Der Rosenkavalier

ópera cómica con música de Richard Strauss e libreto de Hugo von Hofmannsthal

Der Rosenkavalier (en galego, O cabaleiro da rosa) é unha ópera cómica en tres actos con música de Richard Strauss e libreto en alemán de Hugo von Hofmannsthal e o propio compositor. Tivo a súa estrea no Semperoper de Dresden o 26 de xaneiro de 1911 baixo a dirección de Ernest von Schuch e a dirección artística de Alfred Roller.

Der Rosenkavalier
O cabaleiro da rosa
Robert Sterl Schuch dirixindo unha representación de Der Rosenkavalier.
FormaÓpera
Actos e escenas3 actos
Idioma orixinal do libretoAlemán
LibretistaHugo von Hofmannsthal
Estrea26 de xaneiro de 1911
Teatro da estreaSemperoper
Lugar da estreaDresden
Duración4 horas
Música
CompositorRichard Strauss
Personaxes

María Teresa (soprano lírico-spinto)
Barón Ochs von Lerchenau (baixo)
Octavio, rapaz nobre (mezzosoprano ou soprano dramática)
Sofía (soprano lixeira ou lírica)
Herr von Faninal (barítono)
Marianne (soprano lírico-spinto)
Valzacchi (tenor lixeiro)
Annina (soprano lixeira)
O Comisario de policía (baixo)
O Mordomo da mariscala (tenor)
O Notario (baixo)
O Pousadeiro (tenor)
Un Cantante italiano (tenor lírico)
A Modista (soprano)
Un Vendedor de animais (tenor)
Músicos, peiteadores, orfos, criados, camareiros, un paxe negro.[1]

Logo de compoñer óperas como Salomé (1905) e Elektra (1909), onde asomaba a politonalidade, a atonalidade e o paroxismo expresionista, cun texto dramático influído polo vocabulario freudiano das paixóns humanas, Strauss comunicou a Von Hofmannsthal o seu desexo de compoñer unha ópera distinta, ao estilo da ópera mozartiana, lixeira, humorística e ambientada na sociedade do século XVIII (Le nozze di Figaro).

A diferenza das óperas anteriores, o libreto de Von Hofmannsthal é orixinal; é dicir, non está baseado en obras literarias existentes. No bosquexo inicial, os protagonistas ían ser o barón Ochs e Octavian. Porén, a medida que avanza a escritura da obra, a personaxe da Mariscala creceu e afirmouse a si mesma ata transformarse nun rol protagonista.

O título da ópera alude a un costume inexistente inventado por Von Hofmannsthal, que serve de escusa para o desenvolvemento argumental.

Personaxes

PersonaxeTesituraElenco na estrea, 26 de xaneiro de 1911
Director: Ernst von Schuch
Octavian (Conde de Rofrano, rapaz de 17 anos)mezzosopranoEva von der Osten
A Mariscala (Princesa de Werdenberg, dona dun mariscal imperial)sopranoMargarethe Siems
Barón Ochs von Lerchenau (curmán da Mariscala)baixoKarl Perron
Sophie von Faninal (Rapariga rica e casadeira)sopranoMinnie Nast
Faninal (Rico burgués, pai de Sophie)barítonoKarl Scheidemantel
Marianne Leitmetzerin (Doncela de Sophie)sopranoRiza Eibenschütz
Annina (Intrigante ao servizo do Barón)contraltoErna Freund
Valzacchi (Compañeiro de Anninna)tenorHans Rüdiger
Cantante italianotenorFritz Soot
Un notariobaixoLudwig Ermold
Un pousadeirotenorJosef Pauli
Serventes, policías, camareiros etc.

Notas

Véxase tamén



 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.