Choro

O termo choro ou pranto refírese ao verquido de bágoas, acompañadas polo xeral de laios e saloucos, como reacción a un estado emocional. Foi definido como "un fenómeno secretomotor complexo que é caracterizado pola efusión de bágoas do aparato lacrimal, sen irritación algunha das estruturas oculares"[1].

Pranto dun raparigo.

Estabeleceuse unha rede neural biolóxica entre o conduto lacrimal e as áreas do cerebro humano implicadas coa emoción. Crese que, agás o ser humano, ningún outro animal ten a capacidade de produción de bágoas en reacción a estados anímicos[2], aínda que é cuestionado por algúns científicos[3].

Notas