Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2005

O Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2005 foi o campionato anual número 56 da Fórmula 1 organizado pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Con 19 Grandes Premios no calendario, deu comezo o 6 de marzo, e rematou o 16 de outubro.

Modelo:Competición deportivaCampionato Mundial de Fórmula 1 de 2005
Imaxe
TipoFórmula 1 Editar o valor em Wikidata
Deporteautomobilismo e Fórmula 1 Editar o valor em Wikidata
OrganizadorFederación Internacional do Automóbil Editar o valor em Wikidata
Número de participantes27 Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
Intervalo de tempo6 de marzo de 2005 – 16 de outubro de 2005 Editar o valor em Wikidata
Número de edición56  (2005) Editar o valor em Wikidata
Competición

Campionato do Mundo de pilotos de Fórmula 1 Fernando Alonso
Campionato do Mundo de Construtores Renault F1 Team
Editar o valor em Wikidata
Datos estatísticos
Carreires19 Editar o valor em Wikidata

2004 Editar o valor em Wikidata
2006Editar o valor em Wikidata
Fernando Alonso gañou o campionato de pilotos con Renault.
Kimi Räikkönen terminou segundo con McLaren, 21 puntos detrás de Alonso.
Michael Schumacher rematou terceiro con Ferrari.

Fernando Alonso e o equipo Renault F1 gañaron o Mundial de Pilotos e Campionato de Construtores, pondo fin a cinco anos de dominio de Michael Schumacher e Ferrari. O éxito de Alonso converteuno no campión máis novo na historia deste deporte nese momento. O seu éxito foi o primeiro de Renault como construtor.

A tempada 2005 foi a última de varios equipos de Fórmula Un, con Minardi, BAR e Jordan mercados por novos propietarios.

Informes

O aspecto máis coñecido da tempada foi o desacordo de Ferrari causado principalmente por unha nova norma que prohibía o cambio de pneumáticos durante o transcurso da carreira. O pneumáticos Bridgestone usados por Ferrari non puideron atopar o equilibrio adecuado entre rendemento e fiabilidade, deixando para os pilotos Michelin a loita polas carreiras. Outros cambios no regulamento fixeron fincapé na fiabilidade, os motores deberían durar dous Grandes Premios sen ser cambiados.

Renault foi o equipo máis rápido nas probas de pretemporada e dominaron as primeiras carreiras. Giancarlo Fisichella gañou a primeira da tempada en Australia antes de que o seu compañeiro de equipo Alonso demostrase as súas credenciais ao título cunha serie de vitorias en Malaisia, Bahrain e San Marino. A medida que a tempada avanzaba o equipo McLaren de Kimi Raikkonen e Juan Pablo Montoya fíxose cada vez máis competitivo e nas últimas carreiras da tempada, o McLaren considerábase en xeral o equipo máis rápido. Con todo, as constantes fallas técnicas significaron que nin o equipo nin Raikkonen puidesen traducir a velocidade no seu éxito no campionato.

Alonso asegurou o seu Campionato de Pilotos cun terceiro posto no Gran Premio do Brasil. A pesar de que tanto el como Räikkönen tiñan seis vitorias neste punto da tempada, unha maior consistencia de Alonso significou que el gañase o campionato dúas carreiras antes de rematar a tempada. O Campionato de Construtores foi asegurado por Renault na carreira final, coa sétima vitoria de Alonso no ano. Renault conseguiu o seu primeiro campionato como construtor, anteriormente, só lograra triunfar como provedor de motores, a pesar de gañar dúas carreiras menos que McLaren.

Ferrari terminou terceiro no Campionato de Construtores con só unha vitoria, no Gran Premio dos Estados Unidos, nunha penosa estampa logo de que a carreira fora disputada por só seis coches con pneumáticos Bridgestone logo de que Michelin declarase inseguros os seus pneumáticos no Circuíto de Indianápolis único con curvas peraltadas.[1]

Logo dunha impresionante tempada no 2004 a caída máis notable no rendemento despois de Ferrari foi a de BAR-Honda, que foi descualificado e excluído das seguintes dúas carreiras cando os comisarios descubriron en San Marino un compartimento de combustible oculto que permitía que os seus automóbiles correran con baixo peso. Eles foron batidos no Campionato por Williams, cuxo socio de motor BMW, anunciara que ían a unirse a Sauber en xuño, e Toyota, que logrou cinco podios perdeu o terceiro posto no campionato, porque Ferrari acadou a dúas primeiras posicións en Indianápolis.

Todos os equipos anotaron puntos no campionato do mundo ao longo da tempada, Minardi anotou puntos na súa última tempada grazas a ser capaz de correr na carreira dos Estados Unidos.

Pilotos e construtores

Os seguintes equipos e pilotos competiron no campionato do mundo de Fórmula Un de 2005.

EquipoFotoConstrutorChasisMotorPneu.PilotoCarreirasTerceiro pilotoPiloto probas
Scuderia Ferrari Marlboro FerrariF2004M
F2005
Ferrari 053
Ferrari 055
B1 Michael SchumacherTodasn/a Luca Badoer
Marc Gené
2 Rubens BarrichelloTodas
Lucky Strike BAR Honda BAR007Honda RA005EM


3 Jenson Button1–4, 7–19n/a Anthony Davidson
Enrique Bernoldi
Adam Carroll
Tony Kanaan
Alan van der Merwe
4 Takuma Sato11, 3–4, 7–19
Anthony Davidson2
Mild Seven Renault F1 Team RenaultR25Renault RS25M


5 Fernando AlonsoTodasn/a Franck Montagny
Lucas di Grassi
Robert Kubica
Giorgio Mondini
6 Giancarlo FisichellaTodas
BMW WilliamsF1 Team WilliamsFW27BMW P84/5M


7 Mark WebberTodasn/a Antônio Pizzonia
Nico Rosberg
Andy Priaulx
Sebastian Vettel
8 Nick Heidfeld1–14
Antônio Pizzonia15–19
West McLaren Mercedes
Team McLaren Mercedes 10
McLarenMP4-20Mercedes FO110RM


9 Kimi RäikkönenTodas35 Pedro de la Rosa
Alexander Wurz
Pedro de la Rosa
Alexander Wurz
Gary Paffett
10 Juan Pablo Montoya21–2, 5–19
Pedro de la Rosa3
Alexander Wurz4
Sauber Petronas SauberC24Petronas 05AM


11 Jacques VilleneuveTodasnonnon
12 Felipe MassaTodas
Red Bull Racing Red BullRB1Cosworth TJ2005M


14 David CoulthardTodas37 Vitantonio Liuzzi
Christian Klien
Scott Speed
Scott Speed
Neel Jani
15 Christian Klien31–3, 8–19
Vitantonio Liuzzi4–7
Panasonic Toyota Racing ToyotaTF105
TF105B
Toyota RVX-05M


16 Jarno TrulliTodas38 Ricardo Zonta
Olivier Panis
Olivier Panis
Ryan Briscoe
Franck Perera
Borja García
17 Ralf Schumacher1–8, 10–19
Ricardo Zonta9
Jordan Grand Prix JordanEJ15
EJ15B
Toyota RVX-05B18 Tiago MonteiroTodas39 Robert Doornbos
Franck Montagny
Nicolas Kiesa
Sakon Yamamoto
Nicky Pastorelli
Mario Domínguez
19 Narain KarthikeyanTodas
Minardi Cosworth MinardiPS04B
PS05
Cosworth CK2004
Cosworth TJ2005
B20 Patrick Friesacher1–1140 Chanoch Nissany7
Enrico Toccacelo8
Chanoch Nissany
Juan Cáceres
Roldán Rodríguez
Robert Doornbos512–19
21 Christijan AlbersTodas

Todos os motores son de 3´0 litros, configuración V10.

  1. Anthony Davidson ( BAR) competiu en Malaisia substituíndo a Takuma Sato enfermo (febre, gripe).
  2. Pedro de la Rosa (McLaren) competiu en Bahrain substituíndo a un lesionado Juan Pablo Montoya (lesión no ombreiro); Alexander Wurz foi o terceiro piloto en lugar de de la Rosa no Gran Premio de San Marino de 2005, de la Rosa e Wurz intercambiaron os papeis.
  3. Vitantonio Liuzzi e Christian Klein foron contratados en Red Bull Racing para participar en polo menos tres carreiras, e aceptaron compartir o seu asento durante a tempada. Klien pilotou as tres primeiras carreiras, Liuzzi o substituíu nos Grandes Premios de San Marino, España, Mónaco e Europa; Klien regresou de novo no GP do Canadá, e completou o resto das carreiras da tempada.
  4. Robert Doornbos foi o terceiro piloto de Jordan en 9 das 11 primeiras carreiras da tempada. Franck Montagny substituíuno no Gran Premio de Europa, Jordan prohibiulles o uso dun terceiro coche no Gran Premio do Canadá logo de usar demasiados pneumáticos na carreira anterior. Nicolas Kiesa substituíu a Doornbos do Gran Premio de Alemaña en diante.
  5. Patrick Friesacher foi substituído no Minardi por Robert Doornbos a partir do Gran Premio de Alemaña de 2005 por cuestións de patrocinio.
  6. Os equipos con Pneumáticos Michelin non participaron no Gran Premio dos Estados Unidos por razóns de seguridade, deixando só seis coches na grella de saída da carreira.
  7. Chanoch Nissany converteuse no terceiro piloto de Minardi para o Gran Premio de Hungría.
  8. Enrique Toccacelo substituíu a Chanoch Nissany como terceiro piloto de Minardi no Gran Premio de Turquía.
  9. Antonio Pizzonia substituíu a Heidfeld en Williams no Gran Premio de Italia logo de que Heidfeld decidira retirarse logo de queixarse dunha severa dor de cabeza. A principios de semana, estrelouse durante unha sesión de probas en Monza. Pizzonia substituíu a Heidfeld de novo nas tres restantes carreiras da tempada logo de que Heidfeld tivese un accidente de motocicleta.
  10. No Gran Premio de Hungría, West McLaren Mercedes converteuse no equipo McLaren Mercedes.
  11. 2005 foi o último ano do motor de 3 litros V10.

Cambios pilotos

O cambio máis notable da tempada de 2005 foi a aliñación de pilotos, só sete pilotos correron para o equipo co que comezaran na tempada 2004, outros 7 pilotos cambiaron a novos equipos.

PilotoEquipo 2004Equipo 2005Posición no equipo
Giancarlo Fisichella Sauber Petronas Mild Seven Reanult F1 TeamPiloto titular
Mark Webber Jaguar Racing BMW Williams TeamPiloto titular
Nick Heidfeld Jordan Ford BMW Williams TeamPiloto titular
Juan Pablo Montoya BMW Williams Team West McLaren MercedesPiloto titular
Jacques Villeneuve Mild Seven Reanult F1 Team Sauber PetronasPiloto titular
David Coulthard West McLaren Mercedes Red Bull RacingPiloto titular
Christian Klien Jaguar Racing Red Bull RacingPiloto titular
Jarno Trulli* Mild Seven Reanult F1 Team Panasonic Toyota RacingPiloto titular
Ralf Schumacher BMW Williams Team Panasonic Toyota RacingPiloto titular
Tiago Monteironon Jordan Grand PrixPiloto titular
Narain Karthikeyannon Jordan Grand PrixPiloto titular
Patrick Friesachernon Minardi F1 TeamPiloto titular
Christijan Albersnon Minardi F1 TeamPiloto titular
Cristiano da Matta Panasonic Toyota Racingnon
Olivier Panis Panasonic Toyota Racing Panasonic Toyota RacingAsesor/piloto de probas
Giorgio Pantano Jordan Fordnon
Gianmaria Bruni Minardi F1 Teamnon
Zsolt Baumgartner Minardi F1 Teamnon
Robert Doornbos Jordan Ford Minardi F1 TeamPiloto de probas
Robert Kubicanon Mild Seven Reanult F1 TeamPiloto de probas

Cambio escuderías

Red Bull Racing fíxose cargo do equipo Jaguar, e correu con motores Cosworth. O primeiro piloto de Red Bull, foi o veterano escocés David Coulthard, xunto con Christian Klein. Red Bull obtivo un bo inicio, anotando 11 puntos tras as dúas primeiras carreiras. Jordan Grand Prix con motores Toyota foi comprado por Midland Group, con todo o equipo continuou como Jordan ata 2006.

Logo do GP dos Estados Unidos, Peter Sauber anunciou que Credit Suisse vendera a BMW a súa participación maioritaria no seu equipo Sauber, anunciando na práctica a súa intención de correr como equipo de fábrica de BMW en 2006.

Calendario dos Grandes Premios de Fórmula Un de 2005

CarreiraNome da carreiraGran PremioCircuítoData
1Foster's Gran Premio de AustraliaGP de Australia Melbourne Grand Prix Circuit, Melbourne6 de marzo
2Petronas Gran Premio de MalaisiaGP de Malaisia Circuíto Internacional de Sepang, Kuala Lumpur20 de marzo
3Gulf Air Gran Premio de BahrainGP de Bahrain Circuíto Internacional de Bahrain, Sakhir3 de abril
4Gran Premio Foster's di San MarinoGP de San Marino Autódromo Enzo e Dino Ferrari, Imola24 de abril
5Marlboro Gran Premio de EspañaGP de España Circuíto de Cataluña, Barcelona8 de maio
6Gran Premio de MónacoGP de Mónaco Circuíto de Mónaco, Monte-Carlo22 de maio
7Gran Premio de EuropaGP de Europa Nürburgring29 de maio
8Grand Prix du CanadaGP do Canadá Circuíto Gilles Villeneuve, Montreal12 de xuño
9Gran Premio dos Estados UnidosGP dos Estados Unidos Estados Unidos Circuíto de Indianápolis19 de xuño
10Grand Prix de FranceGP de Francia Circuit de Nevers, Magny-Cours3 de xullo
11Foster's Gran Premio do Reino UnidoGP do Reino Unido Circuíto de Silverstone10 de xullo
12Großer Mobil 1 Preis von DeutschlandGP de Alemaña Hockenheimring24 de xullo
13Marlboro Magyar NagydíjGP de Hungría Hungaroring, Budapest31 de xullo
14Gran Premio de TurquíaGP de Turquía Circuíto de Istambul21 de agosto
15Gran Premio Vodafone d'ItaliaGP de Italia Autodromo Nazionale Monza4 de setembro
16Gran Premio de BélxicaGP de Bélxica Circuíto de Spa-Francorchamps, Spa11 de setembro
17Grande Prêmio do BrasilGP do Brasil Autódromo José Carlos Pace, São Paulo25 de setembro
18Fuji Television Gran Premio do XapónGP do Xapón Circuíto de Suzuka9 de outubro
19Sinopec Gran Premio da ChinaGP da China Circuíto Internacional de Xangai16 de outubro

Resultados e clasificación

No calendario de Fórmula 1 de 2005 aparece unha nova carreira en Turquía, a poucos quilómetros da liña divisoria entre Europa e Asia. O circuíto de nova construción en Istambul uniuse aos recentemente chegados en 2004 Bahrain e a China. A tempada de 2005, foi testemuña de dous dos grandes premios máis calorosos da historia: a temperatura da pista no inicio da carreira de Malaisia foi de 51 °C, mentres que en Bahrain o mercurio disparouse máis aló dos 56 °C.

Grandes Premios

Rd.Gran PremioPole PositionVolta rápidaPiloto gañadorConstrutorResultados
1 Gran Premio de Australia Giancarlo Fisichella Fernando Alonso Giancarlo Fisichella RenaultResultados
2 Gran Premio de Malaisia Fernando Alonso Kimi Räikkönen Fernando Alonso RenaultResultados
3 Gran Premio de Bahrain Fernando Alonso Pedro de la Rosa Fernando Alonso RenaultResultados
4 Gran Premio de San Marino Kimi Räikkönen Michael Schumacher Fernando Alonso RenaultResultados
5 Gran Premio de España Kimi Räikkönen Giancarlo Fisichella Kimi Räikkönen McLaren-MercedesResultados
6 Gran Premio de Mónaco Kimi Räikkönen Michael Schumacher Kimi Räikkönen McLaren-MercedesResultados
7 Gran Premio de Europa Nick Heidfeld Fernando Alonso Fernando Alonso RenaultResultados
8 Gran Premio do Canadá Jenson Button Kimi Räikkönen Kimi Räikkönen McLaren-MercedesResultados
9 Gran Premio dos Estados Unidos Jarno Trulli Michael Schumacher Michael Schumacher FerrariResultados
10 Gran Premio de Francia Fernando Alonso Kimi Räikkönen Fernando Alonso RenaultResultados
11 Gran Premio do Reino Unido Fernando Alonso Kimi Räikkönen Juan Pablo Montoya McLaren-MercedesResultados
12 Gran Premio de Alemaña Kimi Räikkönen Kimi Räikkönen Fernando Alonso RenaultResultados
13 Gran Premio de Hungría Michael Schumacher Kimi Räikkönen Kimi Räikkönen McLaren-MercedesResultados
14 Gran Premio de Turquía Kimi Räikkönen Juan Pablo Montoya Kimi Räikkönen McLaren-MercedesResultados
15 Gran Premio de Italia Juan Pablo Montoya Kimi Räikkönen Juan Pablo Montoya McLaren-MercedesResultados
16 Gran Premio de Bélxica Juan Pablo Montoya Ralf Schumacher Kimi Räikkönen McLaren-MercedesResultados
17 Gran Premio do Brasil Fernando Alonso Kimi Räikkönen Juan Pablo Montoya McLaren-MercedesResultados
18 Gran Premio do Xapón Ralf Schumacher Kimi Räikkönen Kimi Räikkönen McLaren-MercedesResultados
19 Gran Premio da China Fernando Alonso Kimi Räikkönen Fernando Alonso RenaultResultados

Pilotos

PosPilotoAUS
MAL
BHR
SMR
ESP
MON
EUR
CAN
USA(‡)
FRA
RU
ALE
HUN
TUR
ITA
BEL
BRA
XPN
CHN
Puntos
1 Fernando Alonso3111241RetNTS12111222331133
2 Kimi Räikkönen893Ret11111NTS23Ret1141212112
3 Michael SchumacherRet7Ret2Ret75213652Ret10Ret47Ret62
4 Juan Pablo Montoya64757DSCNTSRet12Ret31141RetRet60
5 Giancarlo Fisichella1RetRetRet5126RetNTS644943Ret52458
6 Ralf Schumacher1254946Ret67863126788345
7 Jarno Trulli92253108RetNTS5914465Ret13Ret1543
8 Rubens Barrichello2Ret9Ret98332971010101256111238
9 Jenson Button11RetRetDSC10RetNTS453558375837
10 Mark Webber5Ret6763Ret5NTS1211NC7Ret144NC4736
11 Nick HeidfeldRet3Ret61022RetNTS1412116Ret28
12 David Coulthard468118Ret47NTS10137Ret715RetRet6924
13 Felipe Massa1010710119144NTSRet10814Ret9101110611
14 Jacques Villeneuve13Ret114Ret11139NTS81415Ret111161212109
15 Christian Klien78NTS8NTSRet159Ret81399959
16 Tiago Monteiro161210131213151031317171315178Ret13117
17 Alexander Wurz36
18 Narain Karthikeyan1511Ret1213Ret16Ret415Ret16121420111515Ret5
19 Christijan AlbersRet1313RetRet1417115Ret1813NCRet19121416164
20 Pedro de la Rosa54
21 Patrick Friesacher17Ret12RetRetRet18Ret6Ret193
22 Antônio Pizzonia715RetRet132
23 Takuma Sato14RetDSC12RetNTS1116128916Ret10DSCRet1
24 Vitantonio Liuzzi8RetRet91
25 Robert Doornbos18Ret131813Ret14140
Anthony DavidsonRet0
Ricardo ZontaNTS0
PosPilotoAUS
MAL
BHR
SMR
ESP
MON
EUR
CAN
USA(‡)
FRA
RU
ALE
HUN
TUR
ITA
BEL
BRA
XPN
CHN
Puntos
Lenda
CorResultado
OuroGañador
Prata2º posto
Bronce3º posto
VerdeRemata nos puntos
AzulNon remata nos puntos
Non se califica (NC)
PúrpuraNon remata (Ret)
VermelloNon se califica (NSC)
Non se precalifica (NSPC)
NegroDescualificado (DSC)
BrancoNon tomou a saída (NTS)
Carreira cancelada (C)
Azul claroPrácticas só (PS)
Piloto de probas dos venres (PP)
(desde 2003 en diante)
En brancoNon participou nas prácticas (NPP)
Excluído (EX)
Non chegou (NCG)

Negra – Pole
Cursiva – Volta rápida
† Condutores que non terminaron o Gran Premio, pero se clasificaron ao completar máis do 90% da distancia da carreira
‡ Os pilotos con pneumáticos Michelin tiveron que retirarse do Gran Premio dos Estados Unidos de 2005 antes do inicio da carreira por motivos de seguridade..

Construtores

PosConstrutorCoche
AUS
MAL
BHR
SMR
ESP
MON
EUR
CAN
USA(‡)
FRA
RU
ALE
HUN
TUR
ITA
BEL
BRA
XPN
CHN
Puntos
1 Renault53111241RetNTS12111222331191
61RetRetRet5126RetNTS644943Ret524
2 McLaren-Mercedes9893Ret11111NTS23Ret1141212182
106453757DSCNTSRet12Ret31141RetRet
3 Ferrari1Ret7Ret2Ret75213652Ret10Ret47Ret100
22Ret9Ret983329710101012561112
4 Toyota1692253108RetNTS5914465Ret13Ret1588
171254946Ret6NTS78631267883
5 Williams-BMW75Ret6763Ret5NTS1211NC7Ret144NC4766
8Ret3Ret61022RetNTS1412116Ret715RetRet13
6 BAR-Honda311RetRetDSCEXEX10RetNTS453558375838
414RetRetDSCEXEX12RetNTS1116128916Ret10DSCRet
7 RBR-Cosworth14468118Ret47NTS10137Ret715RetRet6934
1578NTS8RetRet98NTSRet159Ret8139995
8 Sauber-Petronas1113Ret114Ret11139NTS81415Ret1111612121020
121010710119144NTSRet10814Ret91011106
9 Jordan-Toyota18161210131213151031317171315178Ret131112
191511Ret1213Ret16Ret415Ret16121420111515Ret
10 Minardi-Cosworth2017Ret12RetRetRet18Ret6Ret1918Ret131813Ret14147
21Ret1313RetRet1417115Ret1813NCRet1912141616
PosConstrutorCoche
AUS
MAL
BHR
SMR
ESP
MON
EUR
CAN
USA(‡)
FRA
RU
ALE
HUN
TUR
ITA
BEL
BRA
XPN
CHN
Puntos
Lenda
CorResultado
OuroGañador
Prata2º posto
Bronce3º posto
VerdeRemata nos puntos
AzulNon remata nos puntos
Non se califica (NC)
PúrpuraNon remata (Ret)
VermelloNon se califica (NSC)
Non se precalifica (NSPC)
NegroDescualificado (DSC)
BrancoNon tomou a saída (NTS)
Carreira cancelada (C)
Azul claroPrácticas só (PS)
Piloto de probas dos venres (PP)
(desde 2003 en diante)
En brancoNon participou nas prácticas (NPP)
Excluído (EX)
Non chegou (NCG)

Negra – Pole
Cursiva – Volta rápida
† Condutores que non terminaron o Gran Premio, pero se clasificaron ao completar máis do 90% da distancia de carreira.

Cambios na regulación

Durante un tempo existiu posibilidade real de que algúns equipos participaran con tres coches en cada Gran premio. (Menos de 10 equipos, ou 20 coches na grella de saída podería dar lugar a que algúns equipos correran con tres coches, nun termo escuro do Acordo da Concordia). Na primeira carreira da tempada, había dez equipos, Red Bull comprara Jaguar e estaba listo para a carreira de Australia. Minardi, inicialmente recibiu unha autorización permitindolles competir a pesar de que os seus coches non cumprían a nova normativa, foron modificados posteriormente para cumprir o Regulamento de 2005.

Esta tempada estréanse novas regras tendientes a diminuír a velocidade dos automóbiles, reducir os custos dos equipos de Fórmula 1 e de reducir a enorme diferenza entre equipos da tempada anterior. Estes cambios concéntranse en catro aspectos importantes: O sistema de cualificación para as posicións de saída, o motor, os pneumáticos e a aerodinámica:

Sistema de cualificación

Nas primeiras seis carreiras da tempada 2005 utilizouse o novo formato de cualificación, sendo a terceira vez en cinco anos de grandes cambios nas normas de cualificación. Había unha primeira quenda de cualificación o sábado pola tarde, cada piloto tiña dereito a unha volta cronometrada. A orde de partida era o inverso á orde de chegada da carreira precedente. Non había restrición sobre a cantidade de combustible para esta primeira quenda. O resultado desta quenda definía a orde de partida da segunda quenda e, en parte, a posición de partida da carreira.

Unha segunda quenda de clasificación tiña lugar o domingo na mañá, novamente a cada piloto cronometrabaselle unha soa volta. Os pilotos saian en orde inversa ao da posición lograda na primeira quenda de cualificación. A cantidade de combustible a fixaba cada equipo, pero non se podía agregar combustible adicional antes do inicio da carreira da tarde. Os resultados desta quenda de cualificación sumados aos da primeira quenda definian as posicións de partida para a carreira.

A partir das clasificacións do Gran Premio de Europa (en Nürburgring), cambiouse a un novo sistema, mestura dos deste ano e o anterior: a partir deste GP, limitouse a quenda de cualificacións a só 1 volta, o sábado. A orde de saída ségueo determinando o inverso da clasificación da carreira precedente.

Motor

En 2005, os motores son V10, de 3000 cc, sen límite de peso, e debían durar dúas carreiras incluídas as súas quendas de cualificación respectivas e os ensaios de venres e sábado. Se era necesario cambiar o motor antes da primeira quenda de cualificación, o vehículo tiña unha penalización de 10 postos na posición de partida da carreira. Por un cambio de motor entre as quendas de cualificación e a carreira, o vehículo sairá último na grella.

Estímase que cada motor debería circular 1.500 km. Se un piloto non termina unha carreira, pode cambiar de motor sen penalización.

Para as tempadas 2006-2007, os motores dun coche de Fórmula 1 deberían ser V8, 2400 cc, e cun peso limitado a 95 kg. Aínda que non se determina cantas carreiras debería durar este novo motor, había rumores de que deberán durar entre 5 a 6 GPs.

Poderían ser usados motores V10 de 3000 cc os equipos que non puidesen acceder aos novos motores, baixo autorización da FIA, a que determinará as limitacións en potencia e revolucións de motor aplicables a este. Estas limitacións serán cambiadas cada certo tempo (2 ou 3 GPs).

Pneumáticos

Cada equipo terá opción entre tres tipos de pneumáticos para chan seco nas prácticas do venres. Do tipo escollido, terán sete xogos dispoñibles: tres para ensaios do venres, tres para quendas de cualificación e carreira e outro para cambiar en caso de picada ou defecto dos pneumáticos. Este cambio só poderá ser autorizado por un Comisario da FIA, na medida que el considere conveniente.

O cambio a pneumáticos de choiva só poderá realizarse se o director da carreira xunto cos Comisarios de Pista, estímano así conveniente, para non arriscar a integridade dos pilotos, comisarios en pista, técnicos en pista e público presente. Este cambio será autorizado en función da humidade da pista.

Aerodinámica

Este ano na Fórmula 1 o alerón dianteiro será máis alto e máis pequeno que na tempada anterior, e máis próximo ao eixo de gravidade do vehículo. Igualmente redúcese o tamaño dos outros aleróns, diminuíndo así os apoios aerodinámicos.

Un alerón traseiro só pode deformarse 1 grao como máximo, por 1000 N (100 kg) de peso aplicado nel.

A FIA poderá realizar probas de flexibilidade nos aleróns ou outras partes do coche, da forma e momento que estime conveniente.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas