Circuíto de Dijon-Prenois

Circuíto de Dijon-Prenois
Plano do Circuíto
Esquema do circuíto; o trazado curto móstrase en gris
Datos
Carreiras
Localización Francia Dijon, Francia
Lonxitude3,801 km
Curvas8
Volta rápida (1984)1:05.257
Piloto récordAlain Prost
Escudería récordMcLaren
Coordenadas4°53′59″L / 47.36199, 4.89962
Vista do Circuíto
Vista

O Circuíto de Dijon-Prenois é un autódromo situado preto de Dijon, Francia. O Gran Premio de Francia de Fórmula 1 disputouse neste circuíto nas tempadas 1974, 1977, 1979, 1981 e 1984; tamén albergou ao Gran Premio de Suíza de 1982. A Scuderia Ferrari non logrou vencer en ningunha das seis carreiras.

O trazado orixinal de 3.289 metros foi inaugurado o 26 de maio de 1972. Debido a que os baixos tempos de volta no Gran Premio de Francia de 1974 causaban conxestións entre os atrasados e os punteiros, agregouse unha extensión no ano 1975 para alcanzar os 3.801 metros finais.

A vitoria de Jean-Pierre Jabouille no Gran Premio de Francia de 1979 ao volante dun Renault F1 supuxo a primeira vitoria dun motor sobrealimentado e a primeira dese equipo. Ademais, logrouna un piloto francés cun automóbil francés, pneumáticos franceses (Michelin) e combustible francés (Elf Aquitaine). Nesa mesma carreira, o canadense Gilles Villeneuve e o francés René Arnoux disputaron ferozmente a segunda posición durante varias voltas.

Na actualidade, Dijon-Prenois alberga datas de campionatos franceses de gran turismos, motociclismo e Fórmula 3, así como carreiras de automóbiles históricos.

Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Dijon-Prenois

AnoPilotoAutoDuraciónLonxitudeVoltasVelocidade mediaDataGP de
1974 Ronnie PetersonLotus-Ford1:21:55,020 h3´289 km80192´722 km/h7 de xullo Francia
1977 Mario AndrettiLotus-Ford1:39:40,130 h3´800 km80183´006 km/h3 de xullo
1979 Jean-Pierre JabouilleRenault1:35:20,420 h3´800 km80191´315 km/h1 de xullo
1981 Alain ProstRenault1:35:48,130 h3´800 km80190´392 km/h5 de xullo
1982 Keke RosbergWilliams-Ford1:32:41,087 h3´800 km80196´796 km/h29 de agosto Suíza
1984 Niki LaudaMcLaren-TAG-Porsche1:31:11,951 h3´887 km79202´024 km/h20 de maio Francia

Véxase tamén

Ligazóns externas