Situación da chaira europea setentrional, en verde
A chaira europea setentrional (en alemán: Norddeutsches Tiefland; en polaco: Niż Środkowoeuropejski) é unha rexión xeomorfolóxica de Europa. Consiste principalmente en chairas entre as terras altas centroeuropeas ao sur e o mar do Norte e o Báltico no norte. Estes dous mares están separados pola península de Xutlandia. A chaira europea setentrional está conectada coa chaira europea oriental e xuntas forman a gran chaira europea.
A elevación está entre os 0 e os 200 m. Mentres que a maior parte é terra agrícola, a rexión contén tamén pantanos, uceiras e lagos. Na costa do mar do Norte, atópase o mar de Wadden, unha gran zona de marea. Na costa do mar Báltico, sitúase a lagoa de Pomerania, a lagoa do Vístula e a lagoa de Curlandia, unha serie de grandes lagoas de auga doce.
Lowlands-L, an international discussion community dealing with the North European Plain, its cultures, language varieties, history, etc.; also dealing with Lowlands-based heritage in Britain, North America, Australia etc.