Club Deportivo Arquitectura

O Club Deportivo Arquitectura é un equipo madrileño de rugby, 9 veces campión da Liga Española de rugby e 6 veces gañador da Copa de España, fundado no ano 1970, e que durante a tempada 2010-2011 xogou en División de Honra B. O club é coñecido como La Escuela, e as cores do equipo son o branco e o vermello.

CD Arquitectura
NomeClub Deportivo Arquitectura
Alcume(s)La Escuela
Fundación1970
SedeMadrid, España España
Estadio(s)Campo de rugby Las Leonas, (Madrid)
PresidenteJavier Olaciregui
AdestradorJuan Pablo Tomás
Manuel Olivares
Liga(s)División de Honra B
2023-245º (Gr-C)
Casa
Fóra
Na rede
http://www.arquitectura-rugby.org

Historia

As orixes do club remóntanse á década dos anos 30, na Escola Superior de Arquitectura de Madrid. En 1931 xurdiu o primeiro equipo de rugby dos alumnos desta facultade, que se proclamou campión universitario naquel mesmo ano. Ata a fundación do club, foron 19 os títulos universitarios acadados polo equipo da Facultade de Arquitectura. 1963 foi o primeiro ano no cal o equipo se federou, nunha progresión de crecemento que levou á fundación do actual Club Deportivo Arquitectura en 1970.

Na tempada 1971/72, o equipo logrou o ascenso para competir na División de Honra, da cal non descendería ata a tempada 1997/98, acadando polo camiño 9 títulos de liga, nos anos 1974, 1975, 1977, 1981, 1982, 1986, 1988, 1990 e 1995. Tamén foi subcampión 4 veces, nos anos 1973, 1976, 1978 e 1987. Ningún outro equipo en España ten mais títulos de liga que o CD Arquitectura.

Tralo descenso, CD Arquitectura volveu a xogar na máxima categoría durante as tempadas 1999/2000 e 2004/2005, quedando na última posición ámbalas dúas veces, co resultado do descenso a División de Honra B.

En total o CD Arquitectura disputou 29 tempadas na División de Honra do rugby español, dato no cal só é superado por UE Santboiana con 42 e por CRC Madrid con 31.

Na tempada 2010-11 o equipo rematou a tempada 7º na clasificación final do Grupo 2 da División de Honra B polo que tivo que defender a súa praza na categoría nunha eliminatoria fronte a un equipo da Primeira Nacional, o Eibar RT, sendo o resultado final a prol do CD Arquitectura, que na tempada 2011-12 competirá de novo na División de Honra B.

Palmarés

Posicións do Club Deportivo Arquitectura en competicións nacionais dende a súa fundación
Categoría20121110090807060504030201009998979695949392919089888786858483828180797877767574737271
Div.Honra10101136156441312137411xx2121126
Div.HonraB77825671
1ªNacional1622
Copa2111211212

A Primeira Nacional existe dende a tempada 1972-1973. A División de Honra B existe dende a tempada 1998-99. Antes de crearse a División de Honra B, a Primeira Nacional era a 2ª División do rugby español.

Tempadas completadas na División de Honra

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas