Damien Inglis

baloncestista francés

Damien Roberto Inglis, nado o 20 de maio de 1995 en Cayenne, é un xogador de baloncesto francés.

Damien Inglis
Información persoal
Nacemento20 de maio de 1995 (29 anos)
Cayenne, Güiana Francesa
Nacionalidade Francia
Altura2,06 m (6 ft 8 in)
Peso oficial109 kg (240 lb)
PosiciónAla-pivote / Ala
Información da carreira
InstitutoEast Side (Mississippi)
UniversidadeINSEP (París)
NBA Draft2014 / Rolda: 2 / Elección: 31
Por Milwaukee Bucks
Carreira2010−presente
Historial de equipos
Centre Fédéral (2010–2013)
Chorale Roanne (2013–2014)
Milwaukee Bucks (2014–2016)
→ Canton Charge (2015)
→ Westchester Knicks (2016)
Westchester Knicks (2016–2017)
Orlandina Basket (2017)
SIG Strasbourg (2017–2018)
Limoges CSP (2018–2019)
SIG Strasbourg (2019–2020)
AS Monaco (2020–2021)
Bilbao Basket (2021–2022)
Gran Canaria (2022–2023)
Valencia Basket (2023–2024)

Traxectoria

O 4 de xuño de 2013, Inglis asinou un contrato de tres anos co Chorale Roanne Basket da LNB Pro A.[1]

O 26 de xuño de 2014, Inglis foi elixido na 31ª posición do Draft da NBA de 2014 polos Milwaukee Bucks.[2] O 29 de xuño de 2016, Inglis foi cortado polos Bucks.[3]

O 29 de decembro de 2017, Inglis asinou unha tempada co SIG Strasbourg da LNB Pro A,[4] facendo 6.8 puntos e 3.1 rebotes por encontro. O 2 de outubro de 2018, Inglis asinou co CSP Limoges da LNB Pro A.[5] Tras unha tempada no Limoges, Inglis chegou de volta ó Strasbourg asinando un contrato por un ano.[6]

O 27 de xullo de 2020, asinou co AS Monaco Basket da LNB Pro A.[7]

O 16 de novembro de 2021, Inglis asinou ata final de tempada co Bilbao Basket da Liga ACB.[8]

O 23 de xullo de 2022, anunciouse a fichaxe de Inglis por unha tempada co CB Gran Canaria da Liga ACB.[9]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas