Cesare Perdisa

Cesare Perdisa nado en Boloña o 21 de outubro de 1932 e finou o 10 de maio de 1998[1] foi un piloto de carreiras italiano.[1] Participou en 8 Grandes Premios do Campionato do Mundo de Fórmula Un, debutando o 22 de maio de 1955. Alcanzou 2 podios e anotou un total de 5 puntos de campionato.

Infotaula de personaCesare Perdisa
Biografía
Nacemento21 de outubro de 1932 Editar o valor em Wikidata
Boloña, Italia Editar o valor em Wikidata
Morte10 de maio de 1998 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Boloña, Italia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeItalia (1946–1998)
Reino de Italia (1932–1946) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de automobilismo , piloto de Fórmula Un Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor em Wikidata
Participou en
24 Horas de Le Mans Editar o valor em Wikidata

Significativamente máis novo que a maioría dos pilotos da época, Perdisa a miúdo cedía o seu auto aos seus compañeiros de equipo máis experimentados cando atopaban problemas. Isto sucedeu, por exemplo, na 11ª volta do Gran Premio de Bélxica de 1956, Stirling Moss perdeu a roda traseira dereita do seu Maserati. Moss aparcou o seu coche e correu catrocentos metros de volta aos boxes onde se fixo cargo de Maserati de Perdisa, que pilotou ata o final.[2]

En marzo de 1957 Perdisa retirouse das próximas 12 Horas de Sebring logo da morte do seu compañeiro Eugenio Castellotti. Castellotti morreu no circuíto de Modena cando se estrelou cun Ferrari que estaba probando para o evento. Aínda que Perdisa afirmou inicialmente que estaba renunciaba ás carreiras por algún tempo debido á conmoción que experimentou cando morreu Castellotti, posteriormente retirouse para sempre.[3] Perdisa era o mellor amigo de Castellotti.[4]

Logo da súa retirada, Perdisa volveu ser noticia en setembro de 1957 cando correu para levar a Juan Manuel Fangio e a súa esposa Andrea a un hospital de Boloña. A parella tivera un accidente no seu Lancia Aurelia de 2.5 litros mentres trataba de esquivar a un camión que entrara na autoestrada. Viaxando a preto de 160 km/h, o coche de Fangio estrelouse contra un poste, aínda que el e a súa esposa sufriron soamente contusións.[5]

Resultados completos na Fórmula Un

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

AnoEquipoChasisMotor12345678Pos.Puntos
1955Officine Alfieri MaseratiMaserati 250FMaserati 6 en liñaARXMON
3 *
500BEL
8
NEDGBRITA18º2
1956Officine Alfieri MaseratiMaserati 250FMaserati 6 en liñaARXMON
7
500BEL
3 †
FRA
5 †
GBR
7
ALE
NTS
ITA16º3
1957Scuderia FerrariLancia D50Ferrari V8ARX
6 ‡
MON500FRAGBRALEPESITANC0
* Indican unidade compartida con Jean Behra
† Indican unidade compartida con Stirling Moss
‡ Indican unidade compartida con Peter Collins e Wolfgang von Trips

Notas

Véxase tamén