Dique (xeoloxía)

En xeoloxía, un dique é unha formación ígnea intrusiva de forma tabular.[2]

Pequeno dique en Baranoff, Alasca.
Diques escuros de diabase e gabro nun paragneis nas illas Koster.[1]

O seu espesor é xeralmente moito menor que as súas restantes dimensións, e pode variar desde algúns milímetros até moitos metros, mentres que a súa extensión lateral pode alcanzar moitos quilómetros.

As intrusións de diques adoitan producirse a favor de fracturas de carácter distensivo.[3]

Un dique atravesa capas ou corpos rochosos preexistentes, o que implica que un dique é sempre máis recente que a rocha encaixante.

Case sempre presenta unha grande inclinación ou unha inclinación próxima á vertical, pero a deformación de orixe tectónica pode provocar a rotación dos estratos atravesados polo dique de tal forma que este pode volverse horizontal. As intrusións conformadas case horizontalmente ao longo de estratos denomínase sills.

Os diques ocorren con frecuencia en enxames radiais ou concéntricos ao redor de intrusións plutónicas ou xunto a zonas de alimentación de volcáns.

En termos da súa composición e textura, os diques poden ser:

Polo menos no caso dos diques basálticos, constatatouse que poden formarse baleiros no seu interior, que xeran un tipo de cova volcánica.[4]

Véxase tamén

Outros artigos

Notas


 Este artigo sobre xeoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.