Diego de Torres y Moyachoque
Ferramentas
Xeral
Imprimir/exportar
Estatua de Turmequé, na honra de Diego de Torres y Moyachoque. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1549 (Gregoriano) Tunja |
Morte | 1590 (40/41 anos) Madrid |
Actividade | |
Ocupación | xeógrafo , Cacique |
Lingua | Lingua muisca e lingua castelá |
Diego de Torres y Moyachoque, nado en Tunja, Novo Reino de Granada en 1549, e finado en Madrid, España, o 4 de abril de 1590, foi un cacique de Turmequé, na antiga confederación muisca, baixo goberno español. Foi xefe dende 1571 até a súa morte. De Torres y Moyachoque foi un mestizo, fillo dun conquistador español e unha nai muisca. É coñecido pola súa defensa dos nativos muiscas e pola resistencia contra os encomenderos españois, particularmente contra o seu medio irmán Pedro de Torres. De Torres y Moyachoque tamén é coñecido por ser o primeiro cartógrafo das terras que arrodeaban a capital do Novo Reino de Granada, Santa Fe de Bogotá.
De Torres y Moyachoque viaxou dúas veces a España, a primeira entre 1575 e 1577, e a segunda na década de 1580, onde presentou queixas polos malos tratos dos muiscas por parte dos colonizadores españois perante o rei Filipe II. Despois desta última viaxe, permaneceu, casou e morreu en Madrid o 4 de abril de 1590.
Historia dos muiscas |
|
---|---|
Temas | |
Mitoloxía | |
Lugares | |
Gobernantes do norte | |
Gobernantes do sur | |
Nos medios |
|