Clint Capela

baloncestista suizo

Clint N'Dumba-Capela, nado o 18 de maio de 1994 en Xenebra, é un xogador suízo de baloncesto profesional que xoga nos Atlanta Hawks da National Basketball Association (NBA).

Clint Capela
Atlanta Hawks – No. 15
PosiciónPivote
LigaNBA
Información persoal
Nacemento18 de maio de 1994 (30 anos)
Xenebra
NacionalidadeSuíza Suíza
Altura2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial109 kg (240 lb)
Información da carreira
InstitutoINSEP (París, Francia)
NBA Draft2014 / Rolda: 1 / Elección: 25
Por Houston Rockets
Carreiradende 2012
Historial de equipos
Élan Chalon (2012–2014)
Houston Rockets (2014–2020)
→ Rio Grande Valley Vipers (2014–2015)
Atlanta Hawks (2020–presente)
Información en nba.com

Traxectoria profesional

Francia

Capela chegou a Chalon en 2009, e en 2012 uniuse ó equipo profesional do Élan Chalon da LNB Pro A. En maio de 2014, foi elixido mellor xogador novo e xogador con maior progresión da tempada 2013-14 da LNB Pro A.[1]

NBA

O 26 de xuño de 2014, Capela foi seleccionado na 25ª posición do Draft da NBA de 2014 polos Houston Rockets.[2][3] O 25 de xullo de 2014, asinou cos Rockets.[4] Durante a súa tempada de rookie, foi asignado en varias ocasións ós Rio Grande Valley Vipers da NBA Development League.[5]

O 5 de febreiro de 2020, os Rockets traspasaron a Capela e a Nenê ós Atlanta Hawks e recibiron a Robert Covington e Jordan Bell nun traspaso entre catro equipos.[6]

Estatísticas

*Líder na liga

Tempada regular

TempadaEquipoPXMIN%TC%3P%TLREBASISROUBTAPPTS
2014–15Houston127.5.483.1743.00.20.10.82.7
2015–16Houston7719.1.582.000.3796.40.60.81.27.0
2016–17Houston5723.6.643.5318.11.00.51.212.6
2017–18Houston7427.5.652*.000.56010.80.90.81.913.9
2018–19Houston6733.6.648.63612.71.40.71.516.6
2019–20Houston3932.8.629.52913.81.20.81.813.9
Total33426.0.634.000.5269.71.00.71.512.2

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas