Copa da Coruña
Ferramentas
Xeral
Imprimir/exportar
Tipo | competición futbolística ![]() |
---|---|
Deporte | fútbol ![]() |
Organizador | Real Federación Galega de Fútbol ![]() |
Localización e Datas | |
País | España ![]() |
Vixencia | 1940 – ![]() |
A Copa da Coruña é unha competición futbolística por eliminatorias organizada pola Federación Galega de Fútbol na que historicamente teñen participado os equipos de afeccionados das ligas da capital, As Mariñas e Arteixo.[1][2]
Durante as primeiras décadas do século XX foron disputados na Coruña unha serie de campionatos locais coma, por exemplo, o campionato local organizado en 1912 polo Real Club Coruña,[3][4] o campionato de terceira categoría para sociedades non federadas organizado polo Emden en 1924[5][6] ou o campionato para equipos non federados organizado polo semanario El Balón en 1928.[7][8][9][10]
En 1929 os equipos modestos da cidade crearon a Federación Local de Clubs de Foot-ball,[11][12] que tomou o relevo na organización dos campionatos locais. En 1934 non se puido organizar o campionato, razón pola cal o Deportivo da Coruña organizou xunto co Comité da devandita Federación Local un torneo por eliminatorias titulado Copa da Coruña,[13] do que resultou gañador o Unión Sporting de Santa Lucía.[14][15]
En 1937, durante a Guerra Civil, o Deportivo da Coruña volve organizar, esta vez en solitario, outro torneo de fútbol afeccionado titulado Copa da Coruña[16][17] do que se proclamou campión o Independencia F.C.[18]
Ao remate da Guerra Civil, as autoridades dan instrucións para que os equipos modestos se incorporen á Federación Galega de Fútbol.[19][20] En 1940 a Federación nomea a Manuel Ponte Patiño encargado da xunta de competición local, celebrándose a Copa da Coruña ese mesmo ano cos equipos modestos da capital,[21][22] gañando o torneo o Unión FC de Santa Lucía.[23][24] Ao ano seguinte, os campións das ligas da capital e As Mariñas xogaron un partido ao remate da tempada no que se disputaron unha copa doada polo gobernador civil,[25] e en 1942 xa se celebrou a Copa da Coruña cos clubs coruñeses e mariñáns,[26] resultando campión nesa tempada o Español S.D.[27]
Edición | Ano | Campión | Subcampión | Resultado |
---|---|---|---|---|
I[23][24] | 1940 | Unión FC | CD Marte | 2-1 |
II[28][27] | 1942 | Español SD | CD Marte | 2-1 |
III[28] | 1943 | Fábrica de Armas | Sporting Sada | 2-1 |
IV[28] | 1944 | Fábrica de Armas | Hércules SD | 3-2 |
V[28] | 1945 | Hércules SD | Fábrica de Armas | 2-1 |
VI[28] | 1946 | Deportivo Candá | Liceo de Monelos | 3-2 |
VII[28] | 1947 | Liceo de Monelos | Sin Querer SD | 3-1 |
VIII[28] | 1948 | Liceo de Monelos | Sin Querer SD | 4-1 |
IX[28][29] | 1949 | Español SD | Liceo de Monelos | 4-2 |
X[28] | 1950 | Liceo de Monelos | Deportivo Ciudad | 4-1 |
XI[28] | 1951 | Orzán SD | Liceo de Monelos | 2-1 |
XII[28] | 1952 | Imperátor OAR | Sporting Ciudad | 2-1 |
XIII[28] | 1953 | Oza Juvenil | Marino de Mera | 3-3, 6-2 |
XIV[28] | 1954 | Orzán SD | Español SD | 3-2 |
XV[28] | 1955 | Orzán SD | Maravillas SD | 3-0 |
XVI[28] | 1956 | Sporting Ciudad | Orzán SD | 1-1, 3-2 |
XVII[28] | 1957 | Silva SD | Oza Juvenil | 3-0 |
XVIII[28] | 1958 | Unión Sportiva | Silva SD | 1-0 |
XIX[28] | 1959 | Liceo de Monelos | Deportivo Ciudad | 4-1 |
XX[28] | 1960 | Vioño CF | Oza Juvenil | 2-0 |
XXI[28] | 1961 | Unión Sportiva | Sporting Sada | 1-0 |
XXII[28] | 1962 | Orzán SD | Liceo de Monelos | 3-2 |
XXIII[28] | 1963 | Orzán SD | Vioño CF | 2-1 |
XXIV[28] | 1964 | Vioño CF | Liceo de Monelos | 3-0 |
XXV[28] | 1965 | Orzán SD | Relámpago SD | 2-1 |
XXVI[28] | 1966 | Galicia Gaiteira | Orzán SD | 4-1 |
XXVII[28] | 1967 | SD Santa Margarita | Laracha CF | 3-2 |
XXVIII[28] | 1968 | Sin Querer SD | Galicia Gaiteira | 0-0, 3-0 |
XXIX[28] | 1969 | Galicia Gaiteira | Oza Juvenil | 1-0 |
XXX[28] | 1970 | Oza Juvenil | UD Paiosaco | 2-2, 3-1 |
XXXI[28] | 1971 | Español SD | Portazgo SD | 2-1 |
XXXII[28] | 1972 | Imperátor OAR | Español SD | 3-1 |
XXXIII[30] | 1973 | UD Paiosaco | Español SD | 3-1 |
XXXIV[31] | 1974 | Imperátor OAR | Deportivo Ciudad | 3-0 |
XXXV[32] | 1975 | Deportivo Ciudad | CD Ciudad Jardín | 4-0 |
XXXVI[33] | 1976 | Deportivo Ciudad | Imperátor OAR | 4-2 |
XXXVII[34] | 1977 | Maravillas SD | Imperátor OAR | 3-2 |
XXXVIII[35] | 1978 | CD Obrero | SD Órdenes | 3-2 |
XXXIX[28] | 1979 | Sporting Sada | Vioño CF | 4-1 |
XL[28] | 1980 | Sporting Sada | UD Paiosaco | 1-0 |
XLI[28] | 1981 | San Tirso SD | Español SD | 2-1 |
XLII[28] | 1982 | Portazgo SD | Bergantiños FC | 2-1 |
XLIII[36] | 1983 | Imperátor OAR | Oza Juvenil | 3-1 |
XLIV[37] | 1984 | UD Paiosaco | Imperátor OAR | 1-1 (penaltis) |
XLV[38] | 1985 | Imperátor OAR | San Tirso SD | 3-2 |
XLVI[39] | 1986 | Galicia Gaiteira | Sporting Ciudad | 2-1 |
XLVII[40] | 1987 | Relámpago SD | CD Sigrás | 1-0 |
XLVIII[41] | 1988 | UDJ Almeiras | Imperátor OAR | 2-1 |
XLIX[42] | 1989 | CD Sigrás | UD Paiosaco | 1-0 |
L[43] | 1990 | Vizoño SD | Imperátor OAR | 3-2 |
LI[44] | 1991 | CCD Cerceda | UD Carral | 3-1 |
LII[45] | 1992 | Laracha CF | Español SD | 3-0 |
LIII[46] | 1993 | Vizoño SD | Imperátor OAR | 2-1 |
LIV[47] | 1994 | Liceo de Monelos | Orillamar SD | 3-1 |
LV[48] | 1995 | Atlético Arteixo B | Marino de Mera | 4-0 |
LVI[49] | 1996 | Atlético Arteixo B | UD Carral | 2-0 |
LVII[50] | 1997 | Atlético Arteixo B | Brexo Lema SD | 2-0 |
LVIII[51] | 1998 | Olímpico de Rutis | Portazgo SD | 4-0 |
LIX[52] | 1999 | Orillamar SD | Imperátor OAR | 1-1 (penaltis) |
LX[53] | 2000 | Laracha CF | Atlético Arteixo | 2-1 |
LXI[54] | 2001 | Español SD | Laracha CF | 2-0 |
LXII[55] | 2002 | Laracha CF | Sporting Sada | 2-1 |
LXIII[56] | 2003 | Vizoño SD | Laracha CF | 0-0 (penaltis) |
LXIV[57] | 2004 | Español SD | Marino de Mera | 4-1 |
LXV[58] | 2005 | Montañeros CF | Vizoño SD | 2-0 |
LXVI[59] | 2006 | Vizoño SD | Victoria CF | 2-1 |
LXVII[60] | 2007 | Vizoño SD | Sporting Ciudad | 3-1 |
LXVIII[61] | 2008 | Sporting Cambre | Sporting Ciudad | 3-2 |
LXIX[62] | 2009 | Eirís SD | Imperátor OAR | 2-1 |
LXX[63] | 2010 | Silva SD | Sporting Ciudad | 1-0 |
LXXI[64] | 2011 | Silva SD | Imperátor OAR | 0-0 (penaltis) |
LXXII[65] | 2012 | Silva SD | San Tirso SD | 2-0 |
LXXIII[66] | 2013 | Boimorto CF | CF Carnoedo | 3-0 |
LXXIV[67] | 2014 | Atlético Arteixo | Silva SD | 1-0 |
LXXV[68] | 2015 | Sporting Sada | Brexo Lema SD | 1-0 |
LXXVI[69] | 2016 | Betanzos CF | Club do Mar de Caión | 1-0 |
LXXVII[70] | 2017 | UD Paiosaco | UD Carral | 3-1 |
LXXVIII[71] | 2018 | UD Paiosaco | Victoria CF | 2-1 |
LXXIX[72] | 2019 | San Tirso SD | Atlético Arteixo | 1-0 |
LXXX[73] | 2022 | Laracha CF | Club do Mar de Caión | 1-1 (5-4 penaltis) |