Cré na Cille

Cré na Cille é unha novela en irlandés escrita por Máirtín Ó Cadhain, publicada en 1949. Está considerada unha das mellores novelas escritas en irlandés.[1]

Cré na Cille
Autor/aMáirtín Ó Cadhain
CubertaSáirséal agus Dill
OrixeIrlanda
Linguairlandés
EditorialSáirséal agus Dill
Data de pub.1949
Páxinas364
EditorSáirséal agus Dill
TraduciónAlan Titley
Liam Mac Con Iomaire e Tim Robinson
editar datos en Wikidata ]

Título

Cré na Cille significa literalmente "Terra da Igrexa"; tamén foi traducida (en inglés) como A arxila do cemiterio[2], O solo do cemiterio[3], A terra do cemiterio[4], Igrexa e arxila[5] e O po sucio.[6]

Temática

A novela está escrita case enteiramente como conversa entre os mortos dun cemiterio de Connemara. A súa leria está chea de chismes, mordacidades, coqueteos, liortas e malmeter.[7]

Recepción

A novela considérase unha obra mestra da literatura irlandesa do século XX e provocou comparacións co traballo de Flann O'Brien, Samuel Beckett e James Joyce.[8][9]Na súa forma seriada, Cré na Cille líase en voz alta e por iso gañou un posto como un clásico entre os falantes irlandeses.[10][11] Cian Ó hÉigeartaigh, coautor de Sáirséal agus Dill (1947-1981), afirma que revigorizou o rexurdimento de escritura en lingua irlandesa no século XX.[12]

Historia de publicación

Cré na Cille foi editada como unha publicación seriada polo diario The Irish Press e entón compilado por Sáirséal agus Dill en 1949.[13] Foi traducido ó noruegués por Jan Erik Rekdal e publicado en 1995 por Gyldendal Norsk Forlag como Kirkegårdsjord - gjenfortellinger i ti mellomspill, e traducida ó dinamarqués por Ole Munch-Pedersen e publicado en 2000 por Husets Forlag como Kirkegårdsjord - genfortælling i ti mellemspil.[14][15]

Publicáronse dúas versións inglesas da novela en 2016 por parte de Yale University Press e Cló Iar-Chonnacht. A primeira tradución, O po sucio, foi traducida por Alan Titley, e a segunda, Graveyard Clay, por Liam Mac Com Iomaire e o cartógrafo británico Tim Robinson. Joan Keefe completara anteriormente unha tradución en 1984 como parte da súa tese, pero nunca se publicou.[16]

A carencia dunha tradución inglesa durante un período tan longo de case sesenta anos dende a primeira publicación do libro converteuse en parte da súa fama e foi un asunto de especulación.[17] Os tres intentos temperáns de tradución por parte de Sáirséal agus Dill estiveron cheos de problemas: o primeiro cando a moza seleccionada como tradutora marchou a un convento; o segundo pola negativa do poeta irlandés Thomas Kinsella e o terceiro polo esforzo inútil por parte dun compañeiro de prisión de Ó Cadhain.[18]

Adaptacións

Radio

Unha versión dramatizada da novela foi emitida na radio RTÉ Raidió na Gaeltachta en 1973, e revisada e reemitida en 2006 como parte das celebracións do centenario de Ó Cadhain por parte de RTÉ.[19]

Obra de teatro

A novela foi adaptada para a escena por Macdara Ó Fátharta e exhibiuse en 1996 e 2006.[20][21] O papel de Caitríona Pháidín foi representado por Bríd Ní Neachtain. A acción foi dramatizada “nun espazo cavernoso, cos personaxes que aparecen desde os recunchos para interactuar con Caitríona, antes de que se agochen amodo volvendo á escuridade, lembrándonos que estas persoas gradualmente están a fundirse co arxila da tumba”.[22] Bríd Ní Neachtain foi nomeada para un Premio de Teatro do Irish Times polo seu papel na obra.[23]

Filme

En 2007 saíu unha adaptación cinematográfica, dirixida por Robert Quinn. Como a obra de teatro, foi escrita por Macdara Ó Fatharta e protagonizada Bríd Ní Neachtain.[24]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos