Caviinos

(Redirección desde «Caviinae»)

A dos caviinos (Caviinae) é unha subfamilia de mamíferos da orde dos roedores, suborde dos histricomorfos e infraorde dos histricognatos que reúne a todos os membros vivos da familia dos cavíidos, a excepción das maras, a capibara e ás dúas especies do xénero Kerodon.[2]

Microcavia australis.

Taxonomía

Descrición

A subfamilia foi descrita por primeira vez en 1817 polo naturalista ruso de orixe saxoa Gotthelf Fischer von Waldheim, en Mem. Soc. Imp. Nat., Moscova, 5: 372.[2]

Controversia

Tradicionalmente a subfamilia contiña formas como a cobaia xunto coas especies do xénero Kerodon. Pero os resultados de recentes análises moleculares suxiren que a subfamilia dos Caviinae así definida sería parafilética e que o xénero Kerodon está máis estreitamente relacionado coas maras e a capibara que a outros caviínos.[3] Pola súa parte, baseándose na técnica do reloxo molecular, Opazo suxeríu que o xénero Kerodon separouse do xénero Hydrochoerus (capibaras) ao final do mioceno medio.[4]

Clasificación

Ademais de numerosos xéneros extinguidos, na actualidade recoñécense na subfamilia os seguintes xéneros, especies e subespecies viventes:[2]

  • Xénero Cavia
    • Cavia aperea
      • C. a. aperea
      • C. a. guianae
      • C. a. hypoleuca
      • C. a. pamparum
      • C. a. patzelti
      • C. a. rosida
      • C. a. fulgida
      • C. a. intermedia
      • C. a. magna
    • Cavia porcellus
    • Cavia tschudii
      • C. t. tschudii
      • C. t. arequipae
      • C. t. festina
      • C. t. osgoodi
      • C. t. sodalis
      • C. t. stolida
  • Xénero Galea
    • Galea flavidens
    • Galea musteloides
      • G. m. musteloides
      • G. m. auceps
      • G. m. demissa
      • G. m. leucoblephara
      • G. m. littoralis
    • Galea spixii
      • G. s. spixii
      • G. s. palustris
      • G. s. wellsi
  • Xénero Microcavia
    • Microcavia australis
      • M. a. australis
      • M. a. maenas
      • M. a. salinia
    • Microcavia niata
      • M. n. niata
      • M. n. pallidior
    • Microcavia shiptoni

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • McKenna, Malcolm C. & Bell, Susan K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8.
  • Rowe, D. L. & R. L. Honeycutt (2002): "Phylogenetic relationships, ecological correlates, and molecular evolution within the Cavioidea (Mammalia, Rodentia)". Molecular Biology and Evolution 19: 263-277.
  • Woods, C. A. & Kilpatrick, C. W. (2005): "Infraorder Hystricognathi". En Wilson, D. E.; Reeder, D. M. Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0, pp. 1552–1555.

Outros artigos

Ligazóns externas