 3166-2PT-12 Editar o valor em Wikidata

Páxina webgov-civil-portalegre.pt Editar o valor em Wikidata

O distrito de Portalegre subdivídese nos seguintes 15 concellos:

  • Alter do Chão
  • Arronches
  • Avis
  • Campo Maior
  • Castelo de Vide
  • Crato
  • Elvas
  • Fronteira
  • Gavião
  • Marvão
  • Monforte
  • Nisa
  • Ponte de Sor
  • Portalegre
  • Sousel

Na actual división principal de Portugal en NUTS II, o distrito intégrase na rexión do Alentexo e todos os concellos, agás Sousel, pertencen á subrexión do Alto Alentexo. Pola súa parte, Sousel intégrase no Alentexo Central. En resumo:

  • Rexión do Alentexo
    • Alentexo Central
      • Sousel
    • Alto Alentexo
      • Alter do Chão
      • Arronches
      • Avis
      • Campo Maior
      • Castelo de Vide
      • Crato
      • Elvas
      • Fronteira
      • Gavião
      • Marvão
      • Monforte
      • Nisa
      • Ponte de Sor
      • Portalegre

Patrimonio

  • Castelo, acueduto e muralla de Elvas
  • Castelo e muralla de Marvão
  • Castelo e catedral de Portalegre
  • Castelo de Castelo de Vide
  • Cidade romana de Ammaia

Véxase tamén

Ligazóns externas