Club Alcobendas Rugby

O Club Deportivo Básico Alcobendas Rugby é unha asociación adicada ó deporte do rugby, fundada en 2003 na cidade de Alcobendas trala desaparición do M.A.R.U., e que compite co seu primeiro equipo na División de Honra de Rugby.

Alcobendas Rugby
NomeClub Deportivo Básico
Alcobendas Rugby
Alcume(s)ARU
Fundación1972, refundado en 2003
SedeAlcobendas, España
Estadio(s)Las Terrazas
Capacidade200 persoas sentadas espectadores
PresidenteIgnacio Ardila
AdestradorJosé Ignacio Inchausti
Liga(s)División de Honra
2017-183º / Semifinais
Casa
Fóra
Na rede
http://www.alcobendasrugby.com/

Historia

O club ten as súas orixes no Teca Rugby Club, nado en 1972, e que foi renomeado como Alcobendas Rugby Club en 1990 cando o Teca se fusiona co Club España Urogallos que fora fundado en 1979. O club foi renomeado de novo como La Moraleja-Alcobendas Rugby Union en 1999 cando o Alcobendas RC se fusionou co seu tradicional rival, o La Moraleja RC, nado como Club Deportivo Acantos en 1990. En 2003 o La Moraleja-Alcobendas Rugby Union quebrou economicamente, e uns seguidores decidiron fundar o actual club co nome de Club Alcobendas Rugby, e mercar os dereitos deportivos do equipo finado, dándolle así continuidade de facto á anterior estrutura.

Os éxitos deportivos mais salientables do club foron o título nacional de Liga que conquistou na tempada 2001/02 e a Copa que acadou na tempada 2018/19.

Palmarés

Posicións do club en competicións nacionais dende a súa fundación
Categoría2018171615141312111009080706050403020100999897969594939291908988878685848382818079787776757473
Div.Honra336108998721512xx
Div.HonraB1111211
1ªNacional145324439732223
Copa2

A Primeira Nacional existe dende a tempada 1972-1973. A División de Honra B existe dende a tempada 1998-99. Antes de crearse a División de Honra B, a Primeira Nacional era a 2ª División do rugby español.

De seguido figura o palmarés oficial do primeiro equipo sénior masculino do club en competicións oficiais ó longo da súa historia, baixo as varias denominacións coas que ten competido:

Trofeos de liga e copa.

Tempada actual

POSTOEQUIPOPUNTOSXOGGAÑEMPPER
1º.SEMIFINAIS El Salvador92221822
2º.SEMIFINAIS VRAC89221813
3º.CUARTOS FINAL Alcobendas78221615
4º.CUARTOS FINAL Ordizia63221228
5º.CUARTOS FINAL Aparejadores592211011
6º.CUARTOS FINAL Barcelona572211110
7º.PERMANENCIA Santboiana572210111
8º.PERMANENCIA Independiente43227114
9º.PERMANENCIA Hernani41227015
10º.PERMANENCIA Cisneros39225116
11º.PROMOCIÓN La Vila38226016
12º.DESCENSO Gernika36225215

Eliminatorias

Cuartos de finalSemifinaisFinal
 5 de maio, Altamira (Ordizia)   11 de maio, Pepe Rojo (Valladolid)    25 de maio, Pepe Rojo (Valladolid)
 [1º] - El Salvador 39
 [4º] - Ordizia 38
 [4º] - Ordizia 26 
 [5º] - Aparejadores 31 
 12 de maio, Pepe Rojo (Valladolid)  [1º] - El Salvador 27
 5 de maio, Las Terrazas (Alcobendas)
  [2º] - VRAC 39
 [3º] - Alcobendas 34
 [3º] - Alcobendas 12 
 [6º] - Barcelona 20 
 [2º] - VRAC 33 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas