Copa do Rei de fútbol 1922

20ª edición da Copa do Rei

A Copa do Rei de 1922 foi a 20ª edición da competición. Foi conquistada polo FC Barcelona, que derrotou ao Real Unión de Irún na final disputada no Campo de Coia de Vigo, sumando o seu quinto título.[1] Disputouse ao longo dos meses de marzo, abril e maio do ano 1922 polos equipos campións dos distintos torneos rexionais celebrados no territorio estatal na tempada 1921-22.

Modelo:Competición deportivaCopa do Rei de fútbol 1922
TipoCopa do Rei de fútbol Editar o valor em Wikidata
OrganizadorReal Federación Española de Fútbol Editar o valor em Wikidata
Número de participantes8 Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor em Wikidata
Número de edición20  (1922) Editar o valor em Wikidata
Competición
Primeiro postoFutbol Club Barcelona Editar o valor em Wikidata
Datos estatísticos
Partidos17 Editar o valor em Wikidata
Goles78 Editar o valor em Wikidata

Equipos clasificados

Nesta edición da Copa participaron os gañadores dos 8 torneos autonómicos que se disputaron en España durante a primeira metade da tempada 1921-22.

CampionatoRepresentante
Campionato de AsturiasSporting de Gijón
Campionato de CataluñaFC Barcelona
Campionato Rexional CentroReal Madrid
Campionato de GaliciaFortuna de Vigo
Campionato de GuipúscoaReal Unión
Campionato de BiscaiaArenas de Getxo
Campionato do LevanteEspaña FC
Copa de AndalucíaSevilla FC

Fase final

Consistiu en dúas roldas a dobre partido cos partidos decididos segundo a rexión de procedencia do club. No caso de empatar a vitorias, disputaríase un partido de desempate en terreo neutral. Os dous últimos contendentes enfrontáronse na final nun só partido en campo neutral.

 Cuartos de finalSemifinaisFinal
                     
 Arenas de Getxo40  
 Real Madrid25  
   Real Madrid21  
   Real Unión14  
 Real Unión45 
 Fortuna00  
   Real Unión1  
   Barcelona5  
 Sporting de Gijón67  
 España FC00  
   Sporting de Gijón12 
   Barcelona17  
 Sevilla01 
 Barcelona17  

Cuartos de final

Os partidos correspondentes á eliminatoria de cuartos disputáronse todos o mesmo día, xogándose a ida o 12 de marzo e a volta o 19 de marzo. Todas as fases de clasificación foron dominadas con bastante facilidade polos equipos gañadores da mesma, agás a que enfrontou ao Real Madrid e o Arenas de Getxo, que requiriu ata tres desempates e unha prórroga para que finalmente o Real Madrid pasase a rolda. Os desempates disputáronse nun campo neutral en Madrid os días 22, 23 e 29 de marzo.[2]

Arenas de Getxo - Real Madrid

Real Unión - Fortuna

Sporting de Gijón - España FC

Sevilla - FC Barcelona

Semifinais

As semifinais xogáronse nos seus partidos de ida o 2 de abril e nos de volta unha semana despois, o 9 de abril. Curiosamente, no empate entre o Real Madrid e o Real Unión tamén foi necesario un desempate xa que os dous equipos gañaron os seus partidos como locais. Pero esta vez o eliminado foi o equipo madileño, que viu como o 11 de abril en San Sebastián perdía todas as opcións de regresar a unha final de Copa despois de varios anos sen xogala. Na outra eliminatoria, o empate 1-1 en Barcelona semellaba dar esperanzas aos "sportinguistas" pero un rotundo 7-2 en Xixón deu o pase ao Barça.[2]

Real Madrid - Real Unión

Sporting de Gijón - FC Barcelona

Final

A final disputouse nun ateigado campo de Coia en Vigo.[3] Na primeira parte dominou o Real Unión, pero adiantouse o FC Barcelona cun gol de Ramón Torralba, que foi empatado pouco despois cun tanto de Patricio Arabolaza. Samitier e Alcántara puxeron dous goles máis no marcador pouco antes do descanso. Na segunda parte o Real Unión buscou o empate pero no canto diso recibiu dous goles máis, obra de Gràcia e Alcántara.[4]

Campión
FC Barcelona
Quinto título

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Arnáiz, Luis; Salazar, Bernardo; Martialay, Félix (2002). 100 Finales de Copa "Historia del Campeonato de España" (en castelán). Interviú, RTVE e RFEF.  

Ligazóns externas