Carballesa (muiñeira)
A carballesa é unha composición musical e un baile variante da muiñeira. O baile, sempre en roda, conservouse só nas zonas montañosas do Courel.
Carballesa (muiñeira) | |
---|---|
![]() O baile da carballesa foi recollido nas zonas da montaña oriental galega | |
Orixe cultural | ![]() |
Zona de conservación | O Incio Folgoso do Courel |
Instrumentos típicos | Charanga |
Derivado de | Muiñeira |
Características
De ritmo rápido e vivo, escríbese en compás de 6/8 ou de 2/4.[1] Bailase en roda, cun bailador (guía) que inicia os puntos sendo a continuación imitado polo resto das parellas. Adoita ir acompañada por unha charanga e ser interpretada polos grupos de baile tradicional con zocos, zocas e o resto da vestimenta propia da montaña.
O folclorista Casto Sampedro atribúe o seu nome, sen fundamento, á súa "xeneralidade" nas terras do Carballiño.[2] A música foi recollida tamén noutras areas galegas como Melide ou Boimorto,[3] porén, nas recollas realizadas a finais do século XX, só se documenta xa o baile na zona do Incio e do Courel.[4] Segundo o cancioneiro deste autor, cando unha parella sobresaía sobre as outras polo alto dominio técnico do baile os restantes bailadores abandonaban a danza para convertérense en espectadores. Asemade afírmase que en ocasións era a muller, e non o home, a que guiaba os puntos do baile.[2]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
- Carballesa de Folgoso do Courel - Asociación Cultural Donaire (2016) - Youtube.
- Carballesa do Incio - Agrupación Folclórica Tequexetéldere (2018) - Youtube.