David Fernández Diéguez
- Artigo
- Conversa
Ferramentas
Xeral
Imprimir/exportar
Noutros proxectos
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de outubro de 1875 ![]() A Coruña, España ![]() |
Morte | 24 de decembro de 1936 ![]() A Coruña, España ![]() |
![]() | |
1935 – 1936 ← Manuel Lugrís Freire – Manuel Casás Fernández → | |
![]() | |
16 de setembro de 1929 – 15 de febreiro de 1930 ← Enrique Fraga Rodriguez (en) ![]() ![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | matemático |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
![]() |
David Fernández Diéguez, nado na Coruña o 11 de outubro de 1875 e finado na mesma cidade o 24 de decembro de 1936, foi un matemático galego.
Estudou Arquitectura e Ciencias Exactas en Madrid. Exerceu como profesor de Aritmética, Xeometría Práctica e Elementos de Construción na Escola de Artes e Oficios Artísticos da Coruña, e despois como catedrático de Matemáticas do Instituto Nacional de Ensino Medio. Ingresou na Real Academia Galega, a proposta de Manuel Murguía, Florencio Vaamonde e Jaime Ozores de Prado, o 28 de marzo de 1925,[1] da que foi secretario (1926-1936), e presidente nos últimos meses da súa vida[2].
Dirixiu a revista Galicia Nueva, órgano da Xuventude Católica coruñesa, foi membro da Asociación Católica Nacional de Propagandistas e secretario do centro de propagandistas da Coruña, membro da Unión Patriótica, presidente provincial da Unión Monárquica Nacional e membro dos Caballeros de La Coruña en 1936, corpo parapolicial que axudou nas tarefas de represión e control da orde na cidade logo do Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936.
É autor de “Contribución al estudio de la trisección del ángulo” e un traballo sobre a construción da media proporcional de dous segmentos. Como bibliógrafo e historiador foi autor de traballos sobre a historia dos logaritmos, Juan Caramuel e Juan Jacobo Durán Loriga.
Predecesor: Manuel Lugrís Freire | Presidente da RAG 1935-1936 | Sucesor: Manuel Casás Fernández |
Presidentes da Real Academia Galega | ||
---|---|---|
|