Basilea-Cidade

(Redirección desde «Cantón de Basilea-Cidade»)

Basilea-Cidade (en alemán: Basel-Stadt, en francés: Bâle-Ville, en italiano: Basilea Città, en romanche: Basilea-Citad) é un semicantón de Suíza, localizado no norte do país, facendo fronteira con Alemaña e Francia. Está composto polos concellos de Bettingen, Riehen e Basilea, sendo este último a súa capital. Dos 26 cantóns de Suíza, o de Basilea-Cidade é o máis pequeno en superficie.

Modelo:Xeografía políticaBasilea-Cidade
Imaxe

Nomeado en referencia aBasilea Editar o valor em Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 47°34′N 7°36′L / 47.57, 7.67°36′L / 47.57, 7.6
Estado federadoSuíza Editar o valor em Wikidata
CapitalBasilea Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Escindido deBasilea-Campo Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación200.973 (2021) Editar o valor em Wikidata (5.439,05 hab./km²)
Lingua oficiallingua alemá Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie36,95 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude260 m Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoSt. Chrischona (en) Traducir (522,19 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoRío Rin (244,75 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1833 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Órgano lexislativoGrand Council of Basel-Stadt (en) Traducir , (Escano: 100) Editar o valor em Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2CH-BS Editar o valor em Wikidata
Código NUTSCH031 Editar o valor em Wikidata

Páxina webbs.ch Editar o valor em Wikidata
Facebook: Rathaus.Basel Twitter: BaselStadt Instagram: kantonbaselstadt Youtube: UC-WGQ7XCi6hXxhLBlQEWHew Editar o valor em Wikidata

Historia

O cantón de Basilea-Cidade foi creado cando o histótico cantón de Basilea foi dividido en 1833 por mor de disputas políticas e un conflito armado relacionados cos dereitos da poboación sobre as terras de cultivo. Isto levou á separación do cantón Basilea-Campo da cidade de Basilea o 26 de agosto de 1833. Dende entón, existe un movemento a prol da reunificación que acadou forza especialmente a partir do ano 1900, cando moitas áreas de Basilea-Campo se industrializaron. Os dous semicantóns acordaron reunirse, mais nas votacións que se realizaron en 1969 e novamente en 2014, a xente de Basilea-Campo votou en contra.

Política

Basilea-Cidade é un semicantón, o que supón que só pode enviar un representante ao Consello dos Estados. A constitución do cantón data de 1889 e o seu parlamento é o Gran Consello, que posúe 100 membros elixidos por un período de 4 anos. Hai oito partidos políticos diferentes representados no parlamento, dos que o Partido Socialista Suízo é o que posúe maior número de cadeiras, 32 (ano 2015).

O poder executivo do cantón (ou Regierungsrat) componse de sete membros. En 2006 había cinco partidos diferentes con representación no executivo.

Demografía

A poboación do cantón era de 198 290 habitantes o 31 de xaneiro de 2017.[1] En 2007, había 56 106 estranxeiros que facían o 30.29% da poboación total.[2] Segundo datos do ano 2000, o 25% dos habitantes eran católicos e o 27% protestantes. Arredor do 10% pertencía a outras relixións e o 36% non pertencía a ningunha relixión organizada.[3]

Nacionalidades[4]199020002010
Suíza77.52 %72.44 %67.36 %
Alemaña2.60 %3.27 %7.58 %
Italia6.42 %5.44 %4.18 %
Turquía3.27 %4.38 %3.56 %
Iugoslavia2.79 %3.13 %
Serbia
Montenegro
Kosovo
2.46 %
España2.78 %2.16 %1.52 %
Portugal0.42 %0.79 %1.35 %
Macedonia do Norte1.12 %1.17 %
Reino Unido0.35 %0.48 %0.96 %
Francia0.59 %0.54 %0.76 %
India0.12 %0.17 %0.65 %
Estados Unidos0.25 %0.31 %0.63 %
Austria0.45 %0.45 %0.58 %
Croacia0.81 %0.54 %
Sri Lanka0.30 %0.63 %0.49 %
Bosnia e Hercegovina0.68 %0.41 %
Países Baixos0.18 %0.21 %0.32 %

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas


 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.