Unha crêpe[1] é un tipo de masa moi delgada, normalmente feita de fariña de trigo (farine de froment). Malia que as crêpes están a miúdo asociadas coa Bretaña, unha rexión no noroeste de Francia, o seu consumo é xeneralizado en Francia, Bélxica, o Canadá, e moitas partes de Europa, norte de África, e América do Sur. As crêpes sérvense cunha gran variedade de recheos, dende o máis sinxelo con só azucre até.
As crêpes son orixinarias da rexión da Bretaña, no oeste de Francia, onde se chaman krampouezh. No presente é un prato consumido a diario en todo o país, especialmente no Chandeleur[2] ou Día da Candeloria, como parte da tradición local (adoitan servirse acompañados de sidra). Nesta rexión francesa distínguense dous pratos semellantes: as crêpes elaboradas con trigo duro xeralmente reservadas ós doces e as galettes elaboradas con trigo mouro, en xeral reservadas a recheos salgados. Este tipo de trigo escuro foi traído a Europa dende a China e o seu paso por Europa Oriental deu orixe a unha comida semellante, os blinis.
En Europa Central, chámanse palačinka (República Checa, Serbia, Croacia), palatschinken (Austria), palachinca (Bulgaria) ou palacsinta (Hungría), termos todos derivados do latínplacenta. Segundo os estudos realizados, a orixe deste prato atópase na época do Imperio Romano, e as nacións que xurdiron nas súas antigas provincias eventualmente continuaron preparándoo a través dos séculos. Na maioría das rexións alemás é pfannkuchen e en neerlandéspannenkoeken (que provén de unir as verbas ‘tixola’ e ‘torta’).
En Galicia e Asturias son, tradicionalmente, típicas do entroido. En Galicia chámanse filloas, e en Asturias fayuelos ou frixuelos.