Claude Makélélé

futbolista francés

Claude Makélelé Sinda, nado o 18 de febreiro de 1973 en Kinshasa, é un exfutbolista congolés, nacionalizado francés. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección francesa.

Infotaula de personaClaude Makélélé

(2012) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Claude Makélélé Sinda Editar o valor em Wikidata
18 de febreiro de 1973 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
Kinshasa, República Democrática do Congo Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia (1992–)
República Democrática do Congo Editar o valor em Wikidata
Altura174 cm Editar o valor em Wikidata
Peso65 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista , adestrador de fútbol Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaFrancia Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
LigaPremier League Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoCentrocampista defensivo Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
 Equipoenllaç=enllaç=
1990-1991 Stade Brestois 29 12(3)
1991-1997 FC Nantes 169(9)
1997-1998 Olympique de Marsella 32(2)
1998-2000 Real Club Celta de Vigo 70(3)
2000-2003 Real Madrid Club de Fútbol 94(0)
2003-2008 Chelsea F.C. 144(2)
2008-2011 Paris Saint-Germain 98(1) Editar o valor em Wikidata
 Selección nacionalenllaç=enllaç=
1995-1996   Francia sub-21 11(1)
1995-2008   Francia 71(0) Editar o valor em Wikidata
 Adestradorenllaç=enllaç=
2014-2014 Sporting Club de Bastia
2017-2019 KAS Eupen Editar o valor em Wikidata
Participou en
1996Xogos Olímpicos de 1996 Editar o valor em Wikidata

Twitter: ClaudeMakelele Instagram: makeleleofficial Discogs: 2019948 FIFA: 181293 UEFA: 22485 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Naceu na República Democrática do Congo e transferiuse coa súa familia aos suburbios de París en 1977 á idade de 4 anos. O seu pai xogou na selección nacional do seu país e no campionato de fútbol belga.

Á idade de 16 anos trasladouse a Brest a unha escola de fútbol, de onde foi recrutado en 1992 polo Nantes, permanecendo alí ata 1997. Co equipo francés conquistou o título nacional en 1995, empezou a xogar na selección nacional e en 1997 pasou ó Olympique de Marsella (1997–98) onde quedou só unha tempada.

Logo foi transferido ó club galego Celta de Vigo, onde estivo dúas tempadas, fichando en 2000 polo Real Madrid, co que gañou dúas veces a Liga, unha Copa de Europa, unha Supercopa Española, unha Supercopa Europea e unha Copa Intercontinental.

En 2003 pasou ao Chelsea FC dirixido polo técnico Claudio Ranieri por unha cifra próxima ós 17 millóns de libras esterlinas. Co club inglés gañou a Premier League e a League Cup no 2005, repetindo o logro no campionato 2006.

Desde principios do 2004 ten unha relación coa modelo francesa Noémie Lenoir coa que tivo un fillo en febreiro de 2005 chamado Kelyan.

En agosto de 2007 Makélélé renovou o seu contrato co Chelsea. O novo contrato uniu ao centrocampista francés co club londiniense ata finais de xuño de 2009.

Selección nacional

Coa Selección de fútbol de Francia xogou máis de 50 partidos, formando parte dela nos Xogos Olímpicos de Atlanta 1996 e nos mundiais de fútbol Corea-Xapón 2002 e Alemaña '06.

Participacións en Copas do Mundo

MundialSedeResultado
Copa Mundial de Fútbol de 2002Corea do Sur e o XapónPrimeira fase
Copa Mundial de Fútbol de 2006AlemañaSubcampión

Palmarés

Campionatos nacionais

TítuloClubPaísAno
Ligue 1NantesFrancia1995
A LigaReal MadridEspaña2001
Supercopa españolaReal MadridEspaña2001
A LigaReal MadridEspaña2003
Supercopa de EspañaReal MadridEspaña2003
FA Premier LeagueChelseaInglaterra2005
Community ShieldChelseaInglaterra2005
Football League CupChelseaInglaterra2005
FA Premier LeagueChelseaInglaterra2006
Football League CupChelseaInglaterra2007

Copas internacionais

TítuloClubPaísAno
Copa Intertoto da UEFACelta de VigoEspaña2000
Liga de Campións da UEFAReal MadridEscocia2002
Supercopa de EuropaReal MadridMónaco2002
Copa IntercontinentalReal MadridXapón2002

(*) Incluíndo a Selección

Véxase tamén

Ligazóns externas