Celulosa

polímero formado pola repetición de monosacáridos de glicosa

A celulosa é un polímero formado pola repetición de monosacáridos de glicosa. É unha molécula insoluble en auga, e é a biomolécula máis abundante que hai na Terra. Plantas, bacterias ou algas producen cada ano unha cantidade aproximada de cen mil millóns de toneladas de celulosa.

Celulosa[1]
Celulosa, un polímero liñal de unidades de D-glicosa (móstranse dúas) ligadas por enlaces glicosídicos β(1→4).
Estrutura tridimensional da celulosa.
Identificadores
Número CAS9004-34-6
UNIISMD1X3XO9M
Número CE232-674-9
ChEMBLCHEMBL1201676
Propiedades
Fórmula molecular(C6H10O5)n
Aspectopo branco
Densidade1.5 g/cm3
Punto de fusióndescompose
Solubilidade en auganingunha
Perigosidade
EU Indexnon listado
NFPA 704
1
1
0
Compostos relacionados
Compostos relacionadosAmidón

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.
As pontes de hidróxeno fórmanse entre as distintas cadeas de celulosa

Estrutura da celulosa

A celulosa forma cadeas lineais, formadas por monómeros de β-glicosa mediante enlaces β-1,4-O-glicosídico, que se unen unhas ás outras mediante pontes de hidróxeno. A unión de moitas cadeas forma feixes cilíndricos chamados microfibriñas de celulosa. As microfibriñas son moi resistentes, polo que teñen unha función estrutural, e estas atópanse na parede celular dos vexetais.

Funcións da celulosa

A celulosa é un compoñente estrutural nas plantas, xa que é unha molécula moi resistente. Tamén hai animais, como algúns microrganismos (fungos ou bacterias) ou ruminantes que teñen no seu organismo a enzima celulasa que é capaz de romper os enlaces da β-glicosa, e a celulosa sérvelles coma fonte de enerxía. Pero a celulosa non pode ser empregada polos seres humanos, xa que non temos os enzimas axeitados para poder romper os enlaces que presenta. Aínda así é imprescindible tomar algunha cantidade de celulosa xa que axuda no proceso do tránsito intestinal e como fonte de enerxía para as bacterias intestinais.

Aplicacións da celulosa

A celulosa obtense da madeira, algodón, liño, palla etc. Úsase para a fabricación de papel e variantes do papel, así como tamén para a fabricación dalgunhas substancias químicas como por exemplo explosivos).

Celulosa en animais

Aínda que a celulosa é típica dos vexetais, hai excepcións entre os animais que poden producir celulosa, como é o caso dos tunicados mariños (por exemplo ascidias), que teñen unha túnica formada por celulosa, que nestes animais foi denominada historicamente tunicina.[2]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos