Christian Pulisic

futbolista estadounidense

Christian Mate Pulisic, nado o 18 de setembro de 1998 en Hershey, Pensilvania, é un futbolista estadounidense que xoga como mediapunta ou extremo para o Chelsea FC da Premier League inglesa.

Christian Pulisic
Información persoal
NomeChristian Mate Pulisic
Nacemento18 de setembro de 1998 (25 anos)
Lugar de nacementoHershey
Altura1,73 m.
PosiciónMediapunta / Extremo
Información de club
Club actualChelsea
Número22
Carreira xuvenil
2005–2006Brackley Town
2006–2007Michigan Rush
2008–2015PA Classics
2015–2016Borussia Dortmund
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
2016–2019Borussia Dortmund81(10)
2019–Chelsea15(5)
2019Borussia Dortmund (cedido)9(3)
Selección nacional
2012–2013Estados Unidos sub-1528(21)
2013–2015Estados Unidos sub-1734(28)
2016–Estados Unidos34(14)
Na rede
IMDB: nm9517201 Facebook: cmpulisic Twitter: cpulisic_10 Instagram: cmpulisic TikTok: christianmpulisic FIFA: 390267 UEFA: 250096698 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 26 de decembro de 2019.
Selección: actualizado a 16 de outubro de 2019.editar datos en Wikidata ]

Biografía

Pulisic creceu en Hershey, Pensilvania. O seu pai, Mark Pulisic, xogou fútbol sala profesional para o Harrisburg Heat nos anos 1990. Pulisic creceu xogando para o equipo xuvenil PA Classics, do mesmo xeito que adestrando en ocasións co equipo profesional local dos Harrisburg City Islanders na súa adolescencia. Alí pescoulle o Borussia Dortmund, con só 16 anos de idade. Antes estivo en Detroit, onde o seu pai foi manager xeral dos Detroit Ignition. Curiosamente, á idade de sete anos, viviu en Inglaterra e durante unha tempada xogou nos equipos infantís do Brackley Town Football Club.

Traxectoria

Borussia Dortmund

Tempada 2015-16

Pulisic fichou co Borussia Dortmund alemán o 4 de xaneiro de 2015 aos seus 16 anos, e o equipo asignouno de inmediato ao seu equipo xuvenil sub-19. Logo de anotar 10 goles e entregar 8 asistencias en tan só 15 partidos cos equipos xuvenís do club, Pulisic foi incorporado ao primeiro equipo durante o inverno a finais de 2015.[1][2] Anotou un gol e asistiu noutro en dous partidos de preparación para a segunda parte da tempada 2015-16.[3] Fixo o seu debut profesional na 1. Bundesliga poucos días despois, ingresando no segundo tempo nunha partida fronte ao FC Ingolstadt 04 o 30 de xaneiro de 2016, en substitución de Adrián Ramos.[4] Semanas máis tarde faría o seu debut como titular na Bundesliga na vitoria 1-0 do Dortmund sobre o Bayer Leverkusen nun partido da 1. Bundesliga.[5][6] Anotou o seu primeiro gol como profesional o 17 de abril de 2016 na vitoria 3-0 sobre o Hamburgo SV pola 1. Bundesliga.[7] Tras a súa boa actuación nese partido, Pulisic foi incluído no equipo estelar da semana 30 da 1. Bundesliga.[8]

Tempada 2016-17

Pulisic iniciou a tempada 2016/17 anotando un gol nun partido ante o Manchester City a finais de xullo de 2016.[9]

Selección nacional

Seleccións inferiores

Pulisic representou aos Estados Unidos nas categorías sub-15 e sub-17. Pulisic foi o capitán da selección sub-17 na Copa Mundial de Fútbol Sub-17 de 2015 en Chile, onde anotou un gol e obtivo unha asistencia en tres partidos.[10] En total, Pulisic anotou 20 goles en 34 partidos nesta categoría.

Selección absoluta

En marzo de 2016, o Borussia Dortmund anunciou que Pulisic fora convocado por primeira vez á selección maior dos Estados Unidos con miras a dous partidos de eliminatorias para a Copa Mundial de Fútbol de 2018 ante Guatemala. No entanto, non se puido unir de inmediato ao equipo debido a un arrefrío.[11] O adestrador da selección norteamericana fixo oficial a súa convocatoria cando o incluíu no equipo para o segundo partido fronte a Guatemala o 27 de marzo.[12] Debutou nese partido, ingresando no segundo tempo e converténdose no futbolista estadounidense máis novo en disputar un partido clasificatorio á Copa Mundial de Fútbol para ese país.[13]

Pulisic volveu facer historia meses despois, ao converterse no futbolista máis novo en anotar un gol a súa selección o 28 de maio de 2016 nun amigable fronte a Bolivia[14] Pouco despois, en xuño de 2016, foi confirmado entre os 23 xogadores que disputaron a Copa América Centenario cos Estados Unidos nese ano.[15]

ClubPaísPJGolesPeríodo
Selección estadounidenseEstados Unidos 1132016 - Presente

Participacións en Copas do Mundo

MundialSedeResultadoPartidosGoles
Copa Mundial Sub-17 de 2015  ChileFase de Grupos31

Participacións na Copa América

CopaSedeResultado
Copa América Centenario (2016)  Estados Unidos

Clubs

ClubPaísAno
Borussia Dortmund  Alemaña2016 - Presente

Estatísticas

Actualizado o 13 de maio de 2017. [16]

ClubDivTempadaLigaCopas NacionaisTorneos internacionais(1)Total
Part.GolesPart.GolesPart.GolesPart.Goles
Borussia Dortmund


Alemaña 

2015-16920030122
2016-1728331101415
Total club37531131537
Total carreira37531131537
(1)Inclúe datos da liga Europa da UEFA (2015/16)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas