Club de Rugby Ciencias

O Club de Rugby Ciencias, Ciencias Rugby Sevilla é un club de rugby da cidade andaluza de Sevilla, que xoga na máxima categoría do rugby en España, a División de Honra.

Real Ciencias Rugby Club
NomeClub de Rugby Ciencias
Fundación1972
SedeSevilla, España España
Estadio(s)Estadio Olímpico de La Cartuja
Sevilla, España
Capacidade5000 espectadores espectadores
PresidenteRafael Montserrat
AdestradorJesús Romero
Liga(s)División de Honra
2023-24
Casa
Fóra
Na rede
http://www.rugbyciencias.com
Facebook: CIENCIASRUGBY Twitter: rugbyciencias Instagram: cienciasrugbysevilla Editar o valor em Wikidata

Nos últimos anos, grazas ao proceso de semiprofesionalización do equipo, acadou grandes éxitos no terreo deportivo, gañando o ascenso á División de Honra dende a División de Honra B e, conseguindo no seu primeiro ano na categoría o segundo posto nunha liga regular de dez equipos.

Na tempada 2008-09, o club mudouse por razóns alleas ao club dende o Estadio Olímpico de La Cartuja ao Campo de San Pablo.

Historia

O Club de Rugby Ciencias de Sevilla foi fundado en 1972 na Facultade de Ciencias (de aí o nome) da Universidade de Sevilla.

A etapa máis gloriosa deste club tivo lugar a principios dos anos '90. Entre 1992 e 1996, o club gañou os seus títulos máis importantes, dúas ligas de División de Honra, tres Copas do Rei e unha Copa Ibérica, na que gañou ao campión portugués, o Grupo Dramático Sportivo Cascais en 1995.

Tamén é destacable que numerosos xogadores formados, ou que pertenceron a este club foron internacionais por España en multitude de partidos, ao longo da súa historia.

Palmarés

Posicións do Club de Rugby Ciencias en competicións nacionais dende a súa fundación
Categoría201312111009080706050403020100999897969594939291908988878685848382818079787776757473
Div.Honra9863321069463752413193644xx
Div.HonraB113
1ªNacional13627322
Copa22111

A Primeira Nacional existe dende a tempada 1972-1973. A División de Honra B existe dende a tempada 1998-99. Antes de crearse a División de Honra B, a Primeira Nacional era a 2ª División do rugby español.

Títulos
Tempadas completadas na División de Honra

Tempada actual

POSTOEQUIPOPUNTOSXOGGAÑEMPPER
1º.CUARTOS DE FINAL Ciencias51100
2º.CUARTOS DE FINAL Industriales51100
3º.CUARTOS DE FINAL Liceo Francés51100
4º.PERMANENCIA Arquitectura51100
5º.PERMANENCIA Jaén51100
6º.PERMANENCIA Marbella51100
7º.PERMANENCIA Cisneros B11001
8º.PERMANENCIA Almería01001
9º.PERMANENCIA Alcobendas B01001
10º.PERMANENCIA Olímpico01001
11º.PROMOCIÓN CRC01001
12º.DESCENSO Cáceres01001

Véxase tamén

Ligazóns externas

Outros artigos