Centaurus A

Centaurus A ou tamén coñecida coma NGC 5128, é unha galaxia prominente da constelación de Centaurus. Foi descuberta en 1826 polo astrónomo escocés James Dunlop dende a súa casa de Parramatta, en New South Wales, Australia. Hai un debate académico considerable sobre as propiedades fundamentais da galaxia, tales como o seu tipo Hubble (galaxia lenticular ou unha galaxia elíptica xigante)[2] e a súa distancia (10-16 millóns de anos luz).[3][4][5][6][7] NGC 5128 é unha das radiogalaxias máis próximas á Terra, polo que a actividade do seu núcleo galáctico foi amplamente estudada por astrónomos profesionais.[11] É a quinta galaxia máis brillante do firmamento,[11] o cal fai dela un obxectivo ideal para ós astrónomos afeccionados,[12] aínda que a galaxia só é visible en latitudes baixas do hemisferio norte e no hemisferio sur.

Centaurus A
Centaurus A (NGC 5128)
Tipo e posición
Época= X.2000
TipoS0 pec[1] or Ep[2]
Constelación deCentaurus
Ascensión recta13h 25m 27.6s[1]
Declinación-43° 01′ 09″[1]
Características
Distancia10–16 MAl (3–5 Mpc)[3][4][5][6][7]
Corremento cara ó vermello547 ± 5 km/s[1]
Tamaño angular25′,7 × 20′,0[1]
Magnitude aparente6,84[8][9]
Outras designacións
NGC 5128,[1] Arp 153,[1] PGC 46957,[1] 4U 1322–42,[10] Caldwell 77

O centro da galaxia contén un buraco negro supermasivo cunha masa equivalente a 55 millóns de masas solares,[13] o cal emite un chorro relativista que é responsable das emisións de Raios X e das emisión en lonxitudes de onda de radio. Ó tomar observacións de radio do chorro cunha separación temporal dunha década, os astrónomos determinaron que as partes internas do chorro estanse movendo a preto da metade da velocidade da luz. Os raios X prodúcense máis lonxe, onde chorro colidida cos gases circundantes, que da coma resultado a creación de partículas altamente enerxéticas. Os chorros de radio de Centaurus A teñen máis dun millón de anos luz de lonxitude.[14]

Como outras galaxias con xerminación estelar, sospéitase que foi unha colisión a responsable do intenso nacemento de estrelas. Estudos do Telescopio Espacial Spitzer confirmaron que Centaurus A está colidindo cunha unha galaxia espiral menor e devorando á mesma.[15]

Morfoloxía

A morfoloxía de Centaurus A pode ser descrita coma peculiar. Coma se pode ver dende a Terra, a galaxia parece unha galaxia lenticular ou unha galaxia elíptica cunha franxa de po superposta.[16] A peculiaridade desta galaxia foi identificada por primeira vez en 1847 por John Herschel, e a galaxia foi incluída no Atlas de Galaxias Peculiares de Halton Arp (publicado en 1966) como un dos mellores exemplos dunha galaxia "perturbada" con absorción de po.[17] A estraña morfoloxía da galaxia indica xeralmente o resultado da interacción ou fusión entre dúas galaxias menores.[18]

O núcleo desta galaxia está composto principalmente por estrelas vermellas evolucionadas.[16] O disco de po, pola contra, é o lugar máis recente de formación estelar,[11] con máis de 100 rexións de formación de estrelas identificadas dentro do disco.[19]

Supernova

Foi detectada unha supernova en Centaurus A.[20]A supernova, chamada SN 1986G, foi descuberta dentro do cinto de po escuro da galaxia por R. Evans en 1986.[21]Foi máis tarde catalogada coma unha supernova tipo Ia,[22]que se forma cando a masa dunha anana branca crece o suficiente para inicia-la fusión do carbono no seu núcleo, provocando unha reacción termonuclear descontrolada, como pode ocorrer cando unha anana branca nun sistema binario extrae gas da outra estrela. SN 1986G foi usada para demostrar que os espectros das supernovas tipo Ia non son todos idénticos, e que os espectros das supernovas Ia poden ir cambiando ó longo do tempo xa que o seu brillo tamén pode variar ó longo do tempo.[22]

Distancia

As estimacións da distancia para a NGC 5128 establecéronse a partir da década de 1980, oscilando normalmente entre 3-5 Mpc.[3][4][5][6][7][23] Descubríronse Cefeidas clásicas na franxa de po profundamente escura de NGC 5128, deixando a distancia entre ~3-3,5 Mpc, dependendo da natureza da lei extinción adoptada e doutras consideracións.[5][6] Tamén foron descubertas variables Mira[23] e Cefeidas tipo II[5][6] en NGC 5128, sendo estas últimas raramente detectadas fóra do Grupo Local.[24] A distancia ata NGC 5128 establecida a través de diversos indicadores, tales como variables Mira e nebulosas planetarias da o seu favor un valor máis distante, do redor duns 3,8 Mpc.[2][7]

Galaxias próximas e información sobre o seu grupo de galaxias

Centaurus A é o centro dun dous subgrupos dentro de Centaurus A/Grupo M83, un grupo de galaxias próximo.[25] Messier 83 (a Galaxia do Remuíño do Sur) é o centro do outro subgrupo. Estes dous grupos son algunhas veces identificados coma un só grupo[26][27] e algunhas veces identificados coma dous grupos.[28] Con todo, as galaxias arredor Centaurus A e as que están preto M83 están fisicamente preto as unhas das outras, e de ambos subgrupos parecen non estar nin achegándose nin separándose entre si.[29] O Grupo M83/Centaurus A está localizado no supercúmulo de Virgo.

Visibilidade

Centaurus A está situada a aproximadamente a 4° ó norte do Omega Centauri (un cúmulo globular visible a simple vista).[12] Como a galaxia ten un brillo superficial elevado e relativamente grande en tamaño angular, é un obxectivo ideal para observacións da astronomía afeccionada. O núcleo central brillante e a franxa escura de po son visibles mesmo con oculares de procura e grandes prismáticos,[12] e estrutura adicional pódese ver en telescopios máis grandes.[12] Centaurus A é visible a simple vista baixo condicións excepcionalmente boas.[30]

Galería

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

  • Messier 87 – unha galaxia xigante elíptica que é tamén unha potente fonte de radio
  • NGC 1316 – unha galaxia lenticular que é tamén unha potente fonte de radio

Ligazóns externas