Dichen Lachman
Dichen Lachman (en tibetano: བདེ་ཆེན།), nada en Katmandú o 22 de febreiro de 1982,[1] é unha actriz australiana, de ascendencia alemá e tibetana. Apareceu na serie Veciños interpretando a Katya Kinski, así como na serie de ciencia ficción creada por Joss Whedon Dollhouse, interpretando a personaxe de Sierra. Lachman intepretou a Suren no remake estadounidense Being Human. Lachman protagonizou o filme de 2014 Lust for Love e tivo un papel recorrente en Agents of S.H.I.E.L.D. como Jiaying. Lachman protagoniza o papel de Reileen Kawahara na serie de Netflix Altered Carbon, que foi estreada o 2 de febreiro de 2018.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de febreiro de 1982 (42 anos) Katmandú |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Australia |
Educación | Universidade de Adelaide (pt) |
Actividade | |
Ocupación | actriz , actriz de cinema |
Período de actividade | 2005 - |
Familia | |
Cónxuxe | Maximilian Osinski |
|
Traxectoria
Lachman (བདེ་ཆེན།) naceu en Katmandú, onde viviu até os oito anos de idade. Mudouse a Adelaida, Australia a finais da década de 1990 coa súa familia.A súa nai é tibetana e o seu pai é australiano de ascendencia alemá.[2] Asistiu á escola primaria West Lake, á Gilles Street, ó instituto Norwood Morialta, ó St Mary's College, ó Annesley College e á Universidade de Adelaida. Lachman mudouse ós Ánxeles pouco despois de rematar o drama Veciños en 2007.[3]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Dichen Lachman na IMDb (en inglés).