Campionato de Europa de hóckey a patíns feminino 2013

O Campionato de Europa de hóckey a patíns feminino 2013, foi a 12ª edición do Campionato de Europa de hóckey a patíns feminino. A competición disputouse na cidade asturiana de Mieres (España), que acolleu o torneo por primeira vez. O campionato comezou o 17 de decembro de 2018 e finalizou o 21 de decembro coa disputa da final.

Modelo:Competición deportivaCampionato de Europa de hóckey a patíns feminino 2013
TipoCampionato de Europa de hóckey a patíns feminino Editar o valor em Wikidata
OrganizadorCERH Editar o valor em Wikidata
Número de participantes4 Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónMieres (provincia de Asturias) 43°15′00″N 5°46′36″O / 43.25, -5.77666666666675°46′36″O / 43.25, -5.7766666666667 Editar o valor em Wikidata
PaísEspaña Editar o valor em Wikidata
Intervalo de tempo17 de decembro de 2013 – 21 de decembro de 2013 Editar o valor em Wikidata
Número de edición12  (2013) Editar o valor em Wikidata
Competición
Primeiro postoSpain women's national roller hockey team Editar o valor em Wikidata
Datos estatísticos
Partidos10 Editar o valor em Wikidata

Nesta edición participaron un total de 4 equipos, un menos que na edición anterior. Aos combinados de España, Portugal e Francia, participantes nesta edición estiveron presentes na edición anterior disputada dous anos antes en Wuppertal (Alemaña), uniuse a selección de Italia. Disputáronse un total de 6 partidos nos tres días de competición.

Ao final da competición a selección española revalidou o título conseguido na edición anterior, facéndose así co seu cuarto título continental, e terceiro consecutivo, algo que ata o momento só conseguira a selección portuguesa entre 1995 e 1999.[1]

Organización

En xuño de 2013 anunciouse a designación do Pavillón Visiola Rollán, na localidade asturiana de Mieres como sede da 12ª edición do Campionato de Europa Feminino. A competición foi organizada pola Real Federación Española de Patinaxe coa colaboración de Assyssport, CyC e Grupo Asturema.[2]

Aínda que inicialmente o campionato debía terse celebrado entre os días 9 e 14 de setembro, o día 20 de xullo a executiva do CERH tomou a decisión de suspender o campionato de acordo co disposto no artigo 1.1 do regulamento de eventos deportivos da CERS, que sinala:[3]

... todos os Campionatos Europeos deben ter, canto menos, a participación de cinco países distintos.

Ante o malestar da Real Federación Española de Patinaxe pola suspensión do Campionato, para cuxa celebración xa se destinaran recursos, o CERH informou de que realizaría as xestións necesarias para que se puidera realizar no mes de novembro ou decembro dese mesmo ano.[3] Finalmente, a finais do mes de novembro, o CERH comunicou o calendario do Campionato de Europa, que contaría finalmente con catro equipos (España, Francia, Italia e Portugal), e que se disputaría entre os días 17 de 21 de decembro de 2013. No mesmo comunicado o máximo organismo do hóckey a patíns europeo sinalou o sistema de competición, que constou de dúas fases:[4]

  • Unha primeira fase en forma de liguiña na que todos os equipos se enfrontaron entre si.
  • Unha fase final na que o primeiro equipo clasificado se enfrontou ao cuarto, e o segundo ao terceiro en semifinais. Os gañadores deses enfrontamentos disputaron a final, mentres que os perderores disputáronse o terceiro e cuarto posto.

No mediodía do 17 de decembro, poucas horas antes do inicio da competición, tivo lugar a recepción da alcaldía da cidade de Mieres ás catro seleccións participantes, así como aos corpos técnicos, árbitros e membros do CERH. O acto, que tivo lugar na casa do concello da cidade asturiana, estivo presidido polo alcalde Aníbal Vázquez, no mesmo acto, o presidente do CERH Fernando Graça salientou a importancia do hóckey a patíns feminino:[5]

É moi importante entender que o hóckey a patíns feminino é algo que queremos apoiar e desenvolver moitísimo, estou seguro de que será un gran campionato.

Ese mesmo día, ás 19:00 h tiña lugar a cerimonia de inauguración.[5] Unha hora mái tarde, ás 20:00 h, as seleccións de Portugal e Italia abriron o campionato.[6]

Sede

Artigo principal: Pavillón Visiola Rollán.

Todos os partidos do campionato celebráronse no Pavillón Visiola Rollán, un recinto cuberto con capacidade para 1 100 persoas e unha pista de xogo de parquet, e que é o fogar do equipo de hóckey a patíns da cidade, o Club Patín Mieres.[7][8]

O pavillón foi inaugurado o 29 de decembro de 2008 cun partido entre a selección asturiana masculina e un combinado de xogadores estranxeiros da OK Liga.[9] Esta foi a primeira ocasión na que o Pavillón Municipal de Mieres acolleu unha competición internacional de seleccións absolutas de hóckey a patíns, se ben xa acollera o primeiro OK Stars en 2010 e a Copa da Raíña 2009.[10]

Equipos

Nesta edición participaron un total de catro equipos, a participación máis baixa da historia. Nesta edición salientou o retorno do combinado italiano, que reapareceu na competición logo de catro edicións sen competir. Pola súa banda as seleccións de Alemaña e Suíza tomaron parte na competición en Wuppertal en 2011, mais non en Mieres.

Os catro equipos participantes foron os seguintes:

PaísClasificación
2011
ParticipaciónsÚltima
participación
Mellores resultados
España122011Campioa (1995, 2009, 2011)
Francia92011Campioa (2005)
Italia-82003Campioa (1991, 1993)
Portugal122011Campioa (1997, 1999, 2001)

Cadros de xogadoras

España

A preparación de selección española estivo caracterizada pola intermitencia das sesións de adestramento a causa de coincidir coa disputa da OK Liga Feminina, máxima categoría do hóckey a patíns feminino español. O 9 de decembro o seleccionador española Alberto Mazón, na concentración española no CAR de Sant Cugat, facilitou a lista das dez xogadoras que participarían no Campionato de Europa. O combinado español desprazouse á localidade asturiana de Mieres o domingo 15 de decembro. As dez xogadoras seleccionadas foron as seguintes:[11]

España
NúmeroNomePosiciónData de nacementoIdadeEquipo
Caterina OrtegaPorteira CP Vilanova
Sara González Gijón Solimar
María Díez Gijón Solimar
Anna Casarramona CP Manlleu
Laura Puigdueta HC Palau de Plegamans
Natasha Lee CP Voltregà
Berta Tarrida CP Voltregà
Nara López CP Manlleu
Raquel Bernardas CP Alcorcón
Laia SalicruPorteira CS Noisy Le Grand
Corpo técnico
AdestradorAlberto Mazón
Francia

A selección francesa chegou a Mieres como campioa do mundo tras derrotar na final do Campionato do Mundo de 2012 disputado en Recife (Brasil) a España.[6] A chegada das francesas á cidade asturiana tivo lugar o luns 16 de decembro.[12]

Francia
NúmeroNomePosiciónData de nacementoIdadeEquipo
Felicia Buis
Frederique Denest
Camille Renier
Maeva Manceau
Nolwenn Bena
Claire Fay
Sidonie Laroche
Naomi Zanotto
Amina Nedder
Elsa Roux
Corpo técnico
AdestradorStephane Herin
Italia

A selección italiana, campioa das dúas primeiras edicións da competición en 1991 e 1993, regresou á cita continental logo de sete anos afastada da competición.[6] chegou a Mieres o domingo 15 de decembro.[12]

Italia
NúmeroNomePosiciónData de nacementoIdadeEquipo
Valentina Gaudio
Laura Minuzzo
Maria Teresa Mele
Elena Tamiozzo
Luisa Lamacchia
Giulia Galeassi
Pamela Lapolla
Erika Ghirardello
Elena Toffanin
Sara Zarantonello
Corpo técnico
AdestradorGiambattista Massari
Portugal

A selección portuguesa chegou a Mieres cun equipo consolidado logo de anos de rexeneración co obxectivo de recuperar un título que non gañaban dende 2001.[6] O luns 16 de decembro tivo lugar a chegada do equipo luso a Mieres.[12]

Portugal
NúmeroNomePosiciónData de nacementoIdadeEquipo
Filipa Azevedo
Ana Catarina
Rita Lopes
Rute Lopes
Marlene Sousa
Ines Vieira
Carolina Gonçalves
Maria Barbosa
Rita Dias
Alexandra Figueiredo
Corpo técnico
AdestradorCarlos Pires

Competición

Fase cualificatoria

Grupo APtsPXPGPEPPGFGCDG
Portugal93300198+11
España63201124+8
Francia33102513-8
Italia03003415-11
Primeira xornada
17 de decembro de 2013
20:00
Portugal7-3ItaliaPavillón Visiola Rollán
Árbitros: Xavier Blauzen (FRA) e Isaac Sanz (ESP)
Catarina (1)
Lopes (2)
Sousa (2)
Barbosa (1)
Dias (1)
[R 1]Mele (2)
Tamiozzo (1)

17 de decembro de 2013
21:15
Francia0-5EspañaPavillón Visiola Rollán
Árbitros: Carlo Corponi (ITA) e Jaime Vieira (POR)
[R 2]González (1)
Díez (1)
Puigdueta (2)
Lee (1)
Segunda xornada
18 de decembro de 2013
20:00
Portugal8-3FranciaPavillón Visiola Rollán
Árbitros: Carlo Corponi (ITA) e Isaac Sanz (ESP)
Rute Lopes (3)
Marlene Sousa (2)
Ana Catarina (1)
Rita Lopes (1)
[R 3]Maeva Manceau (1)
Nolwenn Bena (1)
Frederique Denest (1)

18 de decembro de 2013
21:15
Italia0-5EspañaPavillón Visiola Rollán
Árbitros: Xavier Blauzen (FRA) e Jaime Vieira (POR)
[R 4]Casarramona (2)
Lee (1)
Tarrida (1)
López (1)
Terceira xornada
19 de decembro de 2013
20:00
Francia1-2ItaliaPavillón Visiola Rollán
Árbitros: Isaac Sanz (ESP) e Jaime Vieira (POR)
Renier (1)[R 5]Mele (1)
Tamiozzo (1)

19 de decembro de 2013
21:15
Portugal4-2EspañaPavillón Visiola Rollán
Árbitros: Xavier Blauzen (FRA) e Carlo Corponi (ITA)
Lopes (1)
Sousa (2)
Vieira (1)
[R 6]Lee (1)
Tarrida (1)

Fase final

 SemifinaisFinal
       
20 de decembro de 2013
  España4 
  Italia1 
 
22 de decembro de 2013
    España7
   Portugal0
 
 
Sétimo posto
20 de decembro de 201322 de decembro de 2013
  Portugal7  Italia  5
  Francia1   Francia  0


Semifinais
20 de decembro de 2013
20:00
España4-1ItaliaPavillón Visiola Rollán
Árbitros: Xavier Blauzen (FRA) e Jaime Vieira (POR)
Díez (1)
Casarramona (1)
Puigdueta (1)
Tarrida (1)
[R 7]Minuzzo (1)

20 de decembro de 2013
21:15
Portugal7-1FranciaPavillón Visiola Rollán
Árbitros: Carlo Corponi (ITA) e Isaac Sanz (ESP)
Lopes (3)
Gonçalves (1)
Catarina (2)
Dias (1)
[R 8]
3º e 4º posto
21 de decembro de 2013
18:30
Italia5-0FranciaPavillón Visiola Rollán
Árbitros: Jaime Vieira (POR) e Isaac Sanz (ESP)
Tamiozzo (3)
Lapolla (1)
Toffanin (1)
[R 9]
Final
21 de decembro de 2013
19:45
España7-0PortugalPavillón Visiola Rollán
Árbitros: Xavier Blauzen (FRA) e Carlo Corponi (ITA)
Díez (3)
Casarramona (1)
Puigdueta (1)
Lee (2)
[R 10]

Clasificación final

1. España
2. Portugal
3. Italia
4. Francia

Estatísticas

  • Máis goles nun partido: 11 (na vitoria por 8-3 de Portugal fronte a Francia o 18 de decembro).
  • Menos goles nun partido: 3 (na vitoria de Italia sobre Francia España por 2-1 o 19 de decembro).
  • Máis goles dun equipo nun partido: 8 de Portugal fronte a Francia o 18 de decembro.
  • Equipo máis goleador: Portugal (26 goles).
  • Equipo menos goleador: Francia (6 goles).
  • Máis goles encaixados: Francia (25 goles encaixados).
  • Menos goles encaixados: España (5 goles encaixados).

Goleadoras

A máxima goleadora da competición foi a portuguesa Marlene Sousa, que anotou 6 goles en cinco encontros. A continuación amósanse as nove máximas goleadoras da competición, así como os goles marcados e o número de partidos disputados:[13]

XogadorGolesPartidos
Marlene Sousa65
María Díez55
Rita Lopez55
Natasha Lee55
Rute Lopez55
Elena Tamiozzo55
Ana Catarina45
Laura Puigdueta45
Anna Casarramona45

Tarxetas

Nos 10 partidos disputados no Campionato de Europa Feminino de 2018 non se amosou o cartón vermello a ningunha xogadora. Si se amosaron tarxetas azuis a sete xogadoras. As xogadoras que máis cartóns azuis viron foron a española Natasha Lee e a francesa Nolwenn Bena, cun total de dúas tarxetas azuis nos cinco partidos que disputou coa súa selección en Mieres. A continuación amósanse as xogadoras amoestadas na competición, así como o número de tarxetas azuis:[14]

XogadorTarxetas azuisTarxetas vermellasPartidos
Natasha Lee205
Nolwenn Bena205
Elena Toffanin105
Ines Vieira105
Rita Dias105
Marlene Sousa105
Elena Tamiozzo105

Reivindicacións do deporte feminino

Paralelamente á celebración do Campionato de Europa, a cidade de Mieres acolleu varios eventos de reivindicación do deporte feminino no día da disputa da final. A xornada abriuse ás 10:00 h cun clínic no que participaron os seleccionadores dos catro países participantes coa moderación do presidente do Comité Nacional de Hóckey Patíns e vicepresidente do CERH Lluís Ferrer. Ese día o CERH asumiu o compromiso de recuperar a categoría sub-17 feminina, así como a imcorporación dunha muller na cúpula directiva do organismo, que se propuxo así mesmo afondar nas dificultades que ten o deporte feminino e as posibles solucións solucións.[15]

Ese mesmo día, a Concellaría da Muller de Mieres organizou unha marcha popular polas rúas da cidade que comezou as 12:00 h e que levou a un centenar de persoas ata as portas do Pavillón Visiola Rollán, onde as capitás das seleccións participantes leron un manifesto escrito nas linguas oficiais dos catro países no que defendían o trato igualitario do deporte feminino en relación ao masculino:[15]

Notas

Referencias
Fichas dos partidos
Outras fontes

Véxase tamén

Ligazóns externas