Civeta africana

A civeta africana (Civettictis civetta) é unha especie de mamífero do xénero Viverridae. Teñen un peso medio de entre 11 e 15 kg e unha lonxitude de 100 a 130 cm entre o fociño e o rabo, trátase dun animal robusto de corpo longo e patas relativamente curtas, porén os seus membros posteriores son máis longos e potentes, o pescozo é curto e amplo, o fociño agudo, as orellas pequenas e redondeadas, os ollos pequenos e o rabo longo. Habita a África subhariana agás a maior parte de Somalia, Namibia, Botswana e Suráfrica, é un animal omnívoro e solitario, e coñecido tamén por producir almiscre.

Civeta africana

Civeta africana
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Clase:Mammalia
Orde:Carnivora
Familia:Viverridae
Subfamilia:Viverrinae
Xénero:Civettictis
Especie:C. civetta
Nome binomial
'Civettictis civetta'
(Schreber, 1776)

Subspecies
C.c.civetta
C.c.australis
C.c.congica
C.c.pauli
C.c.schwarzi
C.c.volkmanni