Casa Manola
Ferramentas
Xeral
Imprimir/exportar
Casa Manola | |
---|---|
Formato | Comedia costumista |
Dirixido por | Javi Camino |
Intérpretes | María Costas, Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira, Isabel Blanco e outros |
País de orixe | Galicia |
Episodios | Primeira tempada: 6 |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Antón Reixa e Xabier Eirís |
Duración | 1 hora por capítulo |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | TVG |
Primeiro episodio | 20/10/2014 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Casa Manola é unha serie de televisión, do xénero da comedia, con guión de Jacobo Paz Limia e Xosé Antón Moure Ferreiro, producida por Filmanova[1] para Televisión de Galicia dende 2014.
A serie grávase sen decorados (en escenarios naturais) na Casa dos Noche,[2] na parroquia de Colantres, concello de Coirós.[3]
Manola e Barrantes, irmáns, aproveitando unha subvención, reforman a casa facendo unha casa de turismo rural. Por quedar sen traballo, Nacho -fillo de Manola- e a súa muller teñen que deixar a cidade da Coruña e ir vivir á casa acabada de reformar.[4]
# | Título | Data de emisión |
---|---|---|
01 | "O retorno" | 20 de outubro de 2014 |
02 | "A ilusión do principio" | 27 de outubro do 2014 |
03 | "Tempo de laranxas" | 3 de novembro de 2014 |
04 | "Parabéns" | 10 de novembro de 2014 |
05 | "Aprendices e mestres" | 17 de novembro de 2014 |
06 | "As cinsas do pasado" | 24 de novembro de 2014 |
# | Título | Data de emisión |
---|---|---|
07 | "Os cogomelos máxicos" | 1 de xuño de 2015 |
08 | "O calendario erótico" | 8 de xuño de 2015 |
09 | "O foxo do lobo" | 15 de xuño de 2015 |
10 | "Fantasías caribeñas" | 22 de xuño de 2015 |
11 | "Todo queda en familia" | 29 de xuño de 2015 |
12 | "A vida segue igual" | 6 de xullo de 2016 |
13 | "Todo queda na familia" | 13 de xullo de 2016 |
14 | "A Copa da Costa" | 20 de xullo de 2016 |
15 | "Festa rachada" | 4 de agosto de 2016 |
16 | "Un traballo profesional" | 11 de agosto de 2016 |
17 | "Alguén en quen confiar" | 18 de agosto de 2016 |
18 | "A xente ven e vai" | 25 de agosto de 2016 |
19 | "O xogo das aparencias" | 1 de setembro de 2016 |
# | Título | Data de emisión |
---|---|---|
Na súa estrea alcanzou un 15,8 % de share, 5,1 puntos por enriba da media da cadea no día de emisión, con 185.000 espectadores. Ademais, Casa Manola foi o programa máis visto do día por detrás do Telexornal das 14:30 h, a pesar da competencia na noite do luns: La que se avecina (Telecinco), Isabel (TVE), Top Chef (Antena 3), CSI (Cuatro)...[5]
Nos Premios Mestre Mateo de 2014, Casa Manola estivo nomeado en 2 categorías, mais non colleitou ningún premio.
Ano | Categoría | Receptor | Resultado |
---|---|---|---|
2014 | Mellor serie de televisión | Filmanova para TVG | Nomeado |
Mellor dirección de produción | Xabier Eirís | Nomeado |
Programación da Televisión de Galicia | |||||
---|---|---|---|---|---|
Década de 1980 |
| ||||
Década de 1990 |
| ||||
Década de 2000 |
| ||||
Década de 2010 |
| ||||
Produción allea |
| ||||
Véxase tamén: lista de filmes con versión en galego |