Dalai Lama

titulo de la autoridad suprema del tibet

Dalai Lama,[1][2] é un monxe da escola Gelug ou "Sombreiro Amarelo" do budismo tibetano,[3] a máis nova das escolas do budismo tibetano[4] fundada por Je Tsongkhapa. O décimo cuarto e actual Dalai Lama é Tenzin Gyatso.

Tenzin Gyatso, 14° Dalai Lama.

O Dalai Lama é considerado sucesor dunha liña de tulkus,[1] é dicir, encarnacións de Avalokiteśvara,[2] o Bodhisattva da Compaixón.[5] O nome é unha combinación da palabara mongol dalai que significa "océano" e a palabra tibetana བླ་མ་ (bla-ma) "mestre, mentor". A palabra tibetana "lama" correspóndese coa palabra sánscrita "gurú".[6]

Dende 1642 até a década de 1950 (agás dende 1705 a 1750), o Dalai Lamas ou o seu rexente dirixiu o Goberno Tibetano ou Ganden Phodrang que domina a meseta tibetana dende Lhasa con diversos graos de autonomía. Este goberno foi, polo xeral, suxeito de patronazgo e protección dos reis mongois dos khanatos de Khoshut e Dzungar (1642-1720) e dos emperadores manchús da Dinastía Qing (1720-1912).[7]

Os budistas tibetanos consideran que os Dalai Lama son emanacións do Buddha Avalokiteśvara, aínda que non é un mestre Buddha senón un Bodhisattva, é o patrón do Tíbet e crese que, tras a súa morte, a súa conciencia sutil tarda un intervalo de corenta e nove días, polo menos, para nacer de novo nun neno que xa desde o seu nacemento pode dar sinais do seu carácter especial. Avalokiteśvara é unha deidade importante para o budismo tibetano e é considerado nos ensinos vajrayāna como un buda. En cambio, para os ensinos mahāyāna é visto máis ben como un bodhisattva de elevado nivel.

Tras a morte do Dalai Lama, o Panchen Lama encárgase de recoñecer a súa reencarnación, ou tulku (normalmente un neno) por estes sinais, quen pasará a ser o novo Dalai Lama. Á súa vez, o Dalai Lama debe recoñecer á reencarnación do Panchen Lama tras a morte deste.

Lista de Dalai Lama

Ao longo da historia téñense recoñecido 14 reencarnacións do Dalai Lama:

NomeImaxeVida[8]RecoñecidoEntronizamentoTibetano/WyliePinyin tibetano/ChinésEscrituras alternativasLugar de nacemento[8]
1Gendun Drup1391–1474N/A[9]དགེ་འདུན་འགྲུབ་
dge 'dun 'grub
Gêdün Chub
根敦朱巴
Gedun Drub
Gedün Drup
Shabtod (U-tsang)
2Gendun Gyatso1475–1542N/A[9]དགེ་འདུན་རྒྱ་མཚོ་
dge 'dun rgya mtsho
Gêdün Gyaco
根敦嘉措
Gedün Gyatso
Gendün Gyatso
Tanag Segme (U-tsang)
3Sonam Gyatso1543–1588?1578བསོད་ནམས་རྒྱ་མཚོ་
bsod nams rgya mtsho
Soinam Gyaco
索南嘉措
Sönam GyatsoTolung (U-tsang)
4Yonten Gyatso1589–1617?1603ཡོན་ཏན་རྒྱ་མཚོ་
yon tan rgya mtsho
Yoindain Gyaco
雲丹嘉措
Yontan Gyatso, Yönden GyatsoMongolia
5Ngawang Lobsang Gyatso1617–168216181622བློ་བཟང་རྒྱ་མཚོ་
blo bzang rgya mtsho
Lobsang Gyaco
羅桑嘉措
Lobzang Gyatso
Lopsang Gyatso
Chingwar Taktse (U-tsang)
6Tsangyang Gyatso1682–170616881697ཚངས་དབྱངས་རྒྱ་མཚོ་
tshang dbyangs rgya mtsho
Cangyang Gyaco
倉央嘉措
Tsañyang Gyatso
Mon Tawang, India
7Kelzang Gyatso1708–1757?1720བསྐལ་བཟང་རྒྱ་མཚོ་
bskal bzang rgya mtsho
Gaisang Gyaco
格桑嘉措
Kelsang Gyatso
Kalsang Gyatso
Lithang (Kham)
8Jamphel Gyatso1758–180417601762བྱམས་སྤེལ་རྒྱ་མཚོ་
byams spel rgya mtsho
Qambê Gyaco
強白嘉措
Jampel Gyatso
Jampal Gyatso
Thobgyal (U-tsang)
9Lungtok Gyatso1805–181518071808ལུང་རྟོགས་རྒྱ་མཚོ་
lung rtogs rgya mtsho
Lungdog Gyaco
隆朵嘉措
Lungtog GyatsoDan Chokhor (Kham)
10Tsultrim Gyatso1816–183718221822ཚུལ་ཁྲིམས་རྒྱ་མཚོ་
tshul khrim rgya mtsho
Cüchim Gyaco
楚臣嘉措
Tshültrim GyatsoLithang (Kham)
11Khedrup Gyatso1838–185618411842མཁས་གྲུབ་རྒྱ་མཚོ་
mkhas grub rgya mtsho
Kaichub Gyaco
凱珠嘉措
Kedrub GyatsoGathar (Kham)
12Trinley Gyatso1856–187518581860འཕྲིན་ལས་རྒྱ་མཚོ་
'phrin las rgya mtsho
Chinlai Gyaco
成烈嘉措
Trinle GyatsoLhoka (U-tsang)
13Thubten Gyatso1876–193318781879ཐུབ་བསྟན་རྒྱ་མཚོ་
thub bstan rgya mtsho
Tubdain Gyaco
土登嘉措
Thubtan Gyatso
Thupten Gyatso
Dagpo Langdun (U-tsang)
14Tenzin Gyatsonado en 193519371950
(actualmente no exilio)
བསྟན་འཛིན་རྒྱ་མཚོ་
bstan 'dzin rgya mtsho
Dainzin Gyaco
丹增嘉措
Tenzing GyatsoTaktser, Kumbum (Amdo)

Tamén houbo un Dalai Lama non recoñecido, Ngawang Yeshey Gyatso, declarado o 28 de xuño de 1707, cando contaba con 25 anos de idade, por Lha-bzang Khan como o "verdadeiro" 6º Dalai Lama – porén, nunca foi aceptado como tal pola maior parte da poboación.[10][11][12]

Futuro da posición

Tradicionalmente, o Dalai Lama foi o líder espiritual e temporal do Tíbet; Tenzin Gyatso, actualmente no exilio, tras a ocupación e anexión forzada por parte da China maoísta, abandonou a preeminencia política tradicional, e creou un Ministro presidente do Kashag (gabinete), elixido por sufraxio universal. Tamén indicou que a institución podería ser abolida no futuro e que o próximo Dalai Lama se podería atopar fóra do Tíbet ou ser unha muller[13]. O goberno chinés reclámase como o único autorizado para escoller o vindeiro Dalai Lama.[14]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas