Copa Galicia (baloncesto)

competición galega de baloncesto

A Copa Galicia de Baloncesto nace en 1986 coa primeira edición da competición sénior masculina. Na súa xestación participaron os equipos galegos que daquela formaban parte da chamada Primeira División Nacional de Baloncesto: eran o OAR Ferrol, o Club Ourense Baloncesto, o Obradoiro compostelán e mais o Breogán de Lugo. Francisco García Sánchez era entón o presidente da FGB.

Modelo:Competición deportivaCopa Galicia
Imaxe
Beirasar Rosalía na semifinal da edición de 2009
Tipocompetición deportiva Editar o valor em Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor em Wikidata
OrganizadorFederación Galega de Baloncesto Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor em Wikidata
Vixencia1986 – Editar o valor em Wikidata
Outro
Páxina web oficialfegaba.com… Editar o valor em Wikidata

En 1987 disputouse a primeira edición en categoría feminina, que gañou o Círculo Mercantil, aínda que a competición feminina non se estabilizou ata mediados da década de 1990. O equipo feminino máis laureado da Copa Galicia é o Celta de Vigo con 12 títulos

Historia

O primeiro vencedor foi o Club Baloncesto Breogán, que na actualidade é o club máis laureado da competición ao quedar campión en trece ocasións. Dende aquel ano, o torneo sénior masculino celebrouse ano tras ano, agás no ano 2020 no que non se celebrou a final por mor da pandemia de COVID-19. En 1989 naceu o torneo feminino, se ben a súa celebración non se estabilizou ata mediados dos anos noventa.

Co correr do tempo, a Copa Galicia foi medrando e abranguendo cada vez máis categorías, ata se converter no torneo galego non ligueiro de referencia que é hoxe. Ao se celebraren as eliminatorias en distintas vilas e cidades a Copa é, ademais, un dos grandes puntos de unión entre clubs, xogadores e seareiros de todos os recantos da nosa xeografía.

Finais

Os seguintes equipos vencedores da Copa Galicia Sénior ao longo dos seus máis de vinte anos de historia (categoría masculina e feminina):

AnoSedeCampiónSubcampiónResultadoCampión feminino
1986O BarcoCB BreogánObradoiro CAB70–67
1987PontevedraCB BreogánOAR Ferrol101–87
1988A EstradaOAR FerrolCB Breogán87–77C.B. Cluny
1989OurenseOAR FerrolOurense106–101Pabellón Ourense
1990CarballoOAR FerrolOurense99–88C.B. Cluny
1991O BarcoOAR FerrolBasketmar Coruña86–85
1992O CarballiñoOurenseOAR Ferrol82–80
1993VilagarcíaOAR FerrolOurense86–82
1994VigoOurenseCB Breogán79–69
1995OurenseOurenseCB Breogán93–77
1996A CoruñaBásquet CoruñaOurense73–67R.C. Celta
1997ChantadaOurenseBasket Base Club97–77R.C. Celta
1998RianxoCB BreogánOurense86–78R.C. Celta
1999CambadosOurenseCB Breogán83–75R.C. Celta
2000ChantadaCB BreogánOurense105–94
2001ChantadaOurenseCB Breogán88–64R.C. Celta
2002FozCB BreogánOurense83–76R.C. Celta
2003LugoCB BreogánOurense92–73R.C. Celta
2004CompostelaCB BreogánBasket Base Club74–57A.D. Cortegada
2005PontevedraCB BreogánCBC Pontevedra107–78R.C. Celta
2006A CoruñaOurenseCB Breogán76–61Porta XI Ensino
2007VigoCB BreogánRosalía de Castro89–57R.C. Celta
2008PonteareasCB BreogánRosalía de Castro82–64R.C. Celta
2009O PorriñoCB BreogánObradoiro CAB63–57R.C. Celta
2010LalínObradoiro CABOurense72–61A.D. Cortegada
2011NoiaObradoiro CABOurense72–70R.C. Celta
2012OurenseObradoiro CABOurense86–67A.D. Cortegada
2013CompostelaObradoiro CABCB Breogán67–60Narón
2014LugoObradoiro CABCB Breogán74–59Narón
2015OurenseObradoiro CABBásquet Coruña79–69Uni Ferrol
2016NoiaObradoiro CABBásquet Coruña85–77Uni Ferrol
2017MarínObradoiro CABCB Breogán75–71Uni Ferrol
2018MarínCB BreogánObradoiro CAB75–74Porta XI Ensino
2019MarínObradoiro CABOurense89–65Porta XI Ensino
2021FerrolCB BreogánObradoiro CAB82–76Uni Ferrol
2022OurenseCB BreogánObradoiro CAB82–79Uni Ferrol
2023LugoObradoiro CABCB Breogán69–68Porta XI Ensino

Palmarés masculino

Por equipo

EquipoCidadeCampiónSubcampiónAnos campión
Breogán Lugo1491986, 1987, 1998, 2000, 2002, 2003, 2004, 2005, 2007, 2008, 2009, 2018, 2021, 2022
Obradoiro Compostela1052010, 2011, 2012, 2013, 2014, 2015, 2016, 2017, 2019, 2023
COB Ourense7121992, 1994, 1995, 1997, 1999, 2001, 2006
OAR Ferrol Ferrol521988, 1989, 1990, 1991, 1993
Básquet Coruña     A Coruña111996
Basket Base Vilagarcía02
Rosalía Compostela02
Basketmar     A Coruña01
CBC Pontevedra Pontevedra01

Palmarés feminino

Por equipo

EquipoCidadeCampiónAnos campión
Real Club Celta Vigo121996, 1997, 1998, 1999, 2001, 2002, 2003, 2005, 2007, 2008, 2009, 2011
Uni Ferrol Ferrol52015, 2016, 2017, 2021, 2022
Ensino Lugo42006, 2018, 2019, 2023
Cortegada Vilagarcía32004, 2010, 2012
Cluny Compostela21988, 1990
Narón Narón22013, 2014
Pabellón Círculo Mercantil Ourense11989
Círculo Mercantil11989

Véxase tamén

Ligazóns externas