Colección Arealonga

colección literaria de Ediciones Akal

Arealonga é unha colección de obras clásicas e contemporáneas da literatura galega enfocada a todos os públicos e dirixida pola Ediciones Akal, constituíndo así unha das corenta coleccións que a forman. Naceu en 1973 e trátase dun referente na edición de literatura galega, con obras de autores como Castelao, Cabanillas ou Rosalía de Castro. A colección segue a liña de compromiso social marcada pola editorial Akal.A colección, así como Arealonguiña, foi dirixida desde o seu inicio por Xesús Alonso Montero, ambas amosan a ideoloxía progresista deste e céntranse nos problemas galegos.

Colección Arealonga
Tipocolección literaria
Data de fundación1973
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

Desde a súa creación na década dos 70 até os 90, Arealonga ten publicado máis de 60 títulos en galego, formando así un completo catálogo tanto de prosa como de poesía.

Relación con Akal

No ano 1972 Ramón Akal creou a súa editorial, Ediciones Akal, á que se lle sumou para o negocio o selo Foca e lle foi incorporada tamén a Editorial Século XXI tras a súa compra en 2010. Arealonga, como a editorial a que pertence, inclúe algúns títulos polémicos; a orientación política da editora causou ao seu director, Ramón Akal, numerosos problemas coa xustiza española no final do franquismo.[Cómpre referencia]

Cabe recordar que nesta época, a década dos 70, a ditadura franquista estaba a chegar ao seu fin, e é cando Ramón Akal resulta sinalado como un dos inimigos desta por algunhas das súas publicacións que reflectían ideas contrarias ao réxime.[Cómpre referencia] O ditador Francisco Franco limitaba a difusión de linguas e culturas como a galega, catalá e éuscaro,[Cómpre referencia] algo que fixo que algúns escritores se visen obrigados a modificar a súa expresión e moderar algunhas das súas opinións. A lingua oficial exclusiva e a única válida na escritura era o castelán,[Cómpre referencia] polo que cando xurdía algunha figura posicionándose en contra deste feito, reivindicando protagonismo para a lingua galega, se levaban a cabo persecucións e sabotaxes para evitar a súa propagación.[Cómpre referencia] Coa morte do xeneral Franco o 20 de novembro de 1975, finaliza a ditadura e iníciase un período coñecido como Transición Española, que ten lugar entre 1975 e 1978, durante o cal ten lugar o proceso de recuperación do galego e a súa cultura.[Cómpre referencia]

Autores

A colección Arealonga ten publicados libros dos autores galegos máis destacados como Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Celso Emilio Ferreiro, Rosalía de Castro, Ramón Cabanillas, Xosé Neira Vilas, Vicente Risco, ou Antón Tovar, entre outros.

Obras

Na colección inclúense obras de distintos xéneros e estilos, mais sempre seguindo a liña de compromiso. Algunhas das obras da Colección Arealonga son as seguintes:

ISBNTítuloAutor#
8473390121Informe -dramático- sobre la lengua gallegaXesús Alonso Montero1
8473390229Viaje por las escuela de GaliciaLuis Belló2
8473390199Os novísimos da poesía galegaMaría Victoria Moreno3
8473390202Brujos y astrólogos de la Inquisición de Galicia y el famoso libro de San CiprianoBernardo Barreiro4
8476004710Obra gallega completaRosalía de Castro5
8473390245Crónicas, I: agitadores, poetas, caciques bandoleros y reformadores en GaliciaJosé Antonio Durán6
8473390253Encuesta mundial sobre la lengua y la cultura gallegas y otras áreas conflictivas: Cataluña, Puerto Rico…Xesús Alonso Montero7
8473390261Política y sociedad en GaliciaManuel Murguía8
8473390539Páxinas escollidasAlfonso Daniel Rodríguez Castelao9
8473390695Poesía gallega completaAntón Tovar10
8473390814Obra completa, ICelso Emilio Ferreiro11
8476002122Obra completa I: Narrativa e teatroAlfonso Daniel Rodríguez Castelao12
8473391179Obra completa, IICelso Emilio Ferreiro13
8473391357Los partidos políticos y la autonomía en Galicia (1931-1936)Alfonso Alfonso Bozzo14
8473399539Castelao en "El Sol"José Antonio Durán15
8473391608Escolma posibleGaleuzca16
8473391705Da terra asoballadaRamón Cabanillas17
847339156XObra completa II: Sempre en GalizaAlfonso Daniel Rodríguez Castelao18
8473392132Ensaio encol do problema nacional galegoSantiago Álvarez19
8476002599Aqueles anos do MonchoXosé Neira Vilas20
8473392264Aproximación sociológica al carlismo gallego. La primera guerra carlista en la provincia de LugoM. F. Castroviejo Bolivar21
8473392515Crónicas, 2: Entre el anarquismo agrario y el libre pensamientoJosé Antonio Durán22
8473392434Industrialización y conflictos sociales en la Galicia el antiguo Régimen 1750-1830Luis Alonso Álvarez23
8473392760Plataforma pola industrialización de Galicia, unha alternativa democrática para economía galegaComisión Estudios Galegos24
8473392639La rebelión irmandiñaIsabel Beceiro25
8473392736Lingua, literatura e sociedade en Galicia (25 anos de filoloxía galega:1951-1976)Xesús Alonso Montero26
8473392752Abriendo el surco. Manual de lucha campesinaBasilio Álvarez27
8473393228La Iglesia en la Galicia contemporáneaFrancisco Carballo / Alfonso Magariños28
8476002572O ciclo do nenoXosé Neira Vilas29
8473393783Come e bebe que o barco é do amoAlfredo Conde30
8473394356Obra completa IRamón Cabanillas31
8473393448Obra completa IIRamón Cabanillas32
8473394291Historia de Galiza IRamón Otero Pedrayo33
8473394283Historia de Galiza IIRamón Otero Pedrayo34
8473394755Historia de Galiza IIIRamón Otero Pedrayo35
8473394461Cancionero popular gallego IJosé Pérez Ballesteros36
847339447XCancionero popular gallego IIJosé Pérez Ballesteros37
8473394488Cancionero popular gallego IIIJosé Pérez Ballesteros38
8473394976Obra Completa IIIRamón Cabanillas39
8473395336Obra completa, IIICelso Emilio Ferreiro40
8473394739Obra completa, 2Rosalía de Castro43
847339528XObra completa, 3Rosalía de Castro44
8473394860El conflicto en el sector marisquero de GaliciaManuel González Vidal45
8473394909Era tempo de apandarRamón de Valenzuela46
8473395220Crónicas, 3: Entre la mano negra y el nacionalismo galegoJose Antonio Durán47
8473395034La medicina popular en GaliciaVíctor Lis Quibén48
8473395379La anunciación de Valle-InclánValentín Paz-Andrade49
8473395123NaiXosé Neira Vilas50
8473395360Cousas da vida IAlfonso Daniel Rodríguez Castelao51
8473395425Obra completa 1Vicente Risco54
8473395433Obra completa 2Vicente Risco55
8473395476Calendario de brétemas mañánceiras da miña praia atlánticaXoán Ignacio Taibo56
8473395877Celso Emilio Ferreiro: Compañeiro do Vento e das EstrelasMaría José Porteiro, José Antonio Perozo57
8473395875Obra Completa III: Diarios de ArteAlfonso Daniel Rodríguez Castelao58
8476003137Fantasias y realidades de la Costa de la muerteFrancisco de Ramón y Ballesteros59
8473392671Obra completa II: Sempre en Galiza (versión en castellano)Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
As cruces de pedra na GalizaAlfonso Daniel Rodríguez Castelao
8476005563NósAlfonso Daniel Rodríguez Castelao
8473392221MilicianosAlfonso Daniel Rodríguez Castelao
8476004737Galicia mártirAlfonso Daniel Rodríguez Castelao
8473393236Atila en GaliciaAlfonso Daniel Rodríguez Castelao

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas