Década de -80

Primeiro milenio a. C.
Século -I
-90
 
-80
 
-70
-80  · -79  · -78  · -77  · -76
-75  · -74  · -73  · -72  · -71


89 a.C.

Artigo principal: -89.
  • Acaba a Guerra Social (-91 - -89)
    • Lei Plautia Papiria: concede a cidadanía romana aso pobos itálicos aliados de Roma (samnitas, lucanos, marsos etc.), que foi o motivo principal da guerra.

88 a.C.

Artigo principal: -88.

Mediterráneo Oriental

  • o seu testamento Tolomeo X Alexandre, rei de Exipto, lega Exipto ao pobo romano.
    • Comeza o segundo goberno de Tolomeo IX Soter en Exipto (até -81).
  • A frota de Mitrídates VI do Ponto asedia Delos, provocando unha grande matanza.

Mediterráneo Occidental

  • Publio Sulpicio Rufo é elixido tribuno da plebe de Roma.
  • Concédese a cidadanía romana a todos os itálicos.
  • Sila toma militarmente a cidade de Roma, pese a resistencia de Caio Mario e P. Sulpicio Rufo.
  • Sertorio organiza a resistencia contra Sila en Hispania.
Efixie monetaria de Sila

87 a.C.

Artigo principal: -87.
  • Comeza o goberno do emperador chinés Zhao, da dinastía Han, con apenas 7 anos de idade (até -74).

86 a.C.

Artigo principal: -86.

85 a.C.

Artigo principal: -85.

84 a.C.

Artigo principal: -84.
  • Paz de Dárdano - Pon remate a Primeira Guerra Mitridática (-88, -84): Mitrídates VI do Ponto deberá pagar unha forte indemnización monetaria a Roma.

83 a.C.

Artigo principal: -83.

Asia

  • Comeza o reinado de Devabhuti, derradeiro râja do Imperio Sunga, na India (até -73).

Oriente Próximo

  • Iníciase a Segunda Guerra Mitridática, ao emprender accións o xeneral romano Lucio Licinio Murena contra Mitrídates VI do Ponto. A guerra dura até -81.

Europa

  • Batalla do Monte Tifata: Sila, acabado de chegar de Grecia, derrota as forzas populares que mandaba o cónsul Caio Norbano.
  • Na Galia Narbonense iníciase unha revolta dos saluvios (salluvii), un pobo indíxena.

82 a.C.

Artigo principal: -82.

81 a.C.

Artigo principal: -81.

Oriente Próximo

  • Finaliza a Segunda Guerra Mitridática: os romanos, mandados por Lucio Licinio Murena, acaban derrotados polo rei Mitrídates VI do Ponto. Con todo permanece o statu quo anterior entre ambos estados.

Europa

Arte e cultura

  • Cicerón actúa no seu primeiro caso, defendendo a un fillo acusado de parricidio. Coñécese ben o caso pola obra do propio Cicerón "Pro Roscio Amerino".
Cicerón por Thorvaldsen, copia dun busto romano

80 a.C.

Artigo principal: -80.

Mediterráneo Occidental

Suposto retrato de Sila, Gliptoteca de Múnic
  • Roma - Segundo consulado de Sila.
    • Sila devasta o país etrusco, mentres os seus partidarios toman a cidade de Volterra.
  • Hispania - Batalla do río Betis: Quinto Sertorio, do partido democrático, e rebelde ao poder central romano derrota ao xeneral romano Lucio Fulfidas. O feito orixina o inicio da Guerra Sertoriana.

Oriente Próximo

  • Comezo do reinado de Orodes I, xa de Persia (até -76).
  • Exipto: Reinado de apenas unhas semanas, 47 días, de Tolomeo XI.
    • Tolomeo XII Auletes sucede a Tolomeo Xi no trono exipcio.