Clan Mackintosh

Clan MackIntosh
Emblema
Lema: Touch Not The Cat Bot A Glove ("Non toques o gato sen unha luva") e Loch Moigh
Berro de guerra: Loch Moigh
Perfil
RexiónHighlands
DistritoInverness
Planta emblemaVaccinium vitis-idaea ou buxo común
Nome gaélicoMac-an-tòisich
Xefe
John Lachlan Mackintosh of Mackintosh
Título gaélicoAn t-Ailpeanach
AsentamentoMoy Hall
Asentamento históricoCastelo Lochnaw

O Clan Mackintosh (en escocés: Clann Mhic an Tòisich) é un clan escocés de Inverness, Highlands.[1] Os xefes do Clan Mackintosh son tamén xefes da Confederación Chattan, unha histórica confederación de clans.[1]

Historia

Tartán Makyntosche, segundo o publicado en 1842 no Vestiarium Scoticum.

Orixe do clan

A verba gaélico escocés toisech significa líder e tamén pode traducirse como xefe.[1] Os seanachies do Clan Mackintosh din que o primeiro xefe do clan foi Shaw, segundo fillo de Duncan MacDuff, Conde de Fife da casa real dos Dál Riata.[1] En 1160, Shaw MacDuff acompañou a Malcolm IV de Escocia nunha expedición para sufocar a rebelión de Morayshire.[1] Arredor de 1163, converteuse no dono do Castelo de Inverness e conseguiu as terras do val de Findhorn.[1] En 1179, Shaw MacDuff foi sucedido polo seu fillo, tamén chamado Shaw e foi confirmado no seu patrimonio por Guillerme I de Escocia.[1][2]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos