David Gutiérrez de Coz

futbolista español

David Gutiérrez de Coz, nado en Sevilla o 6 de febreiro de 1980, é un exfutbolista español que xogaba de lateral dereito.

De Coz
Información persoal
NomeDavid Gutiérrez de Coz
Nacemento6 de febreiro de 1980 (44 anos)
Lugar de nacementoSevilla
Altura1,78 m
PosiciónDefensa
Carreira xuvenil
Betis
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1999–2001Betis B64(0)
2001–2005Ceuta134(0)
2005–2007Xerez55(2)
2007–2010Murcia80(1)
2010–2011Córdoba30(1)
2011–2013Granada0(0)
2011–2012Cádiz (cedido)36(2)
2012–2016Lugo93(1)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Nado en Sevilla, formouse na canteira do Betis. Na tempada 1999/00 debutou co Betis B na Segunda División B, onde xogou tres tempadas antes de asinar coa Asociación Deportiva Ceuta da mesma categoría. No equipo ceutí permaneceu dous anos, e as súas destacadas actuacións levárono a ser fichado polo Xerez Club Deportivo da Segunda División. Alí xogou 30 partidos no seu primeiro ano, marcando dous goles, e 18 no segundo.

Tras comezar a tempada 2007/08 co club xerezano, asinou coa tempada comezada e o período de traspasos fechado polo Real Murcia da Primeira División, grazas a un permiso especial outorgado pola Real Federación Española de Fútbol debido a que o Murcia perdera por unha grave lesión ao veterano Curro Torres.[1] Debutou en Primeira o 24 de novembro de 2007 no empate 1-1 ante o Real Madrid no estadio Nueva Condomina, xogando o partido enteiro,[2] e mantivo a titularidade durante toda a tempada. Porén, o equipo acabou descendendo finalmente á segunda categoría. De Coz continuou no Real Murcia dous ano máis, até 2010, cando o equipo sufriu un novo descenso, desta vez á Segunda B.

Fichou entón polo Córdoba da Segunda División, onde foi un xogador fundamental nos plans do adestrador Lucas Alcaraz. En agosto de 2011 asinou por dous anos co Granada da Primeira División, sendo inmediatamente cedido ao Cádiz, de Segunda B. Tras un destacábel ano no club gaditano, que conseguiu o ascenso, asinou polo Lugo, de Segunda. Xogou catro anos no club lucense, sendo unha das pezas importantes no equipo adestrado por Quique Setién nas súas dúas primeiras tempadas, pero perdendo protagonismo nas dúas últimas por mor das lesións.

Clubs

ClubCategoríaAnoPXGoles
Real Betis BSegunda B1999-2000170
Real Betis BSegunda B2001-2002330
Real Betis BSegunda B2002-2003310
AD CeutaSegunda B2003-2004340
AD CeutaSegunda B2004-2005360
Xerez CDSegunda2005-2006302
Xerez CDSegunda2006-2007180
Xerez CDSegunda200770
Real MurciaPrimeira2007-2008200
Real MurciaSegunda2008-2009301
Real MurciaSegunda2009-2010300
Córdoba CFSegunda2010-2011301
Cádiz CFSegunda B2011-2012362
CD LugoSegunda2012-2013331
CD LugoSegunda2013-2014310
CD LugoSegunda2014-2015150
CD LugoSegunda2015-2016140

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas