Crónica de Paros

A Crónica de Paros (Χρονικὸν Πάριον) é un documento epigráfico que contén unha relación cronolóxica de diversos eventos lendarios, políticos e culturais de importancia sucedidos no mundo grego en sincronía cos diversos reis e arcontes atenienses. Abarca unha cronoloxía que vai desde o ano -1581 até o -264/3.

Fragmento da parte conservada no Museo Arqueolóxico de Paros.

A crónica está tallada no mesmo tipo de mármore que fai honra ao seu nome como mármore de Paros. O fragmento máis importante —que adoita denominarse fragmento A— foi trasladado a Inglaterra en 1627 por un emisario de Thomas Howard. A parte superior do mesmo foi destruída pero coñécese o seu contido porque foi publicado no século XVII antes da súa destrución. A parte inferior consérvase no Museo Ashmolean de Oxford (Reino Unido). Unha terceira parte —que se denomina fragmento B— atopouse en 1897 na illa grega de Paros e consérvase no Museo Arqueolóxico de Paros.

Coñécese tamén como:

  • Chronicon marmoreum.
  • Marmora paria.
  • Marmor parium.
  • Marmora arundeliana.
  • Marmora oxoniensia.
  • Marmorchronik.

Contido

Entre o contido da estela de mármore figura:

Fragmento perdido
AnoContido
-1581/-1580Fundación da primitiva Atenas por Cécrope I, fundador da liñaxe dos Cecrópidas.
-1573/-1572Deucalión reina en Licorea.
-1531/-1530Realízase o primeiro xuízo no Areópago, de Ares contra Poseidón.
-1528/-1527Diluvio de Deucalión.
-1521/-1520Anfictión reina nas Termópilas.
-1520/-1519Os gregos pasaron a denominarse helenos.
-1518/-1517Fundación de Tebas por Cadmo.
-1515/-1514Dato fragmentario dun ano en que Anfictión reinaba en Atenas.
-1510/-1509Chegada de Dánao e as súas fillas no primeiro pentecóntero á Hélade. Varias delas erixen o templo de Atenea en Lindos.
-1505/-1504Institución das Panateneas. Nesa data tamén Erictonio foi o primeiro que xunguiu os cabalos ao carro para tirar del mentres que Hiagnis inventou a frauta en Frixia e realizou composicións en modo frixio en honra da Nai dos Deuses, de Dioniso e de Pan.
-1462 ou -1423Reinado de Minos en Creta e descubrimento do ferro no Monte Ida polos Dáctilos ideos.
-1409/-1488Chegada de Deméter a Atenas e o seu encontro con Triptólemo.
-1408/-1407Triptólemo realiza a primeira recollida de gran.
-1399/-1398Orfeo realiza a primeira composición poética do mito do rapto de Perséfone e a súa procura por Deméter.
-1397/-1396Eumolpo institúe os Misterios de Eleusis.
-1325/-1324Pandión II reina en Atenas.
Entre -1324/-1323 e -1308/-1307Institúense os Xogos de Eleusis e o festival de Zeus Liceo en Arcadia.
Entre -1307/-1306 e -1295/-1294Dato fragmentario referido a Heracles no período en que Exeo reina en Atenas.
-1294/-1293Hai unha praga de fame na Ática e tras consultar o oráculo, fíxase o tributo que os atenienses deben pagar a Minos.
-1259/-1258Teseo é rei de Atenas, onde institúe a democracia. Ademais coloniza a dodecápole xonia e institúe os Xogos Ístmicos.
-1256/-1255As amazonas invaden a Ática.
-1251/-1250A guerra dos Sete contra Tebas ten lugar, así como a fundación dos Xogos Nemeos.
-1218/-1217A guerra de Troia empeza.
-1209/-1208A toma de Troia ten lugar o 24 de tarxelión (que se corresponde co 5 de xuño).
-1208/-1207Xuízo a Orestes no tribunal do Areópago.
-1202/-1201Fundación de Salamina (en Chipre).
-1086/-1085Neleo coloniza Mileto e o resto de Xonia: Éfeso, Eritras, Clazómenas, Priene, Lébedos, Teos, Colofón, Miúnte, Focea, Samos e Quíos e organiza Xogos Panxonios[nota 1].
-937/-936Florecemento de Hesíodo.
-906/-905Florecemento de Homero.
Fragmento de Oxford
AnoContido
-895/-894Introdución dos pesos e medidas por Fidón de Argos, que tamén cuñou moedas de prata en Exina.
Data indeterminada ao redor de mediados do século -VIIIFundación de Siracusa por Arquias, con emigrantes procedentes de Corinto.
-683/-682Os arcontes pasan a exercer o seu cargo por un período dun ano.
-644/-643Florecemento de Terpandro de Lesbos, que revolucionou a música.
-604/-603Aliates convértese en rei de Lidia.
Data indeterminadaDesterro de Safo á illa de Sicilia.
-591/-590Realización de sacrificios dos Anfictións despois de derrotar a Cirra e instauración de xogos deportivos onde se outorgan premios monetarios procedentes do botín.
-582/-581Introdución da coroa de loureiro como premio nos xogos de Delfos.
En torno ao -580Primeiro coro de actores cómicos en Atenas, organizado no demo de Icario e inventado polo poeta Susarión, onde se premiaba ao vencedor cun cesto de figos e un odre de 40 litros de viño.
-561/-560Pisístrato convértese en tirano de Atenas.
-556/-555Embaixada de Creso a Delfos.
-541/-540O rei Ciro II o Grande toma Sardes.
-536/-535Posta en escena da primeira obra dramática de Tespis, onde se propuxo como premio para o vencedor un macho cabrío.
-520/-519Darío I convértese en rei dos persas tras a morte de Gaumata.
-511/-510Asasinato de Hiparco por Harmodio e Aristoxitón.[nota 2]
-509/-508Primeiro certame de coros de homes (ditirambos), onde venceu Hipódico de Calcis.
-494/-493Vitoria de Melanípides en Atenas.
-490/-489Batalla de Maratón, onde Esquilo loitou con 35 anos.
-489/-488Vitoria de Simónides de Ceos en Atenas. Morte de Darío e ascenso ao trono de Xerxes.
-485/-484Primeiro triunfo dunha traxedia de Esquilo nas grandes Dionisias así como o nacemento de Eurípides e a chegada a Grecia do poeta Estesícoro[nota 3].
-480/-479Xerxes manda construír unha ponte sobre o Helesponto e prodúcense as batallas das Termópilas e de Salamina.
-479/-478Batalla de Platea e erupción do Etna.
-478/-477Xelón convértese en tirano de Siracusa.
-477/-476Vitoria de Simónides, o inventor dun sistema mnemotécnico, nunha competición coral de Atenas, así como data das estatuas de Harmodio e Aristoxitón.
-472/-471Hierón convértese en tirano de Siracusa e estancia na cidade do poeta Epicarmo.
-469/-468Vitoria de Sófocles cunha traxedia á idade de 28 anos.
-468/-467Caída dun meteorito no río Egospótamos e morte de Simónides.
-461/-460Morte de Alexandre I e ascenso ao trono de Macedonia do seu fillo Pérdicas.
-456/-455Morte de Esquilo en Xela á idade de 69 anos.
-442/-441Primeira traxedia de Eurípides que obtivo o primeiro posto nas grandes Dionisias, á idade de 44 anos. Sócrates e Anaxágoras foron contemporáneos del.
-420/-419Morte de Pérdicas e ascenso ao trono de Macedonia de Arquelao.
-408/-407Dionisio convértese en tirano de Siracusa.
-407/-406Morte de Eurípides.
-406/-405Morte de Sófocles aos 92 anos, e Ciro comeza a súa expedición.
-402/-401Vitoria do poeta Telestes de Selinunte en Atenas.
-400/-399Os helenos da Expedición do Dez Mil chegan á costa.
-399/-398Vitoria de Aristónoo en Atenas.
Data indeterminadaVitoria en Atenas de Poliído de Selimbria cun ditirambo.
-380/-379Morte do poeta ditirámbico Filóxeno aos 55 anos.
-377/-376Vitoria do dramaturgo Anaxándrides en Atenas.
-373/-372Vitoria de Astidamante en Atenas e incendio do templo de Apolo de Delfos.
-371/-370Batalla de Leuctra onde vencen os tebanos, e ascenso ao trono de Macedonia de Alexandre II tras a morte de Amintas.
Entre -370 e -368Vitoria de Estesícoro de Himera en Atenas (distinto do Estesícoro citado na data de -485/[[-484) e construción de Megalópole.
-368/-367Dionisio II convértese en tirano de Siracusa despois da morte do seu pai e ascensión ao trono de Macedonia de Ptolomeo de Aloro despois da morte de Alexandre II.
-366/-365Os focidios apodéranse do Oráculo de Delfos.
Data indeterminadaMorte de Timoteo.
Data indeterminada.Ascenso ao trono de Macedonia de Filipo II e ascenso ao trono de Persia de Oco tras a morte de Artaxerxes II.
-357/-356Dato fragmentario.
-355/-354Dato fragmentario.
IndeterminadaDato fragmentario.
Fragmento de Paros
AnoContido
-336/-335Ascenso ao trono de Macedonia de Alexandre tras a morte de Filipo.
-335/-334Alexandre marcha contra os tríbalos e os ilirios e destrúe Tebas.
-334/-333Alexandre cruza a Asia e teñen lugar as batallas de Gránico e de Isos.
-333/-332Alexandre apodérase de Fenicia, Chipre e Exipto.
-332/-331Alexandre derrota a Darío preto de Arbela, toma Babilonia e funda Alexandría.
-330/-329Florecimiento de Calipo, Alexandre atrapa a Darío e aforca a Beso.
-328/-327Vitoria de Filemón o cómico e fundación dunha cidade helena a beiras do río Tanais[nota 4].
-324/-323Morte de Alexandre e Ptolomeo faise co control de Exipto.
-323/-322Guerra Lamiaca e Batalla de Amorgos entre atenienses e macedonios.
-322/-321Antípatro toma Atenas e Ofelas toma Cirene.
-321/-320Antígono cruza a Asia, enterro de Alexandre Magno en Menfis, morte de Pérdicas, Crátero e Aristóteles, e viaxe de Ptolomeo a Cirene.
-319/-318Morte de Antípatro, fuga de Casandro de Macedonia, sitio de Cícico por Arrideo, conquista de Siria e Fenicia por Ptolomeo e elección de Agatocles como comandante do exército de Siracusa.
-317/-316Batalla naval entre as frotas de Clito e Nicanor cerca do templo dos calcedonios e Demetrio promulga leis en Atenas.
-316/-315Retorno de Casandro a Macedonia, reconstrución de Tebas, morte de Olimpia, fundación de Casandrea e Agatocles convértese en tirano de Siracusa. No mesmo ano tivo lugar a primeira vitoria do poeta Menandro en Atenas.
-313/-322Morte do poeta Sosífanes.
-312/-311Eclipse de sol, derrota de Demetrio Poliorcetes ante Ptolomeo en Gaza[nota 5].
-311/-310Morte de Nicocreonte e Ptolomeo apodérase da súa illa.
-310/-309Morte de Alexandre e de Heracles, fillos de Alexandre Magno, e Agatocles desembarca en África.
-309/-308Fundación de Lisimaquia, nacemento de Ptolomeo II Filadelfo en Cos, e morte de Cleopatra de Macedonia en Sardes.
-308/-307Demetrio Poliorcetes cerca e toma o Pireo e expulsa a Demetrio de Falero de Atenas.
-307/-306Demetrio destrúe Muniquia e conquista Chipre.
-306/-305Nacemento do poeta Sosífanes (por tanto trátase dun Sosífanes distinto do nomeado con ocasión do ano -316/-315.)
-305/-304Sitio de Rodas e Ptolomeo ocupa o trono en Exipto.
-304/-303Terremotos en Xonia e Demetrio toma Calcis.
-303/-302Aparición dun cometa e Lisímaco cruza a Asia.
-302/-301Dato fragmentario que cita a Demetrio e Casandro, nun ano en que Nicocles era arconte de Atenas.
-299/-298Dato fragmentario onde se citan os personaxes de Demetrio, Casandro, os Ptolomeos e a cidade de Calcis.

Unha das cuestións destacábeis é que a crónica ofrece moitos datos sobre a fundación de diversos Xogos Panhelénicos e outros xogos e festivais helénicos pero con todo, non hai datos sobre os Xogos Olímpicos.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas