Conflito de Chipre

O conflito de Chipre é un conflito en curso motivado pola invasión militar e a posterior ocupación turca (dende 1974) do terzo norte da illa, unha situación descrita e detallada en numerosas resolucións das Nacións Unidas.[1][2][3] Malia que a República de Chipre é recoñecida como o único e lexítimo estado, soberano sobre toda a illa, o norte está gobernado de facto pola administración autodeclarada da República Turca do Norte de Chipre que é defendida polas Forzas Armadas de Turquía.

División política da illa.

Nun comezo, coa anexión da illa polo Imperio Británico dende o Imperio Otomán, o "conflito de Chipre" foi identificado como unha disputa entre a poboación de Chipre e a Coroa Británica e a loita dos chipriotas pola súa autodeterminación. Porén, a disputa converteuse, baixo a administración británica, nun conflito étnico entre os turcos e os gregos insulares.[4] As implicacións internacionais da disputa superaron as fronteiras da illa de Chipre e incluíron ós poderes baixo o Acordo de Londres e Zúric (Turquía, Grecia e o Reino Unido), as Nacións Unidas e a Unión Europea, e (non oficialmente) os Estados Unidos.[5]

O Golpe de Estado en Chipre de 1974 provocou a invasión de Turquía,[6] e a ocupación da parte norte da internacionalmente recoñecida República de Chipre. En 1983, a comunidade turcochipriota declarou unilateralmente a independencia formando a República Turca do Norte de Chipre, unha entidade soberana que carece de recoñecemento internacional coa excepción de Turquía,[7][8] e coa que a República Turca matén relacións diplomáticas, en violación da Resolución 550, adoptada o 11 de maio de 1984 polo Consello de Seguridade das Nacións Unidas.

Como resultado de que as dúas comunidades e os países involucrados se comprometeron a atopar unha solución pacífica para a disputa, as Nacións Unidas mateñen unha zona de amortiguación (a "Liña Verde") para evitar calquera tensión ou hostilidade intercomunal. Esta zona separa as áreas do sur da República de Chipre (predominantemente habitada por gregochipriotas), das áreas do norte (onde os turcochipriotas e os colonos turcos son agora maioría). Nos últimos anos produciuse un achegamente das relacións entre ámbalas dúas comunidades, e as negociacións para a reunificación recomezaron no 2014.[9]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Anastasiou, Harry (2008). Syracuse, New York: Syracuse University Press, ed. The Broken Olive Branch: Nationalism, Ethnic Conflict and the Quest for Peace in Cyprus: The Impasse of Ethnonationalism. ISBN 0-8156-3196-0. 
  • Dodd, Clement (1998). The Eothen Press, ed. The Cyprus Imbroglio. ISBN 0-906719-21-6. 
  • Dodd, Clement (ed.) (1999). The Eothen Press, ed. Cyprus: The Need for New Perspectives. ISBN 0-906719-23-2. 
  • Dodd, Clement (2010). Palgrave Macmillan, ed. The History and Politics of the Cyprus Conflict. ISBN 978-0-230-24211-1. 
  • Brewin, Christopher (2000). Eothen Press, ed. European Union and Cyprus. ISBN 0-906719-24-0. 

Ligazóns externas