Cidade do Cabo

Cidade do Cabo[1][2][3] (en inglés: Cape Town; en afrikaans: Kaapstad; e en xosa: iKapa), tamén coñecida en galego como Capetón,[1] adaptación fonética do topónimo inglés realizada polos mariñeiros galegos que pescaban nesas augas, é a cidade máis vella de Suráfrica e a segunda máis poboada despois de Xohanesburgo, con 4 710 000 hab. (2021). A cidade é a capital da provincia do Cabo Occidental, así como a capital lexislativa de Suráfrica (dende 1910), e polo tanto acolle o Parlamento de Suráfrica e outras sedes gobernamentais.[4]

Modelo:Xeografía políticaCidade do Cabo
Cape Town (en)
Kaapstad (af)
iKapa (xh)
Motse Kapa (st) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Nomeado en referencia aCabo de Boa Esperanza Editar o valor em Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 33°55′31″S 18°25′26″L / -33.9253, 18.423918°25′26″L / -33.9253, 18.4239
EstadoSuráfrica
Província da África (pt) TraducirCabo Occidental
Municípios metropolitanos da África (pt) TraducirMunicípio metropolitano da Cidade do Cabo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación3.776.313 (2021) Editar o valor em Wikidata (1.538,39 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie2.454,72 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porBaía da Mesa (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude5 m Editar o valor em Wikidata
Creación1652 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataGeordin Hill-Lewis (en) Traducir (2021–) Editar o valor em Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal8001 e 8000 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico45 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webcapetown.gov.za Editar o valor em Wikidata
BNE: XX4683322

A cidade é coñecida polo seu porto, a súa contorna Patrimonio da Humanidade coñecida como as Áreas protexidas da Rexión Floral do Cabo, e por fitos como a Montaña da Mesa e o Cabo Point. En 2014, Cidade do Cabo foi considerada como o mellor lugar do mundo para visitar polo xornal The New York Times[5] e tamén polo The Daily Telegraph en 2016.[6]

Historia

Artigo principal: Historia de Cidade do Cabo.
Cabo de Boa Esperanza.

Os restos máis antigos da presenza humana na rexión atópanse na Cova Peers, e teñen uns 12.000 anos. Non existe documentación sobre os pobos que habitaron a zona até que o navegante portugués Bartolomeu Dias mencionou a rexión en 1486. Vasco da Gama tamén rexistrou o avistamento do Cabo de Boa Esperanza en 1497.

Os san e os khoisas eran os poboadores da zona do Cabo da Boa Esperanza cando a actual cidade foi fundada polo comerciante holandés Jan van Riebeeck o 6 de abril de 1652. A misión era que servise como un centro de fornecemento a medio camiño da viaxe ás Indias, ao servizo da Compañía Holandesa das Indias Orientais.

En 1688 uníronse aos holandeses 150 hugonotes franceses fuxidos de Francia e algo máis tarde chegaron algúns soldados alemáns ata chegar a arredor de 1000 brancos. E xa que os indíxenas rexeitaban traballar para os holandeses, estes importaron traballadores escravos de Madagascar, India, Malaisia e Indonesia, ao seren poucas as mulleres europeas, os holandeses empregaban as mulleres asiáticas como escravas sexuais, co tempo os escravos uníronse cos khoisas, dando orixe á actual poboación de Colorados do Cabo, ao tempo que os malaios do Cabo tamén chegaron ata hoxe. Os ingleses ocuparon a cidade no 1795, nese momento a poboación branca era uns 21.000 persoas con 25.000 escravos.

Despois dun breve período de dominio holandés entre 1803 e 1806, e pasou oficialmente á coroa o 13 de agosto de 1814 tornouse a capital da colonia británica do Cabo. En 1820 chegaron 5.000 colonos británicos. O descubrimento de ouro e diamantes na área de Highveld entre 1870 e 1880 implicou que a cidade deixara de ser a maior do país, pero como o principal porto do país, converteu a cidade no principal destino dos beneficios do mineral, industrializándoa.

A peste de 1901 serviu de escusa para a política de segregación racial, trasladando aos africanos a dúas localidades da periferia, agravándose a situación coa implantación do apartheid en 1948.

Clima

Cidade do Cabo ten un clima mediterráneo cálido (Csb segundo a clasificación climática de Köppen),[7][8][9]con invernos suaves e moderadamente chuviosos e invernos quentes e secos. O inverno, que dura dende comezos de xuño até finais de agosto, pode ter grandes frontes frías que entran dende o océano Atlántico con precipitacións abondosas e ventos forte do noroeste. Os meses de inverno na cidade teñen unha temperatura media máxima de 18 °C e unha mínima de 8,5 °C[10]A precipitación total anual da cidade é duns 515 mm, aínda que nos barrios do sur, preto das montañas, a chuvia pode ser significativamente maior e achegarse aos 1000 mm. O verán, que dura dende decembro até marzo, é cálido e seco cunha temperatura media máxina de 26 °C e cunha mínima de 16 °C. A rexión pode chegar a ter unha calor abafante cando o "vento da montaña" sopra dende o interior. A primavera e o verán xeralmente reciben ventos fortes do sueste que elimina a contaminación do aire da cidade. Este vento está causado por un sistema de altas presións moi persistente sobre o Alántico sur até o oeste da cidade. Cidade do Cabo ten unhas 3 100 horas de sol anuais.[11]

A temperatura da auga pode variar moito, entre os 10 °C no litoral atlántico e os 22 °C na baía Falsa. A diferenza doutras partes do país, a cidade non ten moitas tormentas, e a maioría das que se producen, ocorren entre outubro a decembro e de marzo a abril.

Datos climáticos para Cidade do Cabo (1961–1990)
MesXanFebMarAbrMaiXuñXulAgoSetOutNovDecAnual
Temperatura máxima en °C45,238,343,038,633,529,829,032,033,137,239,941,445,2
Media mensual máxima en °C33,634,133,231,729,126,325,126,928,331,031,632,534,1
Media máxima en °C26,126,525,423,020,318,117,517,819,221,323,524,921,97
Media diaria en °C20,420,419,216,914,412,511,912,413,715,617,919,516,23
Media mínima en °C15,715,614,211,99,47,87,07,58,710,613,214,911,38
Media mensual mínima en °C10,39,97,65,72,81,31,01,32,34,47,09,51
Temperatura mínima en °C7,46,44,62,40,9−1,2−1,3−0,40,21,03,96,2−1,3
Precipitación media mm151720416993827740301417515
Media de días con precipitacións (≥ 0.1 mm)5,54,64,88,311,413,311,813,710,48,74,96,3103,7
Humidade relativa media (%)71727478818181807774717175,9
Media de horas de sol mensuais337,9297,4292,9233,5205,3175,4193,1212,1224,7277,7309,8334,23 094
Fonte: Organización Meteorolóxica Mundial,[10] NOAA,[11] Servizo Meteorolóxico de Suráfrica,[12] eNCA[13]

Demografía

Na imaxe da esquerda represéntase a densidade de poboación, superior nas zonas escuras. Na imaxe da dereita amósase a predominancia de idiomas. En verde o afrikaans, en amarelo o inglés, e en vermello o xosa (datos de 2011).
Gráfica de evolución demográfica de Cidade do Cabo entre 1658 e 2021
Os datos dos censos de 1996–2011 amosan a poboación da área metropolitana da gran Cidade do Cabo tralas reformas de 1994. Fontes: Censos de 1658–1904[14] 1936,[15] 1950–1990,[16] 1996,[17] 2001 e 2011;[18]2007.[19] Estimación do censo de 2021.[20]

Segundo datos do Censo Nacional de Suráfrica de 2011, a poboación de Cidade do Cabo era de 3 740 026 persoas (incluíndo toda a área metropolitana). Isto representa un aumento dun 2,6% ao comparalo co censo de 2001, no que se contabilizaron 2 892 243 habitantes.[21] No censo tamén houbo unha pregunta referida á lingua materna, sendo o 35,7% falantes de afrikaans, o 29,8% de xosa e o 28,4% de inglés. O 24,8% da poboación atopábase na franxa de idade por debaixo dos 15 anos e tan só o 5,5% tiña 65 anos ou máis.[21] Por cada 96 homes había 100 mulleres.[21]

Na enquisa comunitaria de Cidade do Cabo levaba a cabo en 2016, extraeuse que había 4 004 793 habitantes na zona metropolitana de Cidade do Cabo, dos cales o 42,6% se identificaron como negros africanos, o 39,9% como mestizos ("coloured"), o 16,5% como brancos e o 1,1% como asiáticos.[22]

Relixión

Na enquisa xeral de fogares de 2015, o 82,3% dos participantes se identificou como cristián, o 8% como musulmán, o 3,8% como practicante dalgunha relixión tradicional africana e o 3,1% como "nada en particular".[23]

Lugares de interese

A cidade dominada pola Montaña de Mesa.
  • Cabo de Boa Esperanza. Localizado ó sur da cidade, é un espazo natural protexido, cunha gran riqueza de flora. Este cabo é o que lle dá o nome á cidade. Durante séculos foi considerado o límite entre os océanos Atlántico e Índico.
  • Montaña da Mesa (Table Mountain). A cidade está dominada por esta montaña, cuxo punto máis alto é unha meseta de 3 quilómetros de anchura. A montaña posúe unha flora e fauna autóctonas polas que foi declarada Parque Nacional e Patrimonio da Humanidade. O turismo acode á montaña por estrada ou teleférico por mor das súas famosas vistas da cidade. En novembro de 2011 a Montaña de Mesa foi declarada unha das sete marabillas naturais do mundo.
  • Victoria & Alfred Waterfront. É o corazón histórico do primitivo porto comercial da cidade, que actualmente acolle museos, centros comerciais, un acuario e a terminal marítima na que se collen os barcos que levan á illa Robben. Está considerado o punto turístico con máis visitas de toda Suráfrica.
  • Illa Robben. Nesta illa houbo unha prisión dende o século XVII. Nela cumpriron cadea moitos opositores ó réxime do apartheid durante a segunda metade do século XX. Nelson Mandela pasou alí 36 anos antes de ser posto en liberdade. En 1999 foi declarada Patrimonio da Humanidade.
  • As praias. As 26 praias que rodean Cidade do Cabo son un destino turístico de primeira orde por mor do clima soleado e a fermosura natural da zona.
Parlamento de Suráfrica.
  • Parlamento de Suráfrica. Acolle dende 1910 a Asemblea Nacional (cámara baixa) e o Consello Nacional de Provincias (cámara alta), malia que a sede do goberno surafricano está na cidade de Pretoria.
  • Grand Parade. É unha gran praza pública situada no centro da zona histórica da cidade. Nela atópanse edificios como a Casa do Concello de Cidade do Cabo, construído en 1905, ou o Castelo de Boa Esperanza, monumento nacional do século XVII.
  • Cabeza de León (Lion's Head). É unha montaña de 669 metros de altitude situada preto do centro histórico da cidade. Ó seu carón atópase a Signal Hill, un outeiro de 350 metros de altitude no que se atopa o Observatorio Astronómico de Suráfrica.
  • Catedral de San Xurxo. Trátase dun templo anglicano, sede do Arcebispado de Cidade do Cabo. A súa construción comezou en 1901, e considérase o edificio relixioso máis salientable da cidade.
  • Galería Nacional de Suráfrica. É un museo de arte situado no centro histórico da cidade, que acolle esculturas e pinturas correspondentes ós séculos XVII, XVIII e XIX, malia que tamén organiza mostras de arte contemporánea.
Vista panorámica dende a Table Mountain. Á esquerda atópase a Lion's Head. Ó seu carón, no centro da imaxe, a Signal Hill. Na parte alta da imaxe vese a Robben Island. Na parte dereita pódese ver o comezo da zona histórica de Cidade do Cabo, co V&A Waterfront. Nesta imaxe tamén aparece o Cape Town Stadium.


Educación

Campus da Universidade de Cidade do Cabo.

A educación pública primaria e secundaria de Cidade do Cabo está dirixida polo Departamento de Educación do Cabo Occidental (o Western Cape Education Department). Este departamento provincial divídese en 7 distritos.

O sistema público de universidades que ten Cidade do Cabo é moi prestixioso. A cidade ten 3 universidades públicas: a Universidade de Cidade do Cabo (University of Cape Town) creada en 1829, a Universidade do Cabo Occidental (University of the Western Cape) creada en 1959, e a Universidade Tecnolóxica da Península do Cabo (Cape Peninsula University of Technology) creada en 2005 como resultado da fusión de dúas universidades tecnolóxicas máis antigas. Outro centro académico de prestixio é a Universidade de Stellenbosch (Stellenbosch University), situada a uns 50 quilómetros do centro da cidade, que foi creada en 1866.

Tanto a Universidade de Cidade do Cabo como a Universidade de Stellenbosch teñen sona de ser os centros académicos líderes no sistema universitario de Suráfrica.

Deportes

Rugby

Newlands Stadium.

O equipo de rugby Western Province é o máis laureado do campionato de liga surafricano, a Currie Cup, con 32 títulos dende 1889. Os mesmos xogadores deste equipo compiten baixo a denominación Stormers na máxima competición de rugby do Hemisferio Sur, o Super Rugby, fronte a outros equipos surafricanos, australianos e neozelandeses. Ámbolos dous conxuntos disputan os seus encontros no Newlands Stadium, alcumado a casa do rugby surafricano. Este estadio ten capacidade para acoller 50.900 seareiros, e acolle regularmente encontros da selección surafricana de rugby, alcumada os Springbok.

EquipoFundaciónCompeticiónEstadioCapacidade
Western Province1883Currie CupNewlands Stadium50.900
Stormers1997Super RugbyNewlands Stadium50.900

Fútbol

No tocante ó fútbol, os dous equipos máis salientables da cidade son o Santos Football Club e o Ajax Cape Town, ámbolos dous equipos habituais na máxima categoría da Premier Soccer League. O Santos FC chegou a gañar a liga surafricana na tempada 2001-02, mentres que o Ajax CT foi subcampión de liga nas tempadas 2003-04, 2007-08 e 2010-11.

EquipoFundaciónCompeticiónEstadioCapacidade
Ajax Cape Town1999Premier Soccer LeagueCape Town Stadium55.000
Santos Football Club1982Premier Soccer LeagueAthlone Stadium30.000

Galería

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas