Concello de Dals-Ed

(Redirección desde «Dals-Ed (municipio)»)

Dals-Ed é un municipio sueco (kommun) do condado de Västra Götaland.[1] Anteriormente pertencía ao desaparecido condado de Älvsborg. A súa capital é Ed, o que o converte nun dos 42 concellos que ten como capital a unha antiga localidade municipal. Dals-Ed é o concello do condado de Västra Götaland con menos poboación, tendo 4 743 habitantes no ano 2022.[2]

Modelo:Xeografía políticaConcello de Dals-Ed
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 58°55′00″N 11°55′00″L / 58.9167, 11.916711°55′00″L / 58.9167, 11.9167
EstadoSuecia
Condadocondado de Västra Götaland Editar o valor em Wikidata
CapitalEd (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación4.601 (2024) Editar o valor em Wikidata (5,57 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Dalsland
Q61562094 Traducir (–1999)
Q61561827 Traducir (1999–) Editar o valor em Wikidata
Superficie825,43 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1 de xaneiro de 1971 Editar o valor em Wikidata

Páxina webdalsed.se Editar o valor em Wikidata
Facebook: DalsEdsKommun Twitter: DalsEdsKommun Instagram: dalsedskommun Youtube: UC9o6xt3yP-fBeWf23LjYMUw Editar o valor em Wikidata

O concello está no noroeste do landskap de Dalsland e limita ao norte co municipio de Årjäng en Värmland, ao leste co de Bengtsfors, ao sur co de Färgelanda, ao suroeste co de Munkedal e ao oeste co de Tanum. Ao oeste lamén limita cos concellos de Halden e Aremark en Noruega.

Administración histórica

A área do municipio correspondese coa das parroquias de Dals-Ed, Gesäter, Håbol, Nössemark, Rölanda e Töftedal. Nesta fundáronse concellos rurais co mesmo nome coa reforma municipal de 1862.

O 8 de abril de 1927 estableceuse a localidade municipal de Ed no concello rural de Dals-Ed.

Coa reforma municipal de 1952 naceu o gran concello de Dals-Ed a partir dos anteriores municipios de Dals-Ed, Gesäter, Håbol, Nössemark, Rölanda e Töftedal. A localidade municipal de Ed dissolveuse o 31 de decembro de 1957.

O concello de Dals-Ed fundouse coa refoma municipal de 1971 a través da reorganización do concello rural de Dals-Ed.[3]

O municipio pertenceu dende a súa fundación ata o 1 de maio de 1999 ao partido xudicial de Åmål, e dende entón pertence ao de Vänersborg.[4]

Historia

Grandes partes de Dals-Ed foron moldeadas polo inlandsis. O concello estaba xa poboado durante a Idade de Ferro. Como asentamento fronteirizo, foi durante séculos un importante lugar para o comercio, o transporte e os intereses políticos. Carlos XII, o rei guerreiro sueco, marchou dende Dals-Ed cara fortaleza de Fredriksten en Halden, onde morrería.[5]

Notas