Cemiterio de Boisaca
cemiterio en Santiago de Compostela
8°31′04″O / 42.9086111111, -8.51777777778
O Cemiterio municipal de Boisaca é o principal cemiterio do concello de Santiago de Compostela, con 66.000 metros cadrados e unhas 12.000 prazas entre sepulturas (8.659), nichos (2.433) e panteóns (168).[1] Está situado no lugar de Boisaca, ó norte da cidade, a carón do Polígono industrial do Tambre e da estrada N-550.
O lugar foi escenario de varios fusilamentos durante os primeiros meses da Guerra Civil española[2], polo cal existe un recordo nun dos muros do cemiterio en homenaxe ós executados, con varias placas dos concellos de Santiago de Compostela e de Ordes.
Personaxes ilustres
Entre os persoeiros enterrados no cemiterio atópanse:
- Aurelio Aguirre (1833–1858), poeta.
- Simeón García de la Riva (1823–1889), empresario e banqueiro.
- José Piñeiro González (1878-1927), aviador.
- Roberto Nóvoa (1885–1933), médico e pensador.
- Ramón María del Valle-Inclán (1866–1936), escritor.
- Xoán Xesús González (1895–1936), mestre, xornalista, avogado, escritor e político.
- Modesto Pasín Noya (1903–1936), sindicalista e político, fillo de José Pasín Romero.
- Pablo Pérez Costanti (1857–1938), arquiveiro e escritor.
- José Pasín Romero (1878–1960), sindicalista e político.
- As dúas Marías (1980 e 1983), populares veciñas de Santiago.
- Ricardo Carballo Calero (1910–1990), filólogo e escritor.
- Antón Fraguas (1905–1999), historiador e antropólogo.
- Roberto Vidal Bolaño (1950–2002), autor, director e actor de teatro.
- Domingo García-Sabell (1909–2003), médico, escritor, político e académico.
- Isaac Díaz Pardo (1920–2012), intelectual, artista e empresario.
- Xerardo Fernández Albor (1917–2018), presidente da Xunta de Galicia.
Galería
- Rúa principal no interior.
- Tumba de Valle-Inclán.
- Tumba de Antón Fraguas.
- Homenaxe ós fusilados.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
🔥 Top keywords: PortadaEspecial:ProcurarEspecial:Cambios recentesCarles PuigdemontGerardo Lorenzo GonzálezMaría JamardoXelucho Abella ChouciñoWikipedia:Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXISurFátima IglesiasSegunda guerra mundialHeroínas de SálvoraAWStatsAxuda:IntroduciónA illa das mentirasProne Lugo ADListenbourgRaquel AtanesWikipedia:Artigos de calidadeSecuenciación de proteínasEva Iglesias MiguénsJavier CasqueiroAxuda:Cambios relacionadosPosicións sexuaisProxyPasaporte iroquésEslovaquiaGaliciaColocación do pronome átono en galegoHerbas de san XoánWikipedia:Wikiproxecto fotos de parroquiasLista de xentilicios de concellos galegosUxía Oviedop06skA CoruñaWikipedia:Advertencia xeralShinovaLista de castelos de Portugalfjra5