Campionato de Velocidade da Coruña
O Campionato de Velocidade da Coruña foi un campionato automobilístico celebrado entre 1980 e 1984 na Grela, no concello da Coruña. Cada edición do campionato estaba formado por varias carreiras de montaña, denominadas cada unha delas como Subida á Grela, e que eran puntuables para o Campionato de Galicia de Montaña.
Tipo | carreira automobilística ![]() |
---|---|
Deporte | carreira de montaña ![]() |
Parte de | Campionato de Galicia de Montaña ![]() |
Localización e Datas | |
Localización | A Coruña (Provincia da Coruña) 43°22′N 8°23′O / 43.37, -8.388°23′O / 43.37, -8.38 ![]() |
País | España ![]() |
Vixencia | 1980 – 1984 ![]() |
Datos estatísticos | |
Máis títulos | Alberto González Fernández (3) ![]() |
Historia
A primeira edición comezou en xullo de 1980, organizada pola Escudería La Coruña, e constou de tres subidas, contando as tres para o Campionato de Galicia de Montaña.[1] O pontevedrés Alberto González "Camba" foi o vencedor, despois de lograr tres vitorias nas tres subidas.[2] O dominio de Camba continuou ao ano seguinte, no que gañou de novo as tres carreiras e o campionato.[3]
En 1982 Manuel Neira conseguiu gañar o campionato grazas á súa regularidade. Obtivo un segundo posto, un cuarto e logrou a vitoria na segunda carreira, aproveitando un erro de Camba que lle fixo perder moitas posicións, tendo que conformarse este co subcampionato final, a pesar de gañar as outras dúas carreiras.[4] En 1983 o formato do campionato variou, pasando a disputarse as tres subidas na mesma fin de semana. O vencedor volveu ser Camba, logo de gañar dúas das tres carreiras.[5]
En 1984 disputouse a última edición do campionato, onde Neira conseguiu a vitoria nas tres probas e o seu segundo triunfo absoluto, despois de que Camba sufrise problemas mecánicos e tivese que retirarse.[6]
Palmarés
Ano | Nome | Vencedor | Vehículo |
---|---|---|---|
1980 | I Campionato de Velocidade da Coruña | ![]() | Selex 2000 |
1981 | II Campionato de Velocidade da Coruña | ![]() | Selex 2000 |
1982 | III Campionato de Velocidade da Coruña | ![]() | Martini 1800 |
1983 | IV Campionato de Velocidade da Coruña | ![]() | Selex 2000 |
1984 | V Campionato de Velocidade da Coruña | ![]() | Martini |