Club de Rugby Les Abelles

O Club de Rugby Les Abelles é unha sociedade deportiva de afeccionados ao rugby da cidade de Valencia.

Les Abelles
NomeClub de Rugby Les Abelles
Alcume(s)Abejorros
Fundación1971
SedeValencia España España
Estadio(s)Campo Jorge Diego "Pantera" Quatre Carreres, Valencia
Capacidade500 espectadores espectadores
PresidenteEspaña Antonio Márquez (Oso)
AdestradorEspaña Guillermo Ahuir
Liga(s)División de Honra
2023-24
Casa
Fóra
Na rede
http://www.lesabelles.net/
Facebook: Les.Abelles.Rugby.Club Twitter: lesabellesrc Instagram: lesabellesrc Vimeo: user23346569 Editar o valor em Wikidata

Historia

O club foi fundado en 1971 por Noel Halangode, mestre do Colexio de Xesuítas de Valencia. Xogador durante un tempo do club londiniense London Wasps, tenta trasladar o nome e o espírito deste a un grupo de alumnos. Dende aquela encóntrase afiliado á Federación española de rugby e como club valenciano pertence á Federación Territorial da Comunidade Valenciana.

Con máis de trinta anos de historia, Les Abelles converteuse nun equipo de nome dentro do rugby español, debido aos diferentes títulos e galardóns obtidos. Na cidade de Valencia leva todo este tempo pelexando pola difusión e captación de practicantes deste deporte. Máis dun milleiro de persoas pasaron por este club, moitos deles foron elixidos para xogar tanto na Selección Valenciana coma na Selección Española.

Na tempada 1981-82 ascende por primeira vez á División de Honra. Logo de varios descensos, o equipo consegue volver á División de Honra B na tempada 1999-00, mais un novo descenso os relegaría novamente á terceira categoría do rugby español. Foi na tempada 2003-04 na que volveron á segunda categoría do rugby español, na que se mantiveron sempre entre os dous primeiros equipos do Grupo 2 ata o ascenso de novo á máxima categoría do rugby en España na tempada 2007-08, 25 anos despois do primeiro ascenso a esta categoría.

Despois de descender na tempada 2009-10 a División de Honra B, na tempada 2010-11 Les Abelles acadou a segunda posición na clasificación final do Grupo 2, por detrás do CRC Madrid. A continuación disputou fronte a Getxo RT unha eliminatoria de ascenso a División de Honra. O equipo valencián gañou o primeiro encontro xogado en Valencia por 15 a 13, pero no encontro de volta perdeu por 43 a 21, co cal seguirá competindo polo menos un ano mais na segunda categoría do rugby nacional.

Palmarés

Posicións do Club de Rugby Les Abelles en competicións nacionais dende a súa fundación
Categoría2012111009080706050403020100999897969594939291908988878685848382818079787776757473
Div.Honra1098x
Div.HonraB4212219
1ªNacional142113425869634238
Copa

A División de Honra B existe dende a tempada 1998-99. Anteriormente a Primeira Nacional era a 2ª División do rugby español.

Tempada actual

POSTOEQUIPOPUNTOSXOGGAÑEMPPER
1º.CUARTOS DE FINAL Fénix51100
2º.CUARTOS DE FINAL Les Abelles51100
3º.CUARTOS DE FINAL Valencia51100
4º.PERMANENCIA Babarians51100
5º.PERMANENCIA CAU Valencia41100
6º.PERMANENCIA L'Hospitalet11001
7º.PERMANENCIA Poble Nou11001
8º.PERMANENCIA Sant Cugat00000
9º.PERMANENCIA Santboiana B00000
10º.PERMANENCIA Tatami01001
11º.PROMOCIÓN BUC01001
12º.DESCENSO Montcada01001

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas