Denis Zvizdić
Ferramentas
Xeral
Imprimir/exportar
Noutros proxectos
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de xuño de 1964 ![]() Saraxevo ![]() |
Presidente do Consello de Ministros de Bosnia e Hercegovina | |
31 de marzo de 2015 – 23 de decembro de 2019 ← Vjekoslav Bevanda (pt) ![]() ![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Bosnia e Hercegovina ![]() |
Relixión | Sunnismo ![]() |
Educación | Universidade de Saraxevo |
Actividade | |
Campo de traballo | Arquitectura ![]() |
Ocupación | Político |
Empregador | Universidade de Sarajevo (pt) ![]() ![]() |
Partido político | People and Justice (en) ![]() Partido da Acção Democrática (pt) ![]() ![]() |
Participou en | |
22 de xaneiro de 2019 | Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2019 ![]() |
![]() ![]() |
Denis Zvizdić, nado en Saraxevo o 9 de xuño de 1964, é un político, arquitecto e profesor bosníaco. Pertence ao Partido de Acción Democrática e foi Primeiro Ministro de Bosnia e Hercegovina dende 2015 a 2019.[1][2]
Nacido na cidade de Saraxevo no ano 1964 durante a época da República Federal Socialista de Iugoslavia. Procede dunha familia dedicada tamén á política, como o seu tío Avdo Campase, o seu primo Dubravko Campase e o seu outro primo Aljoša Čampara que actualmente Tenente de Alcalde de Saraxevo e Ministro do Interior do país. Cursou os seus estudos primarios e medios e seguidamente licenciouse en arquitectura pola Universidade de Saraxevo, na cal máis tarde se doutorou, e converteu en profesor.[3] Durante eses anos Denis foi unha das primeiras persoas en ingresar no Partido de Acción Democrática, no cal continúa.
No ano 2003, ocupou o seu primeiro cargo político sendo elixido como Presidente do Cantón de Saraievo e máis tarde foi presidente da Asemblea do mesmo cantón.[3][4] Posteriormente entre os anos 2010 e 2014 foi membro do Parlamento da Federación de Bosnia e Hercegovina.[3]
Tras unha votación realizada o día 11 de febreiro de 2015 na Cámara de Representantes, foi elixido en sucesión de Vjekoslav Bevanda como novo Presidente do Consello de Ministros de Bosnia e Hercegovina (xefe de goberno), sendo investido polos membros da presidencia o 31 de marzo do mesmo ano.
Ao chegar ao cargo comprometeuse a mellorar a acción da Adhesión de Bosnia e Hercegovina á Unión Europea.[4]
Presidente do Consello de Ministros de Bosnia e Hercegovina | ||
---|---|---|
Segue a: Vjekoslav Bevanda | Denis Zvizdić | Precede a: Zoran Tegeltija |
Partido de Acción Democrática |