Club dos 27

O club dos 27 é un termo que fai referencia á crenza de que un número estrañamente elevado de músicos populares e outros artistas morreron ós 27 anos[1], moitas veces como resultado do abuso das drogas e do alcol ou por medios violentos, como o homicidio ou o suicidio[2].

Club dos 27
Brian Jones.Jimi Hendrix.
Janis Joplin.Jim Morrison.
De esquerda a dereita e de arriba abaixo:
Brian Jones, Jimi Hendrix, Janis Joplin e Jim Morrison, morreron todos entre 1969 e 1971 á idade de 27 anos, o que naquela época suscitou algúns comentarios. Pero foi trala morte de Kurt Cobain en 1994 cando comezou a incorporarse na percepción pública a idea dun "club dos 27".

Non obstante, os estudos estatísticos desvelan que as mortes non seguen un padrón inhabitual[3][4][5].

O club dos 27 foi repetidamente citado en revistas de música, revistas en xeral e xornais. Fixéronse varias exposicións dedicadas á idea, así como novelas, películas e obras de teatro[6][7][8][9][10]. Houbo moitas teorías e especulacións diferentes sobre as causas de tales mortes precoces e as súas posibles conexións. O biógrafo de Kurt Cobain e Jimi Hendrix, Charles R. Cross, escribe: "O número de músicos que morreron ós 27 anos é realmente notable para calquera padrón considerado. [Inda que] os humanos morran regularmente a tódalas idades, hai un pico estatístico para os músicos que morren ós 27"[11].

Orixe do termo

Brian Jones, Jimi Hendrix, Janis Joplin e Jim Morrison, morreron todos á idade de 27 anos entre 1969 e 1971. A coincidencia suscitou naquela época algúns comentarios[12][13], pero a idea dun "club dos 27" comezou a incorporarse na percepción pública dúas décadas e media máis tarde, trala morte de Kurt Cobain[11].

Segundo o biógrafo de Hendrix e Cobain, Charles R. Cross, a importancia crecente dos medios de comunicación –Internet, televisión e revistas– e a resposta da nai de Kurt Cobain nunha entrevista son, asemade, responsables de tales teorías. Refírese Cross a un belisco das declaracións feitas pola nai de Cobain, Wendy Fradenburg Cobain O'Connor, no xornal The Daily World de Aberdeen, Washington: –"Agora que se foi e se uniu a ese estúpido club. Díxenlle que non se unira a ese estúpido club", aludindo segundo Cross, a Hendrix, Joplin e Morrison, finados á mesma idade[14]. Outros autores comparten a súa opinión[15]. Emporiso, Josh Hunter e Eric Segalstad, autor de 27s: The Greatest Myth of Rock & Roll, entenden que a nai de Kurt Cobain se refire á morte de seu tío e seu tío-avó, falecidos ámbolos dous a consecuencia do suicidio[16]. Conforme Cross, os acontecementos levaron a un "conxunto de teorías da conspiración [que suxiren a] noción absurda de que Kurt Cobain preparou á mantenta a súa morte para formar parte do club dos 27"[11].

Cando Amy Winehouse morreu no ano 2011 á idade de 27, dezasete anos despois da morte de Kurt Cobain, houbo novamente grande atención por parte dos medios de comunicación relacionada con este asunto[17]. O que fora seu asistente persoal Alex Haines, afirmou trala morte de Winehouse que tres anos antes ela lle confesara o temor de falecer a esa idade[18].

Estudos científicos

Un estudo publicado no British Medical Journal en decembro de 2011 concluíu que non había un incremento no risco de morte para os músicos á idade de 27 anos. Aínda que os músicos incluídos na mostraxe afrontaban un risco de morte maior entre os 20 e os 30 anos, mais isto non o limitaba ós 27[3]. Unha pescuda non formal consultando automaticamente os datos da Wikipedia (vía DBpedia) no 2012 chegou efectivamente á mesma conclusión: "Ben pode haber un club dos 27 de músicos malditos, pero o club dos 74 é máis popular"[19]. Un artigo en The Independent do ano 2015 confirma tamén a evidencia estatística que os músicos populares non son máis propensos a morrer á idade de 27[20].

Referencias na música

A canción 28, de John Craigie do seu álbum Montana Tale, é sobre o club. Os tres versos refírense á morte de Jim Morrison, Janis Joplin e Kurt Cobain, respectivamente.

Fai referencia ó asunto a canción 27 Forever de Eric Burdon, do seu álbum de 2013 ′Til Your River Runs Dry[21].

O nome da canción 27 Club de letlive, do seu disco The Blackest Beautiful refírese ó club[22].

O oitavo álbum de estudio de Magenta, The Twenty Seven Club, fai alusión directa ó club. Cada canción é un tributo a algún membro do club[23][24].

O título da canción 27 de Fall Out Boy do seu álbum Folie à Deux refírese ó club. A canción explora os estilos de vida hedonista comúns no rock and roll. Pete Wentz, o letrista principal de Fall Out Boy, escribiu a canción porque sentía que estaba vivindo unha vida perigosa similar[25].

Membros identificados co club dos 27

NomeData da morteCausa oficial da morteAptitudesIdadeReferencias
ó club dos 27
Alexandre Levy01892-01-17 17 de xaneiro de 1892DescoñecidaCompositor, pianista e director27 anos e 98 días[26]
Louis Chauvin01908-03-26 26 de marzo de 1908Esclerosis neurosifilíticaMúsico de ragtime27 anos e 13 días[26][27]
Robert Johnson01938-08-16 16 de agosto de 1938Envelenamento (estricnina [non atribuído])Guitarrista e cantante de blues27 anos e 100 días[26][27][28][29][30][31]
Nat Jaffe01945-08-05 5 de agosto de 1945Complicacións derivadas da hipertensión arterialPianista de swing jazz27 anos e 216 días[26]
Jesse Belvin01960-02-06 6 de febreiro de 1960Accidente de automóbilCantante, pianista e compositor de R&B27 anos e 53 días[26][27][29]
Rudy Lewis01964-05-20 20 de maio de 1964SobredoseVocalista de The Drifters27 anos e 271 días[30]
Joe Henderson01964-10-24 24 de outubro de 1964Ataque ó corazónCantante de gospel e R&B27 anos e 183 días[32]
Malcolm Hale01968-10-31 31 de outubro de 1968Envelenamento (monóxido de carbono)Membro orixinal e guitarrista da banda Spanky and Our Gang27 anos e 166 días[26][29]
Dickie Pride01969-03-26 26 de marzo de 1969Sobredose (somníferos)Cantante de rock and roll27 anos e 156 días[33]
Jones, BrianBrian Jones01969-07-03 3 de xullo de 1969Afogamento[34] (o informe forense afirma que "a morte foi a causa dun infortunio")[35]Fundador dos Rolling Stones, guitarrista e multi-instrumentalista27 anos e 125 días[26][27][29][30][31][36]
Alexandra01969-07-31 31 de xullo de 1969Accidente de automóbilVocalista de schlager alemán27 anos e 73 días[37]
Alan "Blind Owl" Wilson01970-09-03 3 de setembro de 1970Sobredose (barbitúricos), posible suicidioLíder, cantante e principal compositor de Canned Heat27 anos e 61 días[26][27][29][30][31]
Hendrix, JimiJimi Hendrix01970-09-18 18 de setembro de 1970Asfixia no seu propio vómito (tralo consumo de barbitúricos)[38]Pioneiro da guitarra eléctrica, cantante e compositor de The Jimi Hendrix Experience e Band of Gypsys27 anos e 295 días[26][27][29][30][31][36]
Joplin, JanisJanis Joplin01970-10-04 4 de outubro de 1970Sobredose (probablemente heroína)[39]Vocalista e compositora de Big Brother and the Holding Company, Kozmic Blues Band e Full Tilt Boogie Band27 anos e 258 días[26][27][29][30][31][40]
Arlester "Dyke" Christian01971-03-13 13 de marzo de 1971AsasinadoLíder, vocalista e baixista de Dyke and the Blazers27 anos e 273 días[26]
Morrison, JimJim Morrison01971-07-03 3 de xullo de 1971Insuficiencia cardíaca[41]Cantante, letrista e líder de The Doors27 anos e 207 días[26][27][29][30][31][36]
Linda Jones01972-03-14 14 de marzo de 1972Complicacións derivadas da diabetesCantante de soul27 anos e 91 días[42]
Leslie Harvey01972-05-03 3 de maio de 1972ElectrocuciónGuitarrista de Stone the Crows27 anos e 233 días[27][29][31]
Ron "Pigpen" McKernan01973-03-08 8 de marzo de 1973Hemorraxia gastrointestinalMembro fundador, teclista e cantante de Grateful Dead27 anos e 181 días[26][27][29][30][31]
Roger Lee Durham01973-07-27 27 de xullo de 1973Feridas producidas ó caer dun cabaloCantante e percusionista de Bloodstone27 anos e 163 días[26][29]
Wallace "Wally" Yohn01974-08-12 12 de agosto de 1974Accidente de aviaciónOrganista de Chase27 anos e 212 días[26]
Dave Alexander01975-02-10 10 de febreiro de 1975Edema pulmonarBaixista de The Stooges27 anos e 252 días[26][27][29][30][31]
Pete Ham01975-04-24 24 de abril de 1975Suicidio por aforcamentoTeclista e guitarrista, líder de Badfinge27 anos e 362 días[26][27][29][30][31]
Thain, GaryGary Thain01975-12-08 8 de decembro de 1975Sobredose (heroína)Baixista de Uriah Heep e da Keef Hartley Band27 anos e 207 días[26][27][29][30]
Cecilia, Cecilia01976-08-02 2 de agosto de 1976Accidente de automóbilCantante27 anos e 296 días[43][44]
Helmut Köllen01977-05-03 3 de maio de 1977Envelenamento (monóxido de carbono)Baixista da banda de prog rock Triumvirat27 anos e 62 días[26][29]
Chris Bell01978-12-27 27 de decembro de 1978Accidente de automóbilCantante, compositor e guitarrista da banda de power pop Big Star, tamén como solista27 anos e 349 días[26][27][29]
Zenon De Fleur01979-03-17 17 de marzo de 1979Accidente de automóbil e complicacións médicas subsecuentesGuitarrista de The Count Bishops27 anos e 189 días[45][46]
Jacob Miller01980-03-23 23 de marzo de 1980Accidente de automóbilCantante de reggae de Inner Circle27 anos e 324 días[27][30]
Boon, D.D. Boon01985-12-22 22 de decembro de 1985Accidente de automóbilGuitarrista e cantante da banda de punk Minutemen27 anos e 266 días[26][27][29][31]
Alexander Bashlachev01988-02-17 17 de febreiro de 1988Caída dende as alturas, probable suicidioPoeta, músico de rock e compositor27 anos e 266 días[43]
Basquiat, Jean-MichelJean-Michel Basquiat01988-08-12 12 de agosto de 1988Sobredose (speedball)Pintor e artista do graffiti, formou a banda Gray27 anos e 234 días[29][30][31]
Pete de Freitas01989-06-14 14 de xuño de 1989Accidente de motocicletaBatería de Echo & the Bunnymen27 anos e 346 días[26][27][29][30]
Chris Austin01991-03-16 16 de marzo de 1991Accidente de aviaciónCantante de country e guitarrista/violinista de Reba McEntire27 anos e 20 días[47]
Joey Cigainero01991-03-16 16 de marzo de 1991Accidente de aviaciónTeclista de Reba McEntire27 anos e 169 días[47]
Dimitar Voev01992-09-05 5 de setembro de 1992CáncerFundador do grupo búlgaro Nova Generacia27 anos e 107 días[48]
Mia Zapata01993-07-07 7 de xullo de 1993AsasinadaCantante de The Gits27 anos e 316 días[26][27]
Cobain, KurtKurt Cobainc. 01994-04-05 5 de abril de 1994Suicidio dun disparo[49]Fundador, cantante, guitarrista e compositor de Nirvanac. 27 anos e 44 días[26][27][29][30][31][40]
Pfaff, KristenKristen Pfaff01994-06-16 16 de xuño de 1994Sobredose (heroína)Baixista de Hole e Janitor Joe27 anos e 21 días[26][27][29][30][31]
Richey Edwards01995-02-01 1 de febreiro de 1995Desaparecido, oficialmente dado por morto o 3 de novembro de 2008Letrista e guitarrista de Manic Street Preachers27 anos e 41 días[26][29][31]
Stretch01995-11-30 30 de novembro de 1995AsasinadoCantante de rap27 anos e 236 días[42][50]
Fat Pat01998-02-03 3 de febreiro de 1998AsasinadoCantante de rap e membro de Screwed Up Click27 anos e 61 días[26][27]
Freaky Tah01999-03-28 28 de marzo de 1999AsasinadoCantante de rap e membro do grupo de hip hop Lost Boyz27 anos e 318 días[26]
Kami01999-06-21 21 de xuño de 1999Hemorraxia subaracnoideBatería de Malice Mizer27 anos e 140 días[5]
Rodrigo "El potro"02000-06-24 24 de xuño de 2000Accidente de automóbilCantante de cuarteto27 anos e 31 días[43]
Sean Patrick McCabe02000-08-28 28 de agosto de 2000AsfixiaCantante de Ink & Dagger27 anos e 289 días[26][27][29]
Maria Serrano Serrano02001-11-24 24 de novembro de 2001Accidente de aviación (voo 3597 de Crossair)Segunda voz de Passion Fruit27 anos e 363 días[26]
Jeremy Michael Ward02003-05-25 25 de maio de 2003Sobredose (heroína)Control de son de The Mars Volta e De Facto27 anos e 20 días[26][27][29]
Brandis, JonathanJonathan Brandis02003-11-12 12 de novembro de 2003Suicidio por aforcamentoActor de cine e televisión27 anos e 213 días[51]
Bryan Ottoson02005-04-19 19 de abril de 2005Sobredose (medicación prescrita)Guitarrista de American Head Charge27 anos e 32 días[26][27][29]
Davor "Moskri" Bobić02005-08-25 25 de agosto de 2005SobredoseMembro fundador e cantante de Prti Bee Gee27 anos e 274 días[52]
Valentín Elizalde02006-11-26 26 de novembro de 2006AsasinadoCantante de banda mexicana27 anos e 297 días[26]
Winehouse, AmyAmy Winehouse02011-07-23 23 de xullo de 2011Intoxicación etílica[53]Cantante e compositora27 anos e 312 días[27][29][30][31][36]
Richard Turner02011-08-11 11 de agosto de 2011Paro cardíacoTrompetista, colaborador en Friendly Fires27 anos e 12 días[27][54]
Nicole Bogner02012-01-06 6 de xaneiro de 2012Enfermidade non desveladaCantante de Visions of Atlantis27 anos e 290 días[55]
Soroush "Looloosh" Farazmand02013-11-11 11 de novembro de 2013AsasinadoGuitarrista de The Yellow Dogs27 anos e 11 días[56][57]
Slađa Guduraš02014-12-10 10 de decembro de 2014Accidente de automóbilCantante de pop e actríz27 anos e 213 días[58]
Tomas Lowe02016-02-13 13 de febreiro de 2016Accidente de automóbilBaixista de Viola Beach27 anos e 70 días[59]
Thomas Fekete02016-05-31 31 de maio de 2016CáncerGuitarrista de Surfer Blood27 anos e 335 días[60]
Yelchin, AntonAnton Yelchin02016-06-19 19 de xuño de 2016Asfixia por contusión traumática accidental[61]Intérprete de Pavel Chekov no reboot cinematográfico Star Trek Beyond, guitarrista de The Hammerheads27 anos e 100 días[62]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos